Secretaría
IMPRESO DE MATRÍCULA PARA 1º BACHARELATO
Enviado por Secretaria o Mar, 04/07/2023 - 05:01O prazo de matrícula para 1º de Bacharelato será o xoves 6 e venres 7 de xullo de 2023
Documentación a presentar:
- Fotocopia DNI alumn@
- Fotocopia Tarxeta Sanitaria
- 2 fotos tamaño carné
- Para alumnos non procedentes do IES Monte Castelo, certificación académica dos estudos que lle dan acceso ó Bacharelato
- Xustificadnte de pago do seguro escolar a nome do alumn@ (1,12 euros) na conta de A Banca: ES08-2080-0183-26-3040001028
- Autorizacións asinadas
Descargar impreso de matrícula 1º Bacharelato. Pinchar aquí
Descargar autorización saídas centro: Pinchar aquí
Descargar autorización imaxe: Pinchar aquí
PRAZOS MATRÍCULA CURSO 2023-2024
Enviado por loli o Ven, 23/06/2023 - 07:01PRAZOS DE MATRÍCULA CURSO 2023-2024 NO DOCUMENTO ADXUNTO
CALENDARIO DE ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS. CURSO 2023-2024
Enviado por Secretaria o Lun, 12/06/2023 - 11:47
TODA A INFORMACIÓN SOBRE A ADMISIÓN E MATRÍCULA EN CICLOS FORMATIVOA ATÓPASE NO ENDEREZO: www.edu.xunta.gal/fp
ADMISIÓN ALUMNADO ESO - BACHARELATO PARA O CURSO 2023-2024
Enviado por loli o Lun, 16/01/2023 - 09:48-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
PINCHA NO ENLACE:
ADMISIÓN ALUMNADO ESO - BACHARELATO PARA O CURSO 2023-2024
O IES Monte Castelo mobilízase pola supresión dunha praza de auxiliar administrativo
Enviado por Amalia o Xov, 12/05/2016 - 06:15Novo número de teléfono do IES Monte Castelo
Enviado por Anónimo o Xov, 31/03/2016 - 08:38Novo número de teléfono do IES Monte Castelo
O IES Monte Castelo cambia de número de teléfono e fax a partir do 1 de abril de 2016. Estes son os novos números:
Teléfono: 982 82 82 41
Fax: 982 82 82 55
Rúa do Ril, s/n - 27880 Burela
email: ies.monte.castelo@edu.xunta.gal
Pax. web: www.edu.xunta.gal/centros/iesmontecastelo
espazoAbalar
Enviado por Anónimo o Mar, 23/02/2016 - 07:20
O espazoAbalar é unha moderna plataforma desenvolta pola Consellería de Educación e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia con dous obxectivos:
- Achegar a educación aos cidadáns, incrementando a eficacia dos servizos que se lle proporcionan.
- Desenvolver as TIC no ámbito educativo, fomentando a participación e motivación do alumnado e loitando contra o fracaso escolar.
O espazoAbalar estase a desenvolver dun xeito continuado no tempo coa inclusión de novos servizos para toda a comunidade educativa. Actualmente dispón dun espazo adicado ás Familias (espazoFamilias), o que permite aos pais e nais integrarse en maior medida na vida académica dos seus fillos/as, un espazo para os profesores (espazoProfesores) e outro para os centros educativos (espazoCentros). Tamén está a disposición de toda a comunidade educativa un repositorio de contidos educativos dixitais.
abalarMóbil
O IES Monte Castelo participa no programa abalarMóbil dende o curso 2015/16. abalarMóbil está dispoñible para os responsables do alumnado para poder acceder ao seu perfil de espazoAbalar dende o seu teléfono móbil e así utilizar as súas funcionalidades dende calquera lugar de forma cómoda e rápida. As funcionalidades e servizos que as familias poden utilizar dende o seu móbil son:
-Acceder aos datos persoais
-Consultar as cualificacións
-Comprobar e xustificar as faltas de asistencia
-Consultar o apartado de faltas de conduta
-Solicitar unha titoría
-Consultar os datos do centro educativo
-Consultar os avisos ou notificacións
-Consultar as incidencias
Toda a información está dispoñible na web da Consellaría: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil
Tamén poden consultar a guía para as familias no arquivo adxunto ao final deste documento.
EDIXGAL
O IES Monte Castelo participa no programa EDIXGAL dende o curso 2018/19. EDIXGAL está dispoñible para o alumnado dos cursos 1º e 2º ESO.
Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolverán a sua actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles va a permitir acceder a contidos dixitais de varias editoriais.
Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia. Cómpre recordar que estes centros, integrados no proxecto Abalar, teñen tamén a súa disposición o espazoAbalar con máis de 2.900 recursos educativos dixitais complementarios en sete idiomas.
O alumnado pode acceder ao material seleccionado polo profesorado tanto a través dunha conexión a internet (modo online) como dende o seu netbook (modo offline). Deste xeito, garántese que os alumnos e as alumnas que non dispoñan de conexión a Internet desde as súas casas, poidan seguir o curso sen dificultade. De feito, todo o avance que realicen sen conexión será actualizado de maneira automática na plataforma en canto o netbook volva ter conexión de rede.
Oferta Ciclos formativos no IES Monte Castelo
Enviado por Anónimo o Xov, 13/06/2013 - 12:07
Os nosos ciclos son:
27013958 IES Monte Castelo ies.monte.castelo@edu.xunta.gal Tel. 982828241
Grao medio
CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría 50prazas
Grao superior
SAFD01 Ensinanza e animación sociodeportiva 30 prazas
CSSEA04 Química e saúde ambiental 22 prazas
Grao medio Réxime de Adultos presencial
ZM19001 Coidados auxiliares de enfermaría
Módulos autorizados Horas do módulo Prazas
CM0FOL Formación e orientación laboral 55 25
CM0304 Hixiene do medio hospitalario e limpeza de material 160 25
CM0305 Operacións administrativas e documentación sanitaria 55 25
CM0308 Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao paciente 130 25
CM0RET Relacións no equipo de traballo 55 25
CM0310 Técnicas básicas de enfermaría 320 25
CM0311 Técnicas de axuda odontolóxica e estomatolóxica 130 25