Skip to Content

O alumnado de 2º de FPB realizan un deseño de melloras da rede local e áreas do noso centro educativo

O alumnado de segundo de FP Básica realizaron un proxecto final chamado "deseño funcional de melloras da rede local e de áreas do noso centro educativo" no módulo de "Instalación e Mantemento de Redes para a Transmisión de Datos".

Neste proxecto os estudantes, organizados en parella, tiveron que desenvolver un deseño para o noso centro coa necesidade de mellorar a instalación da rede de datos nas aulas. Para iso, tiveron que realizar os planos das dúas plantas do edificio en papel, unha maqueta 3D en formato dixital utilizando o programa Sketchup ou en cartón para levar a cabo a súa execución e finalmente un orzamento do cableado e da electrónica de rede.

Con esta actividade, logrouse estimular a motivación por aprender unha nova ferramenta nun curto tempo neste novo desafío, a liberdade de creatividade do noso alumnado, a capacidade de poder traballar en grupo e de compartir sinerxias entre equipos e o máis importante poñer en práctica as diferentes aprendizaxes adquiridas durante o curso actual.

Orgullosos de vós. Parabens

 



page | by Dr. Radut