Skip to Content

TROFEO PANOS BRANCOS 2013

Versión para impresoraVersión para impresora

 

(Para ampliar, clic nas imaxes)

                 

(Galería de fotos, clic no cartaz)                               ( Prensa dixital)         

     O venres 25 de outubro tivo lugar unha nova edición do Torneo Panos Brancos contra a Droga froito da colaboración entre os centros educativos de secundaria do concello de Vilagarcía e a Fundación Galega contra o Narcotráfico. A idea é fomentar o deporte como unha alternativa de vida para a mocidade frente ao consumo de drogas que tantos estragos leva feito nesta comarca.

     Este ano o grupo de alumnas de 1ºESO que aparece na foto (arriba á esquerda) confeccionou un cartaz que presidiu os encontros deportivos en Fontecarmoa quer tiveron dúas modalidades: baloncesto (1º e 2º ESO) e fútbol (3º e 4º ESO). Na foto superior dereita podemos ver o grupo de participantes deste ano no que as rapazas do equipo de baloncesto levaron o 2º premio e o equipo de fútbol quedou en 4º lugar. Parabéns!  O noso agradecemento ao alumnado do TSAAFD que axudou na organización do evento. 



story | by Dr. Radut