Calendario Escolar

PRESENTACIÓNS: LUNS 11 DE SETEMBRO DE 2023

COMEZO DAS CLASES: LUNS 18 DE SETEMBRO DE 2023

ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia 

2. As actividades lectivas nas ensinanzas de réxime especial realizaranse desde o día 11 de setembro de 2023 ata o 28 de xuño de 2024, ambos incluídos, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas.

Artigo 6. Vacacións escolares

Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2023/24 serán os seguintes:

– Nadal: desde o día 22 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024, ambos incluídos.

– Entroido: os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.

– Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de 2024, ambos incluídos.

Artigo 7. Días non lectivos

1. Ademais das festas de ámbito estatal, son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, en exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, sobre regulación da xornada de traballo, xornadas especiais e descansos, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro, e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da devandita consellería.

2. Nos centros en que unha ou as dúas festas laborais de carácter local a que se refire o punto anterior non coincidan con días lectivos, os consellos escolares, os consellos sociais ou, na súa falta, os responsables dos centros de menos de tres unidades poderán solicitar, segundo proceda, un ou dous días non lectivos, que deberán preverse na programación xeral anual do centro, argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica. Esta petición deberá facerse antes do día 20 de outubro de 2023 perante a xefatura territorial correspondente, que, logo de informe da Inspección educativa e dos que coide oportunos, resolverá o que proceda.

3. Ademais dos anteriores, establécese o Día do Ensino, que terá a consideración de día non lectivo, e que no curso 2023/24 se celebrará o 7 de decembro de 2023.

Artigo 9. Sesión de avaliación inicial A data límite para a realización da sesión de avaliación inicial será o 18 de outubro de 2023.

Artigo 10. Sesións de avaliación parciais Os centros docentes, facendo uso da súa autonomía, concretarán as datas das sesións de avaliación parcial procurando unha repartición equilibrada na duración dos períodos de cada avaliación.

2. Para as sesións de avaliación final do alumnado das ensinanzas de réxime especial, a dirección do centro deberá propor antes do día 30 de abril de 2024, conforme o anexo II, as datas correspondentes á súa xefatura territorial para a súa autorización.

 

Distribuir contido