Skip to Content

2013-14

O SAMAÍN VOLVEU A CARRIL

Todos os anos polo Samaín, a axenda do instituto está cargada de actividades destinadas a coñecer mellor e a disfrutar esta festa tradicional tanto de Galiza como doutros países celtas.

Tivemos coma sempre unha exposición de cabazas decoradas polo alumnado que puidemos admirar durante toda esta semana no primeiro andar.

Ademáis, como sabemos que ao alumnado de 1ºESO gustalle moito pasar medo o martes 29 asistiron á escenificación de “Romeiros do Alén, lendas de morte” rodeados dun ambiente de misterio na nosa biblioteca, Bibliomalveiras. Podes escoitar aquí algunha desas historias.

E para que souberan máis sobre a festa dos mortos, o mércores, Ramón Brea, coordinador do equipo de Dinamización, presentoulles un audiovisual titulado “A festa do Samaín”.

Pola súa banda o alumnado de 4ºESO ampliou coñecementos sobre esta festa dende unha perspectiva internacional grazas ao audiovisual titulado “Halloween nos EE.UU”. 

VER GALERÍA DE FOTOS

PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

Na derradeira semana de outubro o alumnado dos cursos de 1º, 2º e 4º ESO participou nun programa de educación para a saúde en colaboración co Servicio de Prevención de Drogodependencias de Vilagarcía (SPAD). 

O alumnado, dependendo dos cursos, traballou as habilidades sociais e a autoestima, asistiu a unha charla de prevención do uso/abuso do alcol e recibiu formación sobre drogas ilegais.

Neste tema hai que telo moi claro: canta máis formación, menos riscos!

TROFEO PANOS BRANCOS 2013

 

(Para ampliar, clic nas imaxes)

                 

(Galería de fotos, clic no cartaz)                               ( Prensa dixital)         

     O venres 25 de outubro tivo lugar unha nova edición do Torneo Panos Brancos contra a Droga froito da colaboración entre os centros educativos de secundaria do concello de Vilagarcía e a Fundación Galega contra o Narcotráfico. A idea é fomentar o deporte como unha alternativa de vida para a mocidade frente ao consumo de drogas que tantos estragos leva feito nesta comarca.

     Este ano o grupo de alumnas de 1ºESO que aparece na foto (arriba á esquerda) confeccionou un cartaz que presidiu os encontros deportivos en Fontecarmoa quer tiveron dúas modalidades: baloncesto (1º e 2º ESO) e fútbol (3º e 4º ESO). Na foto superior dereita podemos ver o grupo de participantes deste ano no que as rapazas do equipo de baloncesto levaron o 2º premio e o equipo de fútbol quedou en 4º lugar. Parabéns!  O noso agradecemento ao alumnado do TSAAFD que axudou na organización do evento. 

A GANCHA (2012-13)

Por fin! A revista do Instituto está publicada. Nela podes atopar o máis destacado do curso 2012-13: viaxes, festas, concursos, visitas, actividades, exposicións, todo acompañado de imaxes e comentarios.

Preme máis abaixo nas ligazóns ou na imaxe para ler A Gancha en versión dixital ou ben para gardar e/ou imprimir o ficheiro en formato PDF. 

LER EN LIÑA

DESCARGAR EN PDF

AS FOLIADAS DO INSTITUTO COMEZAN XA! (2013-14)

Quedades convidados a esta nova edición das foliadas no instituto todos os primeiros martes de cada mes a partires do martes 1 de outubro . Animádevos a participar!

AS FOLIADAS DO INSTITUTO COMEZAN XA! (2013-14)

A SECCIÓN BILINGÜE VIAXA A LONDRES

 Un grupo de 21 alumnn@s que integraron a sección bilingüe de 1ºESO o curso pasado realizou unha interesante viaxe a Londres. Tanto a saída, prevista para o día 24 de setembro como a volta, o día 28 do mesmo mes foron dende o aeroporto da Coruña. 

En dias sucesivos iremos poñendo en rede moitas fotos desta viaxe. Polo de agora podedes  consultar o programa da viaxe aquí.

GALERÍA DE FOTOS.

 

CLIC NESTA IMAXE PARA LER O DIARIO DA VIAXE A LONDRES 2013

Remate das clases (curso 2013-14)

Remate das clases (curso 2013-14)

Santa Rita

Santa Rita

Día dos Traballadores

Día dos Traballadores

Distribuir contido


by Dr. Radut