Entroido 2022 - Concurso de Mecos

 

Volveu o Entroido ao IES Nº 1! Por fin recuperamos esta festa tan querida polo noso alumnado. 

Volveron as vosas actuacións, volveron os disfraces e volveu a irreverencia propia desta festividade, en que se relaxan os costumes e se invirten os roles! 

Parabéns a 1º C e 2º C, os grupos gañadores desta edición, segundo o fallo do noso xurado máis popular: as Tanxugueiras, que nos visitaron no Centro e logo dunha sesuda deliberación, decidiron os triunfadores desta edición.

Ademais retomamos un concurso de mecos, e vós mesmos escollestes o gañador: O Ulla!

Parabéns a Breixo, Pedro, Éric e Brais, que argallaron ese fantástico meco.

E moitísimas grazas a profes e persoal non docente, que cos seus mecos contribuíron a adornar o noso IES. Non puideron participar no concurso, pero sen dúbida terían tamén agasallo. 

 

 

WhatsApp Image 2022-03-04 at 7.03.44 PM

WhatsApp Image 2022-03-04 at 7.26.52 PM

 WhatsApp Image 2022-03-04 at 7.05.46 PM

 

Entroido 2022

Por fin o IES Nº1 recupera unha das súas celebracións máis emblemáticas: o Entroido!

Aínda resoan ecos da pandemia, e non puidemos agasallarnos cos sabores da época, pero imos indo, por fin, cara á normalidade. 

Grazas a todos e todas pola vosa colaboración!
Entroido 2022

 

 Se queres ver as fotos nunha presentación a ritmo de AS TANXUGUEIRAS: 

 

En vídeo: 2022 02 25 Festival Entroido

Prazas vacantes para alumnado do curso 2022-23

Día de Castelao 2022

 

 

cousas da vida            Castelao Comic

 

Castelao retrata a actualidade do seu tempo en Cousas da vida.

Seguro que, se tivese móbil, había facer unha chea de memes, porque a ironía e o humor son algúns dos seus sinais de identidade.

Olla as viñetas orixinais e crea despois, na versión cómic, un meme adaptado ao noso tempo.

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

O  11 de xaneiro abriuse o prazo para presentar as solicitudes de reserva para cursar 1º ESO no noso centro o vindeiro curso, coas seguintes particularidades:

  • A solicitude de reserva debe facela exclusivamente aquel alumnado que proveña dun dos catro centros adscritos ao noso e que estea cursando actualmente 6º de primaria.
  • Esta solicitude farase no centro de orixe, é dicir, no centro de primaria.

 

BO NADAL - Este ano toca Nadal

O IES Nº 1 da Estrada deséxalles unhas Boas Festas e un Feliz Ano Novo.

Ademais, queremos agradecer o labor da alumna Uxía Seoane, que aínda quita tempo para agasallarnos con este vídeo de felicitación, cheo de esperanza e de bos desexos para estes tempos de incertezas.

Moitas grazas e parabéns, Uxía.

Voltamos o 10 de xaneiro!

Rutas de Senderismo no entorno do IES Nº1

 

 

 

 

 

Concurso de Foto - Poesía LEBRES COMO GACELAS - XELA ARIAS

O IES Nº 1 foi galardoado co 1º Premio na Categoría de Centros e con dous premios individuais no concurso organizado pola Deputación de Pontevedra para homenaxear a figura de Xela Arias.
A nivel individual, concedéronnos un 1º premio para a alumna Helena Castaño e un accésit para Hiba Lajouad.
Parabéns a estas magníficas rapazas e tamén a todos os mozos e mozas que participastes no concurso coas vosas creacións, dunha calidade excelente, merecedora tamén de premio. 
A poesía de Xela Arias late nestas novas voces que entrelazaron maxicamente a palabra e a imaxe, como xa fixera noutrora a ousada poeta no seu libro máis transgresor Tigres coma cabalos
Se picades aquí, poderedes ler a noticia do xornal Faro de Vigo, que recolle a entrega do galardón.
E moito máis importante, aquí tedes a montaxe que recolle todas as vosas creacións.
Desfrutade delas! 
 

Samaín, 2021

Esta é unha escolma dos traballos realizados polo alumnado de plástica dentro das actividades do Samaín do curso 21-22

 

21-22 samain

CHARLA NO IES PARA AS FAMILIAS

Aquí tedes o cartel informativo sobre a charla que se desenvolverá mañá no noso IES, organizada pola ANPA.

CONVOCATORIA ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

08/11/2021

Publícase a seguir a convocatoria de eleccións ao Consello escolar, que renovará os seus membros nos distintos sectores: pais/nais/titores legais; alumnado; profesorado, e persoal de administración e servizos.

Nos distintos arquivos adxuntos atoparán a información relativa a cada un dos sectores.

Correlingua 2021

21-22 Correlingua

Roteiro Marcial Valladares

O IES Nº1 o martes 26 conmemorou O DÍA DAS BIBLIOTECAS ao pé da casa de MARCIAL VALLADARES, celebrando así o bicentenario do seu nacemento, aló polo ano 1821.

Logo de máis dun ano sen saídas, no Nº1 procuramos de novo o vento e a luz en Berres, na súa parroquia natal, para agasallar a un dos grandes, señor de Vilancosta e señor das Letras Galegas.

Pilar Bernárdez, alma máter deste proxecto e de tantos outros, guiou os mozos e mozas do IES a través dun roteiro no que puideron sentir e valorar todo o que pasaba nesa parroquia de Berres, hai xa 200 anos, grazas ao labor dos Valladares.

O roteiro foi percorrendo distintos recunchos relevantes na vida e obra do autor. Comezamos ás 12:30, na igrexa de Berres, ao pé da pía bautismal, continuou cara ao cemiterio e de aí seguimos o percorrido cara a Vilancosta. Xa no Areal, os nosos mozos e mozas de 2º de ESO  realizaron lecturas colectivas e interpretacións de cantigas de Valladares ao son das pandeiretas. Este acompañamento musical completouse coa colaboración de dous músicos, veciños de Berres, un deles ex-alumno do propio IES Nº1. 

Parabés a todos os que fixestes posible este fermoso e solleiro día!

 

 

Eleccións ao Consello Escolar

O vindeiro venres 29 de outubro, ás 10:25 horas, terá lugar na Secretaría do Centro o sorteo público para a composición da Xunta Electoral

Caveiras e maquillaxes de Samaín

Samaín 2

Selección de fotos del Maratón 30x30 do curso 20-21

Selección de fotos do MARATÓN fotográfico 30x30 do curso 2020/21 no IES Nº1
(30 fotos en 30 días)
 
Dura algo mais de 6 minutos (é unha selección de 90 fotos entre mais de 4.000) pero vale a pena dedicarlle ese tempo xa que o resultado realmente é moi bo.
Parabéns a todos e todas as participantes (alumnado dende 1º a 4º de E.S.O.)

Excursión á Illa de Arousa co alumnado de 4º ESO

Hai 2 anos, cando esta rapazada estaba cursando Paisaxe e Sustantibilidade en 2º ESO, tiñamos organizada unha excursión de 2 días a Porto como parte dun programa chamado Proxecto Terra, pero a pandemia da COVID - 19 chamou á nosa porta e tivemos que adiala.

Ao ano seguinte intentamos outra excursión á Costa da Morte, pero tampouco puido ser; así que, ano e medio despois, cando a pandemia parece amainar e podemos de novo desenvolver algunhas actividades extraescolares no IES Nº 1, por fin conseguimos gozar dun paseo polo Parque Natural de Carreirón, na Illa de Arousa. Un día fantástico cuns rapaces encantadores que souberon agardar pacientemente.

Velaquí as imaxes destes mozos e mozas que ben mereceron, cando menos, este pequeno desagravio. Oxalá de aquí en adiante poidamos recuperar a normalidade e organizar moitas saídas máis!

 

21-22 excursión Illa de Arousa - 4º

REUNIÓN FAMILIAS INICIO DE CURSO

Bo día, a semana que vén terán lugar as reunións iniciais coas familias. Se premen no arquivo adxunto, poderán consultar o día e a hora en que están convocados, en función do curso ao que pertence o seu fillo ou filla. 

Para garantir o Protocolo Covid, só poderá asistir un único membro da familia. 

 

DECLARACIÓN RESPONSABLE E ENQUISA DE AUTOEVALUACIÓN COVID-19

Todo o alumnado e persoal do centro realizará a autoavaliación diaria que se adxunta antes de saír da casa para comprobar que non existen síntomas de infección por SARS-CoV-2 (febre maior de 37.5 ºC, tose seca, dificultade respiratoria...).

Achégase enquisa de autoevaluación clínica do COVID-19.

 

Modelo declaración responsable de autoevaluación.

Calendario Escolar 2021-22

Ordenadores portátiles E-DIXGAL para alumnado de 1º ESO

 

O IES Nº 1 de A Estrada incorpórase no curso 2021/2022 ao programa de libro dixital E-Dixgal.

A partir do día 15 de setembro os pais, nais ou titores legais poden pasar polo centro a recoller os equipos para os seus fillo/as e asignar o compromiso de cesión.

Na seguinte ligazón poden ver vídeos e un folleto informativo con todo o relacionado co equipamento E-Dixgal

 

 

 

 

INDICACIÓNS INICIO DE CURSO

Se preme no arquivo adxunto, poderá informarse dalgunhas medidas a ter en conta no inicio de curso.

PREMA AQUÍ

LISTAS DOS GRUPOS DE ALUMNOS/AS PARA O CURSO 2021-22

 

Aquí poderán consultar as listaxes de alumnado por grupos.

Para axustarse á Lei de protección de datos, tan só figura o NIF. No caso que non figure, aparece o número de expediente.

Se non ten ese número pode chamar a Secretaría do centro e facilitaranlle a información.

Prema nos enlaces para ver os grupos:

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 21/22

Publicado no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva de libros en préstamo do Fondo Solidario da Xunta cos libros asignados ao alumnado.

A partir do 15 de setembro os pais, nais ou representantes legais poden pasar polo centro para recollelos e asinar a recollida.

INICIO CURSO 2021-2022


O curso comeza o día 15 de setembro.

Debido á situación sanitaria provocada pola Covid-19, a incorporación ás aulas farase de forma progresiva.

  • DÍA 15, ás 10:00 h: incorporación do alumado de 2º e 3º de ESO. No caso de necesitar acudir no transporte escolar, agardarán no patio do centro ata esa hora.

Ao día seguinte estes alumnos e alumnas incorporaranse ás aulas no horario habitual, ás 8:45 h.

  • DÍA 16, ás 8:45 h: incorporación do alumnado de 1º e 4º de ESO.

A saída do centro, tanto o día 15 como o 16, será no horario habitual, ás 14:25 h.

 

 

 

 

Distribuir contido