Skip to Content

Música

O ALUMNADO DE MÚSICA NO CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA

Un grupo de 14 alumnas e alumnos de Artes Escénicas, Música e Danza do noso centro educativo, realizaron o venres día 18 unha performance  no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) de Santiago de Compostela coa súa obra “Cactus Workestra” dentro das xornadas de música contemporánea que se celebraron ao longo da fin de semana. Podedes Ler a nova no sitio web do CGAC. Tamén podedes ver un resumo da actividade neste vídeo.


Para completar esta experiencia, o luns, 20 de outubro, o alumnado de 1º e 2º de bacharelato de Artes Escénicas, Música e Danza, participou na Master Class “Uovisionamento e intervençao plastisonora”, impartida polo artista de Viana do Castelo, Joao Ricardo de Barros Oliveira, na biblioteca deste Instituto.

O artista Joao Ricardo de Barros Oliveira estivo presente en festivais internacionais de música, traballou en obradoiros cos nenos e maiores, na construción de instrumentos a partir de materiais de lixo. Ademais presentou a súa música na radio e televisión en Noruega, Portugal, España, Alemania e EEUU. É un artista polifacético que compuxo música para películas nas que tamén actuou.

UN ANO MOI MUSICAL

DEPARTAMENTO DE MÚSICA

(CURSO 2013-14)

Neste curso 2013-14 o alumnado de Música realizou varias saídas entre as que podemos sinalar as seguintes:

 

  • O alumnado de 2º E.S.O saíu o día 20 de febreiro ao concerto didáctico de percusión Odaiko nas escolas celebrado en Auditorio Centro Social N.C.G. Completaron a saída cun Roteiro Castelao .
  • Por outra banda, o alumnado de 4º E.S.O. e de 1º Bacharelato puido disfrutar na Coruña o 14 de febreiro, día dos namorados, do concerto didáctico A Bela Durminte interpretado pola Orquesta Sinfónica Galicia, na Coruña. Seguidamente fixeron unha visita didáctica ao Domus e ao Aquarium.
  • Entre o 5 e o 8 de marzo, o 2º Bacharelato de Música, Danza e Artes escénicas fixo unha viaxe a Madrid cunha axenda moi apretada:

* Concerto didáctico: Sherezade interpretado pola Orquesta Sinfónica del Teatro Real 

* Musical O Rei León no Teatro Lope de Vega.

* Ópera Orfeo de Gluck no Teatro Real. 

* Flamenco  en vivo: Tablao Corral de la Morería (Canto,guitarra e danza).

* Visitas ao Museo do Prado (visita guiada colección 15 Obras Mestras), ao Museo Thyssen e no Matadero Madrid ao Centro Creativo Contemporáneo 

 VER GALERÍA DE IMAXES

 

GUITARRITA 2014

Na derradeira semana deste curso celebrouse na cafetería unha nova edición de GUITARRITA, un festival que da a coñecer os talentos emerxentes do noso instituto. Velaí unhas imaxes do evento.

MASTER CLASS DE ANABELL GAGO

O alumnado do Bacharelato de Música, Danza e Artes Escénicas tivo ocasión de asistir a unha master class de Anabell Gago, actriz moi coñecida e de sobrada experiencia. Podedes ver aquí algunha foto.

GALERÍA DE FOTOS

CONCERTO DO ALUMNADO DE CARRIL NO AUDITORIO

O alumnado de Carril foi o protagonista dun concerto organizado polo Departamento de Música. O concerto con fins benéficos tivo lugar o sábado día 8 de febreiro no Auditorio Municipal de Vilagarcía. No mesmo participou tanto alumnado que está cursando estudos de secundaria actualmente como ex-alumnos que seguen en contacto co centro. Ademais Andrea Fernández Maneiro presentou o seu espectáculo co apoio do Concello de Vilarcía.

Grupos en cartel: Forvallaina, The Raúl Varela Experience, Nosostras y Él, The Bollis and the Jamis e Néboa.

(para ampliar fai clic no cartaz)

Zanfona

Zanfona

CONCERTO DE ZANFONA E GUITARRA

     No espazo recollido da nosa biblioteca tivo lugar o día 4 de decembro un concerto excepcional: a profesora Paloma García, do IES Castro Alobre  interpretou coa súa zanfona temas musicais de tipoloxía moi variada acompaña pola guitarra de Miro Tourís, profesor no CEIP de Barro.

     Durante este concerto didáctico, Paloma García amosou os compoñenetes deste fermoso instrumento, falou das súas posibilidades musicais e sobre todo deleitounos coa súa interpretación.

Programa do concerto

/p>

Fonte da imaxe: Conselllo da cultura galega

PROGRAMA DO CONCERTO DE ZANFONA E GUITARRA

  • Melodía para zanfona - A Farándula tradicionais - cancioneiro de Casto Sampedro Nº493

  • A Bruxa. Antón Seoane (http://www.youtube.com/watch?v=39cX_s1_tNs)

    Antón Seoane (Milladoiro) Milladoiro é un grupo galego de música folk e de música celta, nacido a finais da década de 1970 da unión da formación tradicional Faíscas do Xiabre cos músicos Antón Seoane e Rodrigo Romaní. Guitarra, acordeón, teclados

     

  • As voltas. Paloma García

     

  • Valse de María - Mazurca do vello. Paloma García/ Salvador Cores "O Manso"

     

  • Pasodobre- http://www.youtube.com/watch?v=jGdOZ3OeC9s

     

  • Manha de Carnaval.Luiz Bonfa (http://www.youtube.com/watch v=nVkDfnGobmI …..http://www.youtube.com/watch?v=sAaAdbvmUmw) Manhã de Carnaval, con letra de Antônio Maria (1921 — 1964) e música de Luiz Bonfá (1922 — 2001), foi composta en 1959 para a película Orfeo negro de Marcel Camus e é unha das cancións brasileñas máis coñecidas. Os seus primeiros intérpretes foron Elizete Cardoso y Agostinho dos Santos.

     

  • Os campaneiros.

     

  • Libertango. Astor Piazzolla (http://www.youtube.com/watch?v=RUAPf_ccobc)

    Libertango é tanto un disco coma unha canción do compositor e músico de tango ítalo-arxentino Astor Piazzolla, publicado por primeira vez en 1974 en Milán, e reversionado por moitos artistas diferentes. O seu título é unha palabra composta polos términos "liberdade" e "tango", presumiblemente como bandeira da liberdade creativa que buscaba Piazzola ao crear o chamado tango novo, a diferenza do tango clásico.

    Astor Piazolla

         Ástor Pantaleón Piazzolla (Mar del Plata, 11 de marzo de 1921 – Buenos Aires, 4 de jullo de 1992) foi un bandoneonista e compositor arxentino. Foi uno dos músicos de tango máis importantes do século XX.Estudiou armonía e música clásica e contemporánea coa compositora y directora de orquesta francesa Nadia Boulanger (1887-1979). Na súa xuventude tocou e realizou arranxos orquestais para o bandoneonista, compositor e director Aníbal Troilo. Cando comezou a facer innovacións no tango no que respecta ao ritmo, timbre e armonía, fue muy criticado por los tangueros da «Guardia Vieja», ortodoxos en canto a ritmo, melodía e orquestación. Nos anos posteriores sería reivindicado por intelectuales e músicos de rock. Cando nos anos cincuenta e sesenta os tangueiros ortodoxos —que era considerado «o asasino do tango»— decretaron que as súas composicións non eran tango, Piazzolla respondeu cunha nova definición: «É música contemporánea de Bós Aires». As súas obras non eran difundidas polas estacións radiodifusoras e os comentaristas seguían atacando a súa arte. Os selos discográficos non se atrevían a editala. Considerárono un snob irrespetuoso que compoñía música híbrida, con exabruptos de armonía disonante. 

         "Sí, é cierto, son un enemigo do tango; pero do tango como eles o entenden. Eles siguen crendo no “compadrito”, eu non. Cren no “farolito”, eu non. Si todo cambiou, tamén debe cambiar a música de Bós Aires. Somos moitos os que queremos cambiar o tango, pero estos señores que me atacan non o entenden ni o van a entender xamáis. Eu vou seguir adiante, a pesares deles."

                                                           Astor Piazzolla, revista Antena, Bós Aires, 1954.

         Entre os músicos contemporáneos aos que admiraba profundamente atópanse Alfredo Gobbi e, fundamentalmente, Osvaldo Pugliese. Este último coas súas composicións Negracha, Malandraca e La yumba adiantouse ao que Piazzolla despois realizou como músico. Básicamente na música de Piazzolla a marcación rítmica está baseada no tango Negracha (de Pugliese) composto en 1943 e grabado en 1948. Sempre houbo entre Osvaldo Pugliese e Piazzolla unha relación de respeto e admiración mutua. Pugliese fixo versións de tangos de Piazzolla como: El cielo en las manos en 1951, Marrón y azul en 1956, Nonino entre 1961 e 1962, Verano porteño en 1965, Balada para un loco en 1970 e Zum en 1976. Piazzolla grabou de Pugliese: Recuerdo en 1966 e Negracha en 1956.        Compartiron un recital xuntos no teatro Carré de Ámsterdam, Holanda, o 29 de juño de 1989. Cerraron o recital tocando xuntos os seus éxitos máis populares: La yumba e Adiós Nonino. Ambolosdous nunha entrevista previa manifestaron a súa admiración e respecto mutuos e lamentaron que este recital non se realizase na Arxentina. Tamén, cabe dicir que o tango que lle deu pe ao seu estilo tanguero tan particular, foi a obra "A fuego lento", do compositor, pianista e director de orquesta Horacio Salgán.

     

  • Le Fil. Gilles Chabenat (http://www.youtube.com/watch?v=DcypruXhcco)

     

  • Música tradicional francesa. Zanfona: (http://www.youtube.com/watch?v=_DX08nQows0)

BACH. DE ARTES ESCÉNICAS, MÚSICA E DANZA

O vindeiro curso impartirase no noso instituto o Bacharelato de Artes Escénicas, Música e Danza.  Aproveitamos este espazo para explicar a quen vai dirixido e cales son as suas saídas profesionais.

 

A quen vai dirixido?

 

- A aqueles estudantes con inquedanzas artísticas que desexen facer estudos relacionados coa creación e audiovisual, administración e xestión de espectáculos culturais, produción audiovisual, radio…

- Alumnos/as que xa están cursando estudos musicais.

- Estudantes de danza clásica, contemporánea, tradicional...

- Os/as que vexan que o seu futuro vai estar relacionado co mundo da interpretación, escenografía,…

Que asignaturas podedes escoller?

 

1º bacharelato

Análise Musical I

Anatomía Aplicada

Linguaxe e Práctica Instrumental

Cultura Audiovisual

O alumnado cursará 3 materias de modalidade. A que aparece en negriña é obligatoria

2º bacharelato

Análise Musical II

Historia da Música e da Danza

Literatura Universal

Artes escénicas

O alumnado cursará 3 materias de modalidade. A que aparece en negriña é obligatoria 

Que estudos podo continuar despois de cursar este bacharelato?

Ciclos Superiores

Comunicación, imaxe e son

Técnico superior en producción de audiovisuais, radio e espectáculos

Técnico superior en imaxe

Técnico superior en son

Escola Superior de Arte Dramática

Grao en arte dramática

Interpretación

Dirección de escena

Escenografía

Dramaturxia

Estudios  Música

Estudos profesionais no conservatorio:

-         composición

-         pedagogía

-         interpretación (canto, clarinete, piano,…)

Estudios Danza

Estudos profesionais no conservatorio de danza:

-         especialidade danza clásica

-         especialidade danza contemporánea

Estudios Universitarios

Grao en Comunicación audiovisual

Grao en Publicidade e Relacións Públicas

Grao en Periodismo

Turismo….

Algúns enlaces relacionados con estes estudos en Galicia:

Escolas de imaxe e son  Coruña

-Imaxe e son

Escolas de imaxe e son  Vigo

-EISV 

Escolas de imaxe e son  Lugo

EIS Lugo

Conservatorio profesional Coruña

Conservatorio profesional Vigo

Conservatorio Santiago

Conservatorio Pontevedra

Conservatorio de Danza Lugo

 

Escola Superior de Arte Dramática Vigo

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Pontevedra

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Santiago

 

No estudio de son

TIPOS DE CABLES/CONEXIÓNS:

RCA

 

CANON

JACK

RCA-minijack

CANON-JACK

MESA DE SON:

Esquema das conexións:

Tutorial sobre o funcionamento dunha mesa de son:

Enlaces a blogues para crear un estudio de son na casa:

http://creaunestudiocasero.blogspot.com/

http://sicotropic.blogspot.com/2007/12/crea-tu-estudio-de-grabacion-en-casa.html

https://cosassencillas.wordpress.com/2007/01/09/como-montar-un-estudio-de-grabacion-en-casa/

Distribuir contido


by Dr. Radut