O pasado luns, durante o recreo, gardamos un minuto de silencio para mostrar a nosa repulsa contra o alarmante repunte de casos de violencia de xénero. A comunidade educativa do Pazo da Mercé quixo demostrar con esta acción e coa lectura dun manifesto, que está comprometida cunha educación igualitaria e libre de agresións machistas. E que, así mesmo, condena todo tipo de violencias exercidas sobre a muller. Contra esta lacra social, a educación é a nosa mellor arma. |