Skip to Content

Seguimos deseucaliptizando

Seguindo os plans marcados no programa "O monte nace na escola", tal como fixemos nos tres cursos anteriores, contando co protagonismo do alumnado do noso centro, fixemos a principios de outubro limpeza no monte arrancando os eucaliptos que nacen. Como sabemos, esta especie "invasora" e pirófita é moi dañina para o noso hábitat e está detrás en bo grao da "industria do lume" que devasta o ecosistema.


Proseguiremos por este camiño xa que, entre outras razóns, ten moito de educativo.


Grazas a quen participa!



page | by Dr. Radut