Comprácenos darvos a benvida a este curso 2023/24, no que celebramos con orgullo o noso 20 aniversario.

Todo o equipo docente e non docente iniciamos con moito entusiasmo e ilusión esta nova andaina na que estamos comprometidos a acompañar ao alumnado no seu crecemento persoal, técnico e artístico, axudándoos na súa formación como futuros profesionais da danza.

Desde o CDAN Lugo agardamos que este curso veña cargado de novos proxectos e actividades.

Cristina Lata Villoch

Directora CDAN Lugo

 

Este Hoxe mércores 20 de setembro, contamos coa presenza de Allison Maykall Solís, artista costarricense que visita a nosa cidade no marco das residencias artísticas @atopemonosbailando.

"Dende dentro" é o obradoiro que Allyson impartirá ao noso alumnado de 5° e 6° de Grao Profesional, "onde o ritmo e a herdanza navegan entre o xogo e a improvisación.
Co ritmo de maneira lúdica, atopar formas inusuais e prácticas para movilizar o corpo, dende as posibilidades que ofrece a música.
Improvisación para a busca do herdado e o propio xunto a frases dinámicas que engloben o traballo inicial, cara a fisicalidade"
Moitas grazas @maykally_ e @atopemonosbailando por expandir a proposta ata o noso centro.

Continúa aberto o prazo de inscrición para Preparatorio, alumnado nado en 2016. 

As clases do curso de Preparatorio 2023-24 darán comezo o LUNS 2 de OUTUBRO de 2023 e rematarán o LUNS 20 DE MAIO DE 2024

REUNIÓN DE PRESENTACIÓN: LUNS 25 DE SETEMBRO NA HORA DA CLASE

GRUPO A: LUNS de 16 a 17 h.

GRUPO B: LUNS de 17 a 18 h.

Consulta o listado provisional no adxunto

Preparatorio é un curso gratuíto para que os nenos e nenas (nados no 2016) poidan coñecer as ensinanzas do Conservatorio antes de iniciar o Grao Elemental.

O curso ofrécese nunha clase de 50 minutos, un día á semana.

A admisión será por rigorosa orde de inscrición. No correo electrónico de inscrición poderán manifestar preferencia de grupo (A ou B). Con todo, daremos preferencia nun grupo o alumnado que acredite incompatibilidade horaria con ensinos obrigatorios e o alumnado que se desprace desde fóra de Lugo terá prioridade para o grupo B (17.05 horas).

Para formalizar a inscrición débese enviar un correo electrónico a conservatorio.danza.lugo@edu.xunta.gal achegando o impreso “SOLICITUDE INSCRICIÓN CURSO PREPARATORIO” cuberto (no adxunto), DNI ou libro de familia, tarxeta sanitaria e foto formato carné.

 

No adxunto a Guía de Acollemento do alumnado Curso 2023-2024 

No adxunto, a orde que regular Exencións e Validacións (Para alumnado de Grao Profesional)

Iniciamos este novo curso cun obradoiro de acondicionamento físico da man de María Jesús Peces Barba, bailarina, fisioterapeuta e creadora do seu propio método (ADAPT METHOD) que emprega nas clases de acondicionamento físico para bailaríns. Un placer e un luxo contar con ela.
O obradoiro está dirixido ao alumnado de Grao profesional de ambas especialidades, e terá lugar os días 12, 13 e 14 de setembro na Aula Polivalente do CDAN no seguinte horario:
1º e 2º GPAB_ 16.30- 17.30
3º e 4º GPAB_ 18.00-19.00
5º e 6º GPAB_ 19.30- 20.30
Interesad@s apuntádevos na conserxería do centro .
Distribuir contido