FacebookSíguenos en YouTube

AS GRATITUDES DE DELPHINE DE VIGAN

O Club de Lectura de Adultos, reunímonos ao redor da nosa poetisa Rosalía de Castro para rememorar o seu día, que foi o pasado 23 de febreiro. Grazas Rosalía polo teu legado.

A continuación, na Biblioteca conversamos ao redor da novela da escritora francesa Delphine de Vigan, As gratitudes.

Unha conmovedora novela que nos convida a reflexionar sobre a vellez, a dependencia, a angustia, a deterioración imparable, a empatía e que nos invita a pensar sobre a nosa vida.

Un libro moi emotivo, que te fai reflexionar, sobre todo do que ninguén vai escapar: a vellez, do importante que é ser agradecido, agradecer a todas as persoas que foron e son importantes nas nosas vidas. 

Son os agradecementos os que unen aos tres personaxes (Michka, Marie e Jérôme) cuxas historias se entrelazan nesta deslumbrante novela e que por suposto aconséllamos ler.

ENTREGA CERTIFICADOS NIVEL DE INGLÉS

Hoxe entregámoslle ao alumnado de 2º Bacharelato os certificados de nivel B1, B2 ou C1 de inglés polo Trinity College London, e que lles serán con seguridade moi útiles para o seu futuro.

Congratulations to them all!!

VIAXE A GRECIA

A profesora de Latín e Grego, Carmen Gómez e os alumnos de Grego de 2º Bacharelato Xabi Parga e Hadrián Otero visitaron Grecia do 10 ao 15 de febreiro.

As súas vivencias e experiencias resúmennas nos seguintes textos:

1. Extraído de "Corazón de Ulises" de Javier Reverte: Subir la empinada cuesta que lleva a la Acrópolis de Atenas, donde se asienta el Partenón, es como trepar los peldaños que llevan al corazón del mundo griego, una especie de ascenso místico. ... El Partenón vence sobre todo y sobre todos... Si la eternidad existiera, habitaría entre los muros del Partenón.

2. Extraído de "O coloso de Marussi" de Henry Miller: En Grecia, onde se unen pedra e ceo, un sente o desexo de dar un salto e lanzarse ao azul, de flotar no aire coma un anxo ou de tumbarse na herba.


Os dous libros son moi recomendables para ler antes ou despois dunha viaxe a Grecia.

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO NO IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA

Unímonos á celebración do Día de Rosalía, facéndolle así unha homenaxe á nosa escritora galega máis universal, a través das seguintes actividades:

Exposición colocada na entrada principal do Centro, realizada polo voluntariado da Biblioteca e o alumnado do Club de Lectura. O máis destacable desta exposición é un carboncillo do rostro de Rosalía feito polo alumno do club de lectura de 1º ESO, Damián Fernández Miñones. Esta composición está acompaña dunhas flores simétricas realizadas polo voluntariado da Biblioteca en colaboración co Departamento de Matemáticas e coa obra literaria de Rosalía.

- Elaboración dun podcast e un vídeo por parte do alumnado de 1º ESO e do Club de Lectura no que se recitan poemas de Rosalía. En relación ao poema Miña casiña, meu lar, este alumnado participou na actividade organizada pola Fundación Rosalía de Castro, “Caldo de Gloria”, facendo fotografías do caldo humilde relatado neste poema e que fixeron nas súas casas.

Elaboración dunha breve biografía da autora homenaxeada así como uns poemas musicados.

OBRADOIRO PONTE NAS ONDAS

Dentro do proxecto Radio na escola, onte tivemos a oportunidade de achegarnos ao mundo da radio e dos podcast da man de Damián Alonso. Pola mañá impartiu un obradoiro ao alumnado de 2º e 3º de ESO no que introduciu os conceptos básicos da edición do son e do funcionamento dun programa de edición; indicou como se prepara a escaleta dun programa de radio, incluíndo técnicas e recursos específicos; traballáronse certas técnicas de dicción e de comunicación radiofónica; amosou os aspectos técnicos da emisión e gravación dun programa de radio e, por último, os asistentes puxeron en práctica estes coñecementos elaborando un programa de radio no que, por parellas, falaron de asuntos de interese, de actualidade, entretemento, etc.

Esta programa podemos escoitalo no seguinte enlace

Pola tarde foi a quenda do profesorado, que guiados de novo por Damián Alonso, permitiunos iniciarnos no marabilloso mundo da radio.

Tanto para o alumnado como para o profesorado, este obradoiro axudounos a “perderlle o medo” á radio, espertando a nosa curiosidade, creatividade.. e, quizais tamén, a vocación cara a este medio de comunicación no futuro.

A EMPRESA FINSA VISITA O IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA

O 24 de xaneiro, estiveron cos alumnos de CM, 1º e 2º, Miguel Mouzo, Alex Prado e Jorge Nunes, da empresa FINSA. Miguel é o responsable de comunicación cos centros educativos da Financiera Maderera (Finsa). Alex é técnico no Departamento da TI ,mentres que Jorge é técnico do Departamento de RRHH.

 

Miguel deunos a conocer a esta empresa familiar, con sede en Santiago de Compostela, con máis de 8 fábricas en España e Portugal, e cerca de 3.500 empregados directos. Trouxo con él, mostras dos productos madereiros que fixeron e están a facer en todas as factorías. En todos os produtos, Finsa, emprega material novo e reciclado, buscando reutilizar os refugallos e aplicar moitísima innovación. O último dos seus éxitos comerciais son os "tableiros" en puzzle, con todas as calidades e cualidades necesarias, para construir en 5 dias unha casa completa, toda en madeira. 

Logo Alex e Jorge pasaron a temas máis concretos de informática, no que traballan, xunto con 40 compañeiros.

 

Un dos alumnos de 2º CM aportou o seguinte, sobre o acontecido: Inicialmente pensabamos todos que ía ser unha charla sobre tipos de madeira e utilidades con ela, pero chegou unha diapositiva onde todo era informatica. Vimos como todo esta automatizado, conectado e preparado para posibles incidentes ou fallos. Lévase a xestion completa con computadores e os sistemas de cortado, transporte e almacenamento necesitan de puntos de acceso para saber como traballar e dirixirse. Finalmente pola miña banda gústome moito saber que empréganse diferentes sectores da informatica para todo, e que ademáis son super importantes.

 

Na parte máis técnica da charla, explicouse o importante que resulta o tratamento da información na loxística das empresas, na automatización e monitorización dos procesos industriais. Faláronnos das tecnoloxías e metodoloxías de traballo que empregan a diario e de como implementan a trazabilidade dos pedidos que reciben, dende a súa recepción ata o seu reparto e facturación. Salientáronos que os tempos para os clientes son críticos e os números que manexan na súa produción cotiá non serían acadables de non ser pola informática. Amosouse ós alumnos: os sistemas operativos e aplicacións que se usan nun entorno real, bases de datos, linguaxes de programación nos que desenvolven os seus programas, despregue e integración continua de aplicacións e sistemas de control de versións cos que se traballa de forma colaborativa e deslocalizada.

 

Por último, o responsable de recursos humáns, explicounos as actitudes e aptitudes que máis valoraban nos perfís dos candidatos en procesos selectivo.

CURSO AFD

O ENTROIDO EN GALICIA

Laura e Alicia, de 2º ESO, achégannos información e curiosidades sobre o Entroido en Galicia, unha das maiores riquezas do noso patrimonio etnográfico e cultural, que nos permite amosar o mellor da nosa terra.

Animádevos a escoitalo nesta ligazón.

Distribuir contido