Skip to Content

A Marquesa, máis presente ca nunca no IES

A pasada semana o Concello das Neves entregou á EFA e ao Pazo da Mercé candaseu cadro orixinal da Marquesa, que ela cedera, no seu momento, para os presidir. Volven así ao lugar, do que foran rescatados, cando os colexios quedaron sen aulas. Agora, o cadro da Marquesa preside a entrada principal do noso IES para que a rapazada teña presente de quen partiu a idea de crear estas institucións educativas que tanto servizo deron á zona.

Ademais, e por xentileza do Concello das Neves, estreamos o banco da Marquesa, situado no campo das árbores froiteiras. Unha iniciativa que, ademais de recordar a historia próxima, tamén nos axuda a humanizar o instituto.

 

 



page | by Dr. Radut