Proxectos

Contrato- programa 2015- Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia

Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia 2015

Neste curso 2014-15 o noso centro continúa participando no contrato-programa da modalidade de mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia debido a grande acollida que tivo o ano anterior.

 **Venres 5 de marzo-

** Luns 2 de marzo- Alumnos de 1º e 2º de Bacharelato de Artes coordinaron un taller para a elaboración dun móbil cerámico cos alumnos do centro adscrito CEIP Plurilingüe Vista Alegre de Burela.

   

 

** 23 de Febreiro de 2015- Alumnos de Bacharelato de Artes do IES Monte Castelo visitaron a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón en Lugo. Ali visitaron as instalacións do centro, participaron nunha sesión fotográfica no plató de fotografía e nos xardíns exteriores do centro. Tamén desenrolaron actividades prácticas no taller de cerámica, de serigrafía e de gravado.

Consulta a noticia na web do Escola de Artes Ramón Falcón: http://www.escoladeartelugo.com/es/noticias/577/alumnos-del-ies-monte-castelo-de-burela-visitan-la-escuela-de-arte-y-superior-de-disenyo-ramon-falcon/

 

 

3/03/2015- O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, asinou os contratos programa cos centros educativos da provincia de Lugo.

Máis información na web da consellería: http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/0705/mais-500-estudantes-provincia-lugo-beneficiaranse-iniciativa-contratos-programa

 

 

Contrato programa- 5 Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia

 Contrato programa- 5 Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia

Mosaicos colocados nas instalacións do IES cono producto final do contrato-programa 2013-2014.

 

** Martes 20 de maio de 2014. Inauguración na Casa da Cultura de Burela da exposición "A arte que nos rodea" para conmemorar por segundo ano a Semana das Artes Plásticas da Mariña. Trátase dunha iniciativa do departamento de Debuxo do IES Monte Castelo para celebrar a Semana das Artes Plásticas de forma conxunta con outros centros educativos e institucións da Mariña interesadas, mediante a realización de diversos proxectos culturais. Nesta exposición participan os representantes dos centros educativos colaboradores (CEIP Vista Alegre e CEIP Virxe do Carme de Burela) e os artistas locais que dirixiron as actividades e obras expostas.

                                  

   
   
   

 **Exposición no CENIMA de Foz

Exposición " A arte que nos rodea" no Cenima de Foz do 12 de maio ó 6 de xuño para conmemorar a Semana das Artes plásticas na Mariña.

 

 ** 7 marzo 2014- Alumnos do IES Monte Castelo realizaron un mural cando visitaron a Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón

Ver a páxina web da Escola Ramón Falcón: http://www.escoladeartelugo.com/es/noticias/493/mural-realizado-por-los-alumnos-del-ies-monte-castelo-de-burela-cuando-visitaron-la-easd-ramon-falcon/

** Mural elaborado con alumnos de educación infantil do CEIP Vista Alegre de Burela dirixidos por profesorado de Artes do instituto.

 

** Xaneiro 2014- Asínase o contrato-programa entre a Consellería de Cultura, Educación e O.U. e o IES Monte Castelo para o desenvolvemento, o seguimento e a avaliación dun programa dirixido á mellora do éxito escolar durante o curso 2013-2014. O período de vixencia deste contrato corresponde ao curso escolar 2013-2014.

A modalidade elixida é a 5- Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

Voz Natura 2013-2014

 

 Páxina web de Voz Natura: http://www.voznatura.com/home/index.php

Entrega do premio provincial de Voz Natura o IES Monte Castelo na 17 edición da Festa Voz Natura e exposición do mural realizado con materiais de reciclaxe polos alumnos do centro. Máis fotos da festa https://www.facebook.com/voznatura/photos_albums

 

 

 Vídeo Voz Natura http://www.youtube.com/watch?v=fokGVeWR3K8&list=UU728THwq2KTF81_5qAan3Bw&feature=share

  *O IES Monte Castelo asistirá este ano á Festa de Voz Natura que se celebrará o sábado 7 de xuño no parque de Acea de Ama (Culleredo). Asistirán alumnos de 1º  e 4º de ESO acompañados polo director do centro Marcelino Luna, que ademáis recollerá o premio outorgado polo proxecto "Ríos e praias en boas mans".

 

 * O IES Monte Castelo gaña o premio provincial do XVII Programa Voz Natura polo proxecto "Ríos e praias en boas mans"  que coordina a profesora de Artes María Martín. O resultado do proxecto son murais feitos polos alumnos de 4º de ESO e Bacharelato a partir de materiais reciclados que atoparon na praia ademáis da escultura chamada " O son do vento" de 5 metros  de alto con motivo do 35 aniversario do centro.

Segundo o xurado "Ríos e praias en boas mans" foi premiado por "a imaxinación demostrada e a orixinalidade educativa do proxecto".

A noticia na prensa:http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2014/05/27/ies-monte-castelo-burela-lleva-premio-voz-natura-provincia/0003_201405X27C7991.htm

 

*Mural realizado por alumnos de 4º ESO:

               -Primeiras fotos do mural

Fotos do mural

Mural definitivo  

 

O 17 de marzo os alumnos de 4º ESO e 1º BAC foron a praia da Areoura a recoller material de refugallo para facer un taller de reciclaxe. Esta actividade está dentro do programa Voz Natura que este curso está adicado á conservación, valoración e cuidado dos recursos fluviais e os areais de Galicia e estivo organizada polos departamentos de Debuxo e Ciencias Naturais.

   

 O resultado do taller artístico foi un mural feito con materiais de reciclaxe.

 

** Visita do Conselleiro de Educación ao IES Monte Castelo

O luns 17 de febreiro ás 10 da mañá  no IES Monte Castelo recibimos a visita do Conselleiro de Cultura, Educación e O.U., D. Jesús Vázquez Abad.

 
Jesús Vázquez Abad desprazouse ata o IES Monte Castelo, onde o seu departamento leva investido preto de 96.000 euros, fundamentalmente na implantación de programas educativos novidosos. Ao abeiro deste compromiso, o instituto conta con 4 aulas Abalar; e a súa biblioteca escolar leva 6 cursos integrada no Plan de Mellora.

Ademais, o centro vai asinar hoxe mesmo contratos-programa en 2 liñas de actuación, en concreto nas de reforzo, orientación e apoio – na modalidade de apoio en horario lectivo- e na de mellora dos coñecementos para acadar a excelencia. No marco da primeira delas o centro ten previsto organizar actividades de reforzo en linguas vehiculares, técnicas instrumentais básicas, para a organización da axenda escolar, actuacións para promover a motivación do alumnado; así como obradoiros de educación emocional, educación para a Paz ou mellora da convivencia, entre outras accións. No caso da outra das liñas que hoxe asinará o IES Monte Castelo, prevense medidas como un obradoiro de técnicas pictóricas e achegamento ás vangardas artísticas, así como outro de cerámica creativa.

Ver a noticia na web da Consellería: http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/0396/conselleiro-cultura-educacion-anuncia-que-seu-departamento-ten-previsto-executar

 

** Presentación en Burela do Programa "NATURACCIÓN"

A Consellería de Cultura e Educación, a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e a Fundación Alcoa colaboran no fomento da educación medioambiental entre o alumnado lucense. O programa ‘Naturacción’ é un subprograma de ‘Voz Natura’ patrocinado pola Fundación Alcoa co respaldo de Alcoa San Cibrao e chegará a máis de 4000 alumnas e alumnos de 29 centros educativos do norte e centro de Lugo.

Burela, 17 de febreiro de 2014.- Na presentación do programa participaron o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad; o director da Fundación, Francisco Sánchez; e o director de Alcoa Primario e de Alcoa San Cibrao, Rubén Bartolomé. Así mesmo estiveron presentes a delegada da Xunta na provincia de Lugo, Raquel Arias; o alcalde de Burela, José González Barcia;o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; o subdirector xeral de Ordenación, Innovación educativa e Formación do profesorado, Manuel Vila; a coordinadora de Voz Natura, Nazareth Díaz; o portavoz do Comité Científico Voz Natura, José Antonio Díaz E Alejandro Diaz Sueiro, membro do mesmo comité; o xefe territorial da Consellería na provincia, José Jesús Ramos Ledo; e o director do IES Monte Castelo, Marcelino Luna; así como o delegado da Voz de Galicia na Mariña, Miguel Sande; e representantes dos centros educativos participantes en ‘Naturacción’.

Actuacións
No marco deste programa organizaranse visitas personalizadas e gratuítas a entidades como museos ou acuarios, así como a actividade ‘Reporteiros ambientais’ utilizando cámaras de vídeo ou móbiles. Ademais, cada centro executará o seu proxecto medioambiental, supervisado polo Comité científico de Voz Natura – integrado por destacadas personalidades do mundo da ciencia e o ensino-; no que se incluirán diferentes accións como exposicións, visitas educativas, limpeza de praias ou recuperación de zonas degradadas, entre outras. Así mesmo haberá cursos de blogs para profesores e o concurso ‘Mellor blog medioambiental’, co fin de difundir o compromiso co entorno natural galego, no marco da comunidade blogueira do programa. O broche final do proxecto será a festa anual de Voz Natura, na que cada primavera se reúnen miles de alumnas e alumnos, docentes e familias, e no que se expoñen os traballos realizados polos centros participantes e se entregan os premios ás iniciativas máis destacadas.

                

 

 

Ver a noticia na web da Consellería:http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/0397/conselleria-cultura-educacion-fundacion-santiago-rey-fernandez-latorre-fundacion

Ver a noticia na Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2014/02/17/voz-natura-alcoa-educacion-presentaron-hoy-burela-proyecto-escolar-naturaccion/00031392639373940775508.htm

Ver a noticia en Crónica 3- http://www.cronica3.com/2014/02/gonzalez-barcia-amosase-satisfeito-pola-visita-do-conselleiro-de-educacion-e-cultura-a-dous-centros-de-ensino-de-burela/

 

CONTRATOS-PROGRAMA 2012/2013

Contratos-programa curso 2012/2013

O IES Monte Castelo celebra o 4 de xuño o Día das Artes Plásticas na Mariña.

 


   
   


 

Luz Darriba realizou un taller artístico con alumnos de 1º de bacharelato de Artes do IES Monte Castelo e alumnos da República Checa que están de intercambio no centro. Luz Darriba propuxo novos modelos femininos e masculinos basados na xustiza e na equidade.  

 

Os traballos realizados polos alumnos foron expostos en Pontevedra- Instalación na Praza da Ferrería de Pontevedra de Xogo de roles (Luz Darriba-Ticiana Ghiglione), con collages realizados a partir do traballo feito con rapaces y rapazas do Bacharelato de Arte do IES Monte Castelo de Burela e alumnos e alumnas de intercambio do Colexio Pripotocni de Praga, República Checa.


O Profesores do Bacharelato de Artes impartiron no CEIP de Cervo un taller didáctico con escaiola o martes 30 de abril.

Esta actividade está dentro do proxecto didáctico de permanente colaboración entre o departamento de Artes do centro con outras entidades educativas e institucións da controrna. Neste caso os destinatarios foron os alumnos de 5º e 6º do CEIP de Cervo que participaron nun taller formativo de vaciado de escaiola dentro das xornadas adicada o tratamento didáctico da Arte, que este curso están centradas na escultura.


   
   
   
   

 

Visita ó estudio do escultor Caxigueiro en San Martiño (Foz) polos alumnos que participan no contrato programa de excelencia académica co que se pretende estimular o talento artístico xuvenil.

A noticia na prensa


F otos do taller de excelencia educativa (creatividade artística)

 

O noso centro ofertará este curso académico dous contratos programa:

     - De reforzo e apoio: Clases de reforzo a alumnos que teñen algún tipo de dificultade de aprendizaxe, un baixo rendemento.....

      - De excelencia educativa: Impartiranse talleres a alumnos aventaxados para estimular as capacidades para que desarrollen o seu potencial (creatividade

        artística). Vai dirixido a todo o alumnado de 6º de primaria e 1º ESO de tódolos centros da Mariña.

        Os interesados deben poñerse en contacto coa Dirección do centro.

 

Estes programas impartiranse fóra do horario lectivo.

 

¿En que consisten os contratos programa?

O mércores 23 de xaneiro asinaronse os contratos-programa polo Conselleiro de Educación e os directores dos centros educativos

 

Proxecto de Deseño dun paraugas

Distribuir contido