Actividades

RESULTADOS DAS PROBAS DE ACCESO A OUTROS CURSOS DE GRAO PROFESIONAL (no adxunto e no taboleiro do Conservatorio)

PERÍODO DE MATRÍCULA_Do 26 ao 28 de xuño de 2024

 

 

 

RESULTADOS DAS PROBAS DE ACCESO A 1GP_AMBAS ESPECIALIDADES!!!!!! (no adxunto e no taboleiro do Conservatorio)

1º TRAMO DE MATRÍCULA (nunha soa especialidade)_do 17 ao 26 de xuño

2º TRAMO DE MATRÍCULA (para lista de agarda, só nunha soa especialidade_27-28 de xuño

3º TRAMO DE MATRÍCULA para a segunda especialidade admitidos en Proba Acceso a 1º Grao Profesional (solicitude no adxunto)_do 1 ao 5 de xullo

 ---------------------------------------------------------------------------

CONTIDOS E CRITERIOS (no adxunto)

 

Doris Humphrey foi unha bailarina, coreógrafa, directora e destacada figura da danza moderna americana. Creou a súa propia técnica traballando os conceptos de caída e recuperación. Xunto a Charles Weidman crearon a súa propia agrupación en Nova York coa que estrearon máis dunha ducia de montaxes, como Breath of fire e Race of life. José Limón foi bailarín solista na compañía, onde ademais realizou os seus primeiros traballos coreográficos. Xunto con Humphrey, fundou a Limon Dance Company, referente da vangarda da danza moderna desde os seus inicios. Limón consolidou o seu estilo persoal caracterizado pola reivindicación do xénero masculino na danza. Entre as súas pezas destacan The moor`s pavane ou The Unsung.

BASES DO CONCURSO COREOGRÁFICO

1. OBXECTO DO CONCURSO O Conservatorio Profesional de Danza de Lugo retoma o Concurso Coreográfico, co fin de desenvolver a creatividade dancística e coreográfica do noso alumnado. Este ano, as figuras nomeadas serán Doris Humphrey e José Limón.

2. DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN Martes 30 de abril no AUDITORIO GUSTAVO FREIRE DE LUGO. As horas de ensaio e actuación no auditorio comunicaranse unha vez remate o prazo de inscrición.

3. PARTICIPANTES Poderán participar todos os alumnos do Conservatorio dentro das seguintes categorías: I CATEGORÍA: 1º E 2º DE GRAO ELEMENTAL. O número de intérpretes participantes por peza será de oito como máximo e de tres como mínimo. II CATEGORÍA: 3º E 4º DE GRAO ELEMENTAL. O número de intérpretes participantes por peza será de oito como máximo e de tres como mínimo. III CATEGORÍA: GRAO PROFESIONAL. O número de intérpretes participantes por peza será de oito como máximo e de dous como mínimo. *Non se admitirán pezas cun só intérprete

4. INSCRICIÓN Prazo de inscrición e entrega de solicitudes e músicas ao mail do CDAN conservatorio.danza.lugo@edu.xunta.gal ate o luns 15 de abril do 2024 inclusive. *Non se admitirá ningunha inscrición nin entrega de música fora de prazo. Para inscribirse cada grupo deberá entregar a solicitude adxunta cuberta, na que se inclúa: o nome do grupo, o título da proposta coreográfica, o curso e a categoría á que pertencen, os nomes dos intérpretes, a duración, a música en formato mp3, o argumento, e unha breve explicación do motivo polo que elixiron facer esa peza. Deberá estar todo redactado en GALEGO, incluído o título. *Non se admitirán fichas de coreografías que non teñan algunha vinculación coas figuras homenaxeadas.

5. COREOGRAFÍAS As coreografías presentadas non deberán exceder de 3 min. Os alumnos e alumnas inscritos deberán ensaiar fóra do horario das clases. Os ensaios poderán comezar a partir do luns 4 de marzo e o horario de aulas dispoñibles se pendurará no taboleiro da entrada ao longo da semana do 26 de febreiro. As alumnas poderán anotarse en conserxería para reservar as aulas a partir do luns 4 de marzo. As coreografías deberán ser creadas, preparadas e ensaiadas exclusivamente polos propios alumnos/as. Poderán ser eliminadas da convocatoria coreografías nas que no proceso de creación e ensaio inflúan terceiras persoas, profesores ou bailaríns profesionais. Non está permitido o emprego de purpurina, confeti ou elementos que non deixen en perfecto estado o espazo escénico para a actuación seguinte.

Os alumnos poderán solicitar vestiario ou atrezzo do centro especificándoo na ficha de inscrición. 7. XURADO O xurado estará formado por 5 persoas, sendo profesorado e pianistas do centro e un representante da ANPA. 8. PREMIOS Haberá dous premios por categoría: 1 Premio á mellor interpretación. 2 Premio á mellor coreografía. Premio á coreografía máis votada polo público asistente.

Distribuir contido