LISTAXE DE RESERVAS ADMITIDAS

Xúntase en ficheiro a listaxe de reservas admitidas de alumnado procedente dos centros adscritos.

2019-20 Festival de Entroido

19-20 entroido

Xornada de portas abertas, no Ceip Plurilingüe de Oca

O vindeiro xoves 27 de febreiro ás 12.30 h. da mañá celebrarase unha xornada de portas abertas no Ceip Plurilingüe de Oca.

O obxectivo desta xornada é dar  coñecer o centro, todos os recursos cos que contan e presenciar as novas metodoloxías que están a implementar. 


 

CARTAZ XORNADA DE PORTAS ABERTAS

ADMISIÓN ALUMNADO 20/21 - Reserva de praza

Entre o 1 e o 17 de febreiro, o alumnado de primaria que pretenda continuar estudos no noso centro, para os efectos de reserva de praza, deberá presentar no seu centro de orixe o formulario ED550A.

Publícanse como ficheiros adxuntos o devandito formulario, a oferta de prazas vacantes do noso centro para o próximo curso e a normativa relativa ao proceso de admisión.

PECHE DO CENTRO OS MARTES AO MEDIODÍA

A partir de agora, os martes o centro estará pechado entre a xornada de mañá e a de tarde. Polo tanto, o alumnado non poderá quedar no centro, a excepción daquel alumnado que estea a participar nalgunha actividade proposta polo propio instituto, como o Club de Lectura.

I Mostra educativa e profesional do concello de A Estrada.

Celebrarase os días 13, 14 e 15 de xaneiro no recinto feiral no pavillón principal...aberto a todo o mundo que queira achegarse...

Organizada polos centros do ensino secundario da zona coa colaboración do Concello da Estrada

 

1

 

 

02

Foliada, 2019

Sin título

AVISO IMPORTANTE - USUARIOS TRANSPORTE "LA ESTRADENSE"

Acabamos de recibir unha comunicación do Servizo de Xestión do Transporte Escolar na que advírtesenos de que a empresa de autocares "La Estradense" deixa de realizar o servizo de transporte escolar no noso centro a partir de agora e coa entrada do novo ano.

O servizo será realizado por outras empresas da zona (Exprés de Vea, Benito Abalo, Monbús, Autocares Rías Baixas, Lázara...), dependendo da ruta.

As paradas e os horarios de recollida do alumnado serán os mesmos que ata o de agora.

Estradenses nas Ondas

ESTRADENSES NAS ONDAS: COLABORACIÓN CON RADIO ESTRADA

O sábado 23 de novembro fomos a Radio Estrada, para dar a coñecer este novo proxecto que emprendemos desde o noso club de lectura, Carballeira.n1. O seu nome é “Estradenses nas ondas”, e desenvolverase os sábados, cada quince días, no programa das mañás que dirixe Isabel Durán.

O seu propósito é seguir a estela de Olimpio Arca, e dar a coñecer entre os oíntes a historia que agochan os nomes das rúas da Estrada.

Para tratar de acotar un pouco o noso traballo, decidimos comezar polos nomes de mulleres: Rosalía de Castro, Avelina Valladares (que comparte protagonismo co seu irmán, na rúa Irmáns Valladares) e Virxinia pereiras, a muller de Castelao.

E así, este sábado, día 7 de decembro, iremos á Radio para explicar onde se atopa a rúa Rosalía de Castro, desde cando existe urbanizada, e ofrecer outros detalles técnicos da rúa. A seguir, catro rapazas do club de lectura (Irene, Ilary, Natalia e Kenia) entrevistarán en directo a Anxo Angueira, o Presidente da Fundación Castelao.

Día contra a violencia de xénero

profe plastica iesn1

Inauguración da Biblioteca

Xincana Literaria 2019

IES Nº 1 da Estrada

DÍAS NON LECTIVOS

A Xefatura Territorial, vista a proposta do Consello Escolar, declarou NON LECTIVOS para este curso os días 20/03/2020 e 04/05/2020.

Presentación ás familias do novo curso 2019-20

Martes 1 de outubro reunións coas familias:

1°ESO 19:00

2°ESO 19:30

3° e 4° ESO 20:00

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Detectouse un erro no volcado de datos da aplicación que xestiona o préstamo dos libros de texto do fondo solidario polo que os datos dos libros asignados a cada alumno publicados anteriormente non son correctos.

Ao longo desta semana os titores e titoras, xunto coa secretaria do centro, irán comunicando ao alumnado os libros que lles corresponden.

 

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

De acordo coa ORDE do 3 de maio de 2019 da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20, publícanse as listaxes definitivas de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario e a listaxe definitiva de solicitudes excluídas.

Aqueles beneficiarios de vales de axuda poderán pasar a recollelos na secretaría do centro.

INICIO DO CURSO 2019/2020

O curso comezará o luns 16 de setembro ás 10:45 horas, según o seguinte horario:

 

1º ESO 10:45
2º ESO 11:15
3º ESO 11:45
4º ESO 12:15

 

Ese día o servizo de transporte escolar fará as rutas no horario habitual, polo que:

  • Aquel alumnado que non poida achegarse ao instituto pola súa conta poderá facer uso do servizo de transporte escolar no horario habitual (chegada ao instituto ás 8:45).
  • A saída será ás 14:25, de acordo co horario habitual.

 

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

De acordo coa ORDE do 3 de maio de 2019 da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20, publícanse as listaxes provisionais de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario e a listaxe provisional de solicitudes excluídas.

As persoas interesadas poderán reclamar ata o día 15 de xullo ás 13:00 horas.

As listaxes definitivas publicaranse o 13 de setembro de 2019.

Unha vez publicadas as listaxes definitivas, poderán recollerse os vales de axuda pola contía concedida en cada caso.

SETEMBRO CURSO 2018/19

Achegamos información das datas de exames, entrega de notas, devolución de libros do fondo solidario e matrícula de setembro.

2017-18 EXCURSIÓN DE 4º ESO A BRUSELAS

bruselas

MATRÍCULA CURSO 19-20

O ALUMNADO QUE APROBOU TODAS AS MATERIAS NA CONVOCATORIA ORDINARIA DE XUÑO OU QUE PROCEDE DE PRIMARIA DEBERÁ MATRICULARSE OS DÍAS 1, 2 E 3 DE XULLO (entre as 9:30 e as 13:30 horas).