Criterios de Cualificación

ALUMNOS CON DEREITO Á AVALIACIÓN CONTINUA

 

Estes alumnos serán cualificados en función aos seguintes criterios nas materias de danza:

 


ALUMNOS CON DEREITO Á AVALIACIÓN CONTINUA

GRAO

ELEMENTAL

GRAO

PROFESIONAL

ACTITUDE

OBSERVACIÓN DIARIA tanto na clase coma no recinto escolar (biblioteca, vestiarios, sala de ensaio..)

Puntualidade, asistencia, comportamento, uniforme, peiteado participación, esforzo, interese, coidado do material, etc

15%

10%

ADQUISICIÓN DE COÑECEMENTOS TEÓRICOS, a través de probas orais/escritas, traballos, fichas…

Aprendizaxe dos contidos de forma teórica e comprensión e interiorización dos mesmos, (tanto vocabulario técnico coma os contidos teóricos de ballets, coreógrafos, bailaríns…)

15%

10%

EXECUCIÓN TÉCNICA E PRÁCTICA, a través da observación diaria na clase, tendo en conta as aptitudes físicas e intelectuais de cada alumno e alumna.

Execución correcta dos contidos segundo o método e tipo de linguaxe corporal aprendida (tendo en conta a coordinación, musicalidade, precisión, sensibilidade motora e artística, capacidade de expresión e interpretación…)

70%

80%

 

En cada avaliación, a cualificación final se obterá da suma entre os apartados anteriormente citados, no grao profesional sempre e cando a cualificación obtida en cada un, non sexa inferior á súa vez ao 50% do total dese apartado. É dicir, no grao profesional, os alumnos que non superen o 50% nalgún dos apartados, obterán unha cualificación negativa e por tanto a avaliación se considerará non superada.

 

 

 

Estes alumnos serán cualificados en función aos seguintes criterios na materia de música:

 


 

ALUMNOS CON DEREITO Á AVALIACIÓN CONTINUA

GRAO

ELEMENTAL

GRAO PROFESIONAL

PARTE RÍTMICA

-Lectura Rítmica

-Ritmos e Percusións

-Interpretación nstrumental

35 %

35 %

EDUCACIÓN AUDITIVA E VOCAL

-Exercicios de Audición.

-Recoñecemento Auditivo

- Cancións

-Entoación

-Interpretación vocal

45 %

45 %

ACTITUDE

-Comportamento.

-Aportación do material

-Interese e respecto

10 %

10 %

PARTE TEÓRICA

-Coñecementos teóricos materia

10 %

10 %

 

A cualificación final se obterá da suma dos diferentes apartados.

 

 

 

Estes alumnos serán cualificados en función aos seguintes criterios nas materias teóricas:

 

ALUMNOS CON DEREITO Á AVALIACIÓN CONTINUA

GRAO

PROFESIONAL

ACTITUDE

OBSERVACIÓN DIARIA tanto na clase coma no recinto escolar (biblioteca, vestiarios, sala de ensaio..)

Puntualidade, asistencia, comportamento, uniforme, peiteado, participación, esforzo, interese, coidado do material, madurez

10%

ADQUISICIÓN DE COÑECEMENTOS TEÓRICOS-PRÁCTICOS, a través de probas orais/escritas, traballos, fichas…

Aprendizaxe dos contidos de forma teórico-práctica e comprensión e interiorización dos mesmos, (vocabulario técnico e contidos teóricos)

90%

 

En cada avaliación, a cualificación final se obterá da suma entre os apartados anteriormente citados, no grao profesional sempre e cando a cualificación obtida en cada un, non sexa inferior á súa vez ao 50% do total dese apartado. É dicir, no grao profesional, os alumnos que non superen o 50% nalgún dos apartados, obterán unha cualificación negativa e por tanto a avaliación se considerará non superada.

 

*Observacións: consultar na programación didáctica de cada unha das materias teóricas as porcentaxes específicas.

 

 

 

SISTEMA DE ALTERNATIVO DE AVALIACIÓN

 

Para aqueles alumnos e alumnas que pola reiterada falta de asistencia a clase perdan o dereito a avaliación continua.

 

Estes alumnos realizarán un único exame sobre os contidos do curso, que constará en dúas partes.

 

.- Exame práctico: que suporá un 80% da cualificación.

 

.- Exame teórico: que suporá un 20% da cualificación.

 

A cualificación final se obterá da suma de ambos apartados, no grao profesional sempre e cando se obteña unha cualificación igual ou superior ao 50% do total de dito apartado.

 

No caso das materias teórico-prácticas será un único exame teórico-práctico que suporá o 100% da cualificación.

 

No caso da materia de música, estes alumnos realizarán un único exame sobre os contidos do curso, que constará de tres partes: parte rítmica (35%), educación auditiva e vocal (45%) e parte teórica (20%). A cualificación final se obterá da suma dos diferentes apartados.

 

 

 

ALUMNADO QUE PROMOCIONA CON MATERIAS PENDENTES

 

No suposto de materias pendentes referidas á práctica da danza ou á práctica instrumental ou vocal, a súa recuperación deberá realizarse na clase do curso seguinte, se forma parte del. No resto dos casos, o alumnado deberá asistir ás clases das materias non superadas no curso anterior.

 

A este alumnado se lle fará un seguimento por parte do profesor que lles de clase no curso actual que propoñerá actividades, traballos e exames que lle permitan aprobar a materia pendente. En caso de non aprobar nin na 1ª nin na 2ª avaliación, realizará, no mes de maio, un exame sobre os contidos correspondente ao curso suspenso.

 

.- Exame teórico: que suporá un 20% da cualificación.

 

.- Exame práctico: que suporá un 80% da cualificación.

 

A cualificación final se obterá da suma de ambos apartados, no grao profesional sempre que ambos superen o 50% da cualificación por separado.

 

No caso das materias teórico-prácticas será un único exame teórico-práctico que suporá o 100% da cualificación.

 

No caso da materia de música, estes alumnos realizarán un único exame sobre os contidos do curso, que constará de tres partes: parte rítmica (35%), educación auditiva e vocal (45%) e parte teórica (20%). A cualificación final se obterá da suma dos diferentes apartados.

 

 

 

ALUMNADO QUE DEBE PRESENTARSE Á PROBA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO

 

A estes alumnos se lles fará un único exame segundo as indicacións de cada departamento.

 

.- Exame práctico: que suporá un 80% da cualificación.

 

.- Exame teórico: que suporá un 20% da cualificación.

 

A cualificación final se obterá da suma de ambos apartados, sempre que ambos superen o 50% da cualificación por separado.

 

No caso das materias teórico-prácticas será un único exame teórico-práctico que suporá o 100% da cualificación.

 

No caso da materia de música, estes alumnos realizarán un único exame sobre os contidos do curso, que constará de tres partes: parte rítmica (35%), educación auditiva e vocal (45%) e parte teórica (20%). A cualificación final se obterá da suma dos diferentes apartados.

A CUALIFICACIÓN FINAL SERÁ A QUE O ALUMNO LEVE NA TERCEIRA E DERRADEIRA AVALIACIÓN.

 

Distribuir contido