FacebookSíguenos en YouTube

Noticias edu.xunta

Galicia é a comunidade autónoma que máis test de cribado da covid-19 fai entre os universitarios

RSS edu.xunta - Mér, 2020-10-21 19:28
Idioma Gallego

Summary: 

Os conselleiros de Educación e Sanidade participaron na sesión da Conferencia General de Política Universitaria e o Consejo Interterritorial de Sanidade A incidencia do virus neste colectivo en Galicia é baixa neste momento, grazas ás medidas adoptadas en colaboración coas tres universidades galegas A Xunta expresou ao Goberno central a súa queixa pola nula preparación da reunión, convocada sen orde do día nin documentación previa, o que impide ter un coñecemento máis obxectivo do estado actual nas distintas comunidades

Os conselleiros de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e de Sanidade, Julio García Comesaña, participaron hoxe na sesión conxunta da Conferencia General de Política Universitaria e o Consejo Interterritorial de Sanidade, onde destacaron que Galicia é a comunidade autónoma que máis test está realizando entre o alumnado universitario.

A través da Consellería de Sanidade, a Xunta de Galicia vén de enviar 50.000 test rápidos de detección da covid-19 aos servizos de prevención das tres universidades galegas, que procederán á realización dos mesmos entre o seu alumnado. Do mesmo xeito, estanse realizando cribados nas residencias universitarias.

Neste sentido, explicouse que a incidencia do virus neste colectivo en Galicia é baixa neste momento grazas ás medidas adoptadas en colaboración coas tres universidades. Non obstante, como constata un informe do Consejo de Estudiantes Universitarios del Estado (CEUNE) exposto polo Goberno central no marco desta xuntanza, fóra das aulas danse comportamentos que non favorecen o control da pandemia.

O Goberno galego expresou, así mesmo, a súa queixa pola nula preparación da reunión de hoxe, convocada sen unha orde do día nin documentación previa, o que impide ter un coñecemento máis obxectivo do estado actual da afectación nas diferentes comunidades autónomas. Desperdíciase así a oportunidade que supoñen este tipo de foros para compartir e consensuar diagnoses e medidas entre territorios e dar unha resposta homoxénea ás incidencias que a actual situación sanitaria está provocando no desenvolvemento do curso.

Ambas Consellerías seguirán reuníndose cada semana como ata agora para analizar e avaliar a situación nos tres campus galegos.

Anticipación e colaboración

A anticipación e a colaboración da Xunta e as tres universidades galegas contribuíu de forma decisiva na escasa incidencia actual da covid-19 no colectivo universitario. Neste sentido, púxose a disposición do Sistema Universitario de Galicia (SUG) unhas Instrucións de previsión de medidas de adaptación das universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso 2020/2021, publicadas o 30 de xuño.

Nelas establecéronse uns requisitos mínimos que garanten a calidade da docencia que neste curso 2020-21, así como unha serie de esixencias hixiénico-sanitarias, tendo en conta os posibles escenarios que defina cada universidade, ocasionados pola evolución da covid-19.

En base a estas instrucións, as tres universidades galegas elaboraron cadanseu Plan de prevención e control sanitario, con medidas adaptadas a cada un dos centros, así como un Plan de continxencia, que figura na guía docente de cada unha das materias incluídas no plano de estudos, onde se establecen as medidas de adaptación aos distintos escenarios previstos, tanto das metodoloxías docentes como dos sistemas de avaliación.

Información xeral Universidade Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Categorías: Noticias edu.xunta

Publicación da resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas

RSS edu.xunta - Mér, 2020-10-21 15:17
Idioma Gallego

Publícase resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas(594). As especialidades convocadas son:

  • CLAVE (594405)
  • CONTRABAIXO (594406)
  • PERCUSIÓN (594422)

 

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ xoves día 22 de outubro ata o día 28 de outubro de 2020, ambos incluídos.

 

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 22 de outubro.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

 

Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberá formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.

 

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Noticias edu.xunta

A Xunta abre o prazo para anotarse nas listaxes de substitución de profesorado en sete especialidades diferentes

RSS edu.xunta - Mér, 2020-10-21 14:07

Summary: 

Terán prioridade á hora da contratación as persoas que conten co Máster do Profesorado ou equivalente Idioma Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se habilita o procedemento para a presentación de solicitudes de inclusión nas listas de interinidades e substitucións dos corpos docentes nun total de 7 especialidades diferentes. No corpo de mestres os candidatos poderán anotarse na especialidade de Lingua estranxeira francés, mentres que na de profesorado de ensino secundario ábrense as listaxes de Lingua castelá e literatura, Francés, Sistemas electrónicos e Sistemas electrotécnicos e automáticos. No caso do corpo de profesores técnicos de formación profesional abriranse as listaxes para as especialidades de Equipos electrónicos e de Instalacións electrotécnicas.

A Consellería abre estas listaxes para atender as necesidades que poidan xurdir ao longo do curso para a contratación de profesorado, de forma concreta nalgunhas especialidades. Tendo en conta o Real Decreto-Lei 31/2020, de 29 de setembro, polo que se adoptan medidas urxentes no ámbito da educación non universitaria, así como a disposición transitoria asinada cos sindicatos ao Acordo do 20 de xuño de 1995, polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto, a resolución publicada no DOG establece a exención temporal do requisito do Máster do Profesorado ou equivalente cando non sexa posible nomear a candidatos que estean en posesión desta formación pedagóxica. Esta medida aplícase só ao actual contexto covid.

Terán prioridade á hora da contratación, en todo caso, as persoas que conten co Máster do Profesorado ou equivalente. De non contar con ela, tal e como establece a disposición transitoria asinada cos sindicatos, deberá realizar a formación que está a deseñar a Consellería a través do Centro Autonómico de formación e Innovación (CAFI). En calquera caso, as persoas que accedan á docencia sen contar co Máster non consolidarán o dereito á prioridade na lista; polo que os dereitos do profesorado quedan plenamente garantidos.

Cómpre lembrar que en Galicia, os procesos selectivos dos últimos anos garanten que hai profesorado ben formado e con coñecementos pedagóxicos; polo que se estima que a contratación de docentes sen máster ou equivalente será residual.

Información xeral Interinidades e substitucións Ensinanzas de réxime xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Profesorado
Categorías: Noticias edu.xunta

Publicación das resolucións pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades dos corpos de mestres, PES e profesores técnicos FP

RSS edu.xunta - Mér, 2020-10-21 10:00
Idioma Gallego

Publícanse resolucións pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades dos corpos de mestres, profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional.

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ xoves día 22 de outubro ata o día 28 de outubro de 2020, ambos incluídos.

Listas convocadas:

1. Corpo de profesores de ensino secundario (590):

  • 590004 Lingua castelá e literatura
  • 590010 Francés
  • 590124 Sistemas electrónicos
  • 590125 Sistemas electrotécnicos e automáticos

2. Corpo de profesores técnicos de formación profesional (591):

  • 591202 Equipamentos electrónicos
  • 591204 Fabricación e instalación de carpintería e moble
  • 591206 Instalacións electrotécnicas

3. Corpo de mestres (597)

  • 597033 Lingua estranxeira francés

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través deste ligazón e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 22 de outubro.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

 

Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberá formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.

 

 

 

 

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Noticias edu.xunta

O Comité Educativo solicitará orientacións específicas que permitan optimizar a ventilación nas aulas

RSS edu.xunta - Mar, 2020-10-20 16:30
Idioma Gallego

Summary: 

Buscaranse propostas de carácter técnico que poidan contar co aval das autoridades sanitarias en base a criterios científicos Román Rodríguez deu conta da creación dun Equipo Covid na estrutura da Consellería que xa está traballando de facto na coordinación dos asuntos relacionados coa pandemia e que exerce de canle de comunicación cos centros e con Sanidade No marco do Comité Educativo tamén se está traballando na creación de comisións provinciais de seguimento ante situacións de absentismo con orixe na covid-19 Informouse ademais da constitución dun grupo de traballo encargado de elaborar as normas propias que se aplicarán en Galicia para corrixir o ‘decreto do aprobado xeral’, co obxectivo de garantir a calidade do sistema educativo galego

O Comité Educativo vai solicitar a elaboración dunhas orientacións específicas de carácter técnico que permitan optimizar a ventilación dos centros escolares, e que deberán estar avaladas polas autoridades sanitarias en base aos criterios científicos.

Ante a dinámica para os próximos meses e conscientes das inquedanzas das familias sobre este asunto, o Comité Educativo debateu esta mañá a necesidade de traballar nunhas pautas de ventilación tendo en conta as características tipolóxicas dos centros escolares.

Se ben no protocolo xeral de inicio de curso xa se indican unhas medidas de ventilación concretas e específicas, agora trátase de desenvolver de xeito máis pormenorizado estas medidas e adaptalas ás distintas situacións metereolóxicas e ás características dos centros educativos.

Equipo Covid da Consellería

Doutra banda, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, deu conta ante o Comité Educativo do funcionamento do Equipo Covid da Consellería, no que se centralizan os asuntos relacionados coa pandemia e que se encarga, entre outras tarefas, da xestión de datos e da coordinación cos centros educativos e con Sanidade.

Este Equipo Covid, segundo matizou o conselleiro, xa existe de facto e leva traballando desde hai semanas, pero agora váiselle conferir unha natureza normativa a través dunha resolución que se publicará nos próximos días. Este equipo Equipo Covid é a canle de información directa dos centros educativos coa Consellería, ao que poderán elevar calquera dúbida, consulta, cuestión ou problemática que xurda respecto á pandemia.

Seguimento de situacións de absentismo

No marco do Comité Educativo tamén se está traballando nunha proposta para crear comisións provinciais de seguimento ante posibles situacións de absentismo con orixe na covid-19.

Nestes momentos o Protocolo marco de inicio de curso xa aborda o proceso de escolarización para o caso do alumnado en situacións de vulnerabilidade, sempre tendo en conta as indicacións médicas.

Non obstante, a Consellería −en liña coas recomendacións do informe da Avogacía do Estado, e atendendo tamén ás demandas dos centros− ve necesario facer un seguimento con especial sensibilidade sobre casos de absentismo derivados do contexto covid, co fin de obter información detallada e tomar as decisións máis axeitadas tendo en conta todas as variables que poden concorrer para cada situación.

De aí que se vaian crear comisións provinciais de seguimento ante posibles situacións de absentismo, que terían por obxecto analizar aqueles casos nos que non houbese unha clara xustificación para as ausencias que descartase a apertura de protocolo de absentismo e a atención por outros medios (virtual ou domiciliara), e valorar a súa evolución, sempre desde una perspectiva educativo-sanitaria e de benestar psicosocial.

Normas propias a prol da calidade

Así mesmo, o conselleiro informou da posición do Goberno galego respecto do Real Decreto Lei do Estado que permite a promoción de curso sen que se teña en conta o número de suspenso.

Tras expoñer a súa preocupación por un texto que pode xerar desigualdade entre o alumnado e que vai en contra dos principios básicos da educación como son o esforzo e a motivación, Román Rodríguez explicou que desde a Secretaría Xeral de Educación formouse un grupo de traballo integrado por docentes, inspectores e orientadores para elaborar unhas normas propias que posibiliten manter a calidade do ensino en Galicia.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade Profesorado Alumnado Familias Centros
Categorías: Noticias edu.xunta

Resolución provisional de centros admitidos e excluídos no Club de Ciencia 2020/21

RSS edu.xunta - Mar, 2020-10-20 13:32
Idioma Gallego

Achégase a Resolución provisional de centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" para centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso 2020/21.

Ábrese un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución neste portal educativo, para realizar reclamacións ou renuncias.

Anuncio principal: 

Convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" para centros docentes públicos durante o curso 2020/21

Tema: 

Plans e actuacións en innovación educativa

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado

Colectivo: 

Centros
Categorías: Noticias edu.xunta

Resolución provisional de centros admitidos en Introdución á robótica educativa en primaria 2020/21

RSS edu.xunta - Mar, 2020-10-20 13:25
Idioma Gallego

Achégase Resolución provisional de centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" para centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso 2020/21.

Ábrese un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución neste portal educativo, para realizar reclamacións ou renuncias.

Anuncio principal: 

Convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" para centros docentes públicos durante o curso 2020/21

Tema: 

Plans e actuacións en innovación educativa

Ensinanza: 

Educación primaria

Departamento: 

Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado

Colectivo: 

Centros
Categorías: Noticias edu.xunta

Publicación da resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual

RSS edu.xunta - Mar, 2020-10-20 09:21
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Convocadas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual

Xúntase a Orde do 9 de outubro de 2020 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual, convocadas pola Orde do 2 de xuño de 2020.

Servizo relacionado: 

FCT

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Formación Profesional Servizo de Orientación Profesional e Relación con Empresas

Colectivo: 

Alumnado Centros Empresas
Categorías: Noticias edu.xunta

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de FP, especialidade de sistemas e aplicacións informátic

RSS edu.xunta - Lun, 2020-10-19 17:56
Idioma Gallego

Resolución do 19 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de sistemas e aplicacións informáticas (591227).

Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas.

 

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Noticias edu.xunta

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de informática

RSS edu.xunta - Lun, 2020-10-19 17:44
Idioma Gallego

Resolución do 19 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de informática (590107).

Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas.

 

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Noticias edu.xunta

Publicación da relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia especialidade de fagot

RSS edu.xunta - Lun, 2020-10-19 17:34
Idioma Gallego

Resolución do 19 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de fagot (594408).

Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas.

 

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas (594)

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas superiores de música

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Noticias edu.xunta

Publicación do procedemento para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade fútbol

RSS edu.xunta - Lun, 2020-10-19 13:35
Idioma Gallego

Xúntase:

  • Resolución do 19 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade fútbol (590701).
  • Modelo de solicitude.

O prazo para formular solicitudes será de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución.

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

File: 

Resolución do 19 de outubro de 2020 Modelo de solicitude

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Noticias edu.xunta

102 Centros educativos participan este curso no programa ‘Biblioteca Creativa’, para fomentar a investigación e a aprendizaxe

RSS edu.xunta - Dom, 2020-10-18 10:07

Summary: 

Do total de centros adheridos, 25 son de nova incorporación mentres que outros 77 renovan a súa continuidade no proxecto nas bibliotecas escolares A través desta iniciativa dirixida a infantil e primaria búscase familiarizar aos máis cativos coa robótica e a linguaxe de programación A Xunta aporta os recursos necesarios, que inclúen a dotación de pequenos robots, os Escornabots, cos que o alumnado pode realizar as actividades Idioma Gallego

Un total de 102 centros educativos de Infantil e Primaria de toda Galicia −25 de nova incorporación e outros 77 que renovan a súa continuidade− participan neste curso no programa Biblioteca Creativa da Xunta de Galicia que ten por obxectivo impulsar, desde a biblioteca escolar, un espazo creativo de aprendizaxes no que o alumnado poida experimentar e investigar con todo tipo de recursos; e para o cal a Consellería de Cultura, Educación e Universidade aporta os recursos necesarios.

Así, segundo a resolución publicada no Portal Educativo, neste curso participarán por primeira vez neste programa un total de 10 novos centros da provincia da Coruña, tres de Lugo, dous de Ourense e 10 de Pontevedra. Ao mesmo tempo, tamén se renova a continuidade no proxecto doutros 77 centros incorporados en edicións anteriores, polo que o total de centros adscritos elévanse a 102, a razón de 38 na provincia da Coruña, 14 en Lugo, 11 en Ourense e 39 en Pontevedra.

Esta iniciativa, −integrada no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares (PLAMBE)−, busca estimular a iniciación do alumnado de Infantil e Primaria no campo da robótica e na linguaxe de programación a través de actividades manipulativas e outras, programadas desde a biblioteca escolar, mediante a utilización de pequenos robots, os Escornabots, deseñados dentro dun proxecto de hardware libre, cunha evolución aberta á comunidade. A través disto búscase ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple, o razoamento lóxico, a aprendizaxe manipulativa, o xogo, a investigación e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado.

Dotación de recursos

Todos os centros de nova incorporación seleccionados reciben directamente no centro os materiais para montar os Escornabots que se incorporan á biblioteca.

Os 77 centros que renovan a súa participación reciben unha asignación para ampliar o proxecto, ben sexa coa dotación dun recuncho creativo dentro da biblioteca con recursos de robótica e impresión 3D; coa adquisición de materiais que faciliten a investigación, a experimentación e a creación de forma creativa, ou a través da formación do alumnado a través de obradoiros relacionados coa creación audiovisual ou outros ámbitos relacionados co programa impartidos por profesionais do eido.

No caso dos centros con un ano de antigüidade no programa, a asignación vai destinada á adquisición dos medios necesarios para introducir a impresión 3D no recuncho creativo da biblioteca escolar. No caso dos centros con dous anos de presenza no programa, a asignación destínase á adquisición de materiais que faciliten a investigación, a experimentación e a creación de forma colaborativa, configurando un ‘espazo creativo’ diverso e axeitado aos intereses da comunidade educativa e ás finalidades do centro; mentres que os centros con tres anos de presenza en Biblioteca Creativa deberán destinar a asignación que reciban da Consellería á formación do alumnado coa realización no propio centro, de obradoiros relacionados coa creación audiovisual ou de calquera outro ámbito presente no ‘espazo creativo’, a experimentación, a robótica, a programación etc., impartidos por profesionais ou persoas experimentadas en cada ámbito. Estes obradoiros poderán ter formato presencial, se as circunstancias sanitarias así o permiten, ou telemático.

No caso dos centros con catro anos de presenza no programa, a asignación deberá destinarse á formación do alumnado coa realización no propio centro de obradoiros e actividades relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030; actividades que deberán ter como referencia o “espazo creativo” da biblioteca.

Listado de centros de nova incorporación ao programa ‘Biblioteca Creativa’:

A Coruña:

Centro

Concello

Provincia

CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro

Capela, A

A Coruña

CEIP Salgado Torres

Coruña, A

A Coruña

CEIP Plurilingüe de Centieiras

Fene

A Coruña

CEIP de Caión

Laracha, A

A Coruña

CEIP Plurilingüe de Louro

Muros

A Coruña

CEIP dos Muíños

Muxía

A Coruña

CEIP Plurilingüe de Outes

Outes

A Coruña

CEIP Plurilingüe Santa María

Pontes de García Rodríguez, As

A Coruña

CEE Manuel López Navalón

Santiago de Compostela

A Coruña

CEIP de Prácticas López Ferreiro

Santiago de Compostela

A Coruña

 

Lugo:

CEIP Plurilingüe Monte Baliño

Pantón

Lugo

CPI Dr. López Suárez

Saviñao, O

Lugo

EEI San Roque

Viveiro

Lugo

 

Ourense:

CEIP Nosa Señora de Xuvencos

Boborás

Ourense

CEIP Plurilingüe do Xurés

Lobios

Ourense

 

Pontevedra:

CEIP Plurilingüe de Castrelo

Cambados

Pontevedra

CEIP Pérez Viondi

Estrada, A

Pontevedra

CEIP Plurilingüe de Chancelas

Poio

Pontevedra

CEIP de Santiago de Oliveira

Ponteareas

Pontevedra

CEIP Nosa Señora dos Remedios

Ponteareas

Pontevedra

CEIP Plurilingüe de Porto Cabeiro

Redondela

Pontevedra

CEIP Plurilingüe Nº 1

Tui

Pontevedra

CEIP Illas Cíes

Vigo

Pontevedra

CEIP Plurilingüe Frián-Teis

Vigo

Pontevedra

CEIP A Lomba

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

 

Información xeral Bibliotecas escolares Ensinanzas de réxime xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade Profesorado Alumnado Familias Centros
Categorías: Noticias edu.xunta

A Xunta convoca os Plans de formación de profesorado de FP en centros educativos

RSS edu.xunta - Sáb, 2020-10-17 10:13
Idioma Gallego

Summary: 

As liñas prioritarias son a innovación científico-tecnolóxica e a innovación didáctica A colaboración con empresas nesta e outras convocatorias contribúe a que a FP atenda mellor as necesidades dos sectores produtivos e a favorecer a inserción laboral dos titulados

A Xunta de Galicia vén de publicar a convocatoria de proxectos de formación do profesorado de Formación Profesional neste curso 2020/21 en centros educativos. O obxectivo é favorecer a innovación nesta etapa educativa, ao tempo que se dá resposta ás necesidades de formación continua destes docentes, a través da actualización e o perfeccionamento das súas competencias profesionais.

A convocatoria deste ano dá prioridade aos proxectos de formación do profesorado que se desenvolvan a través de dúas liñas: a innovación científico-tecnolóxica e a innovación didáctica. Deste xeito facilítase a formación e a planificación precisas para poder elaborar os proxectos de innovación para os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación no ámbito da FP, convocados tamén por esta Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Cómpre salientar, tamén, que tanto esta convocatoria de formación do profesorado como a dos premios aos proxectos de innovación reforza o vínculo entre os centros educativos e o tecido produtivo e empresas, o que repercute positivamente na inserción laboral posterior do alumnado. Ademais, o feito de que as empresas da contorna poidan participar de xeito activo na planificación da formación do profesorado a través desta convocatoria contribúe a que o sistema educativo atenda mellor as necesidades dos diferentes sectores.

Por outra banda, as accións prioritarias desta convocatoria van na liña do obxectivo común formulado polos países da UE no marco estratéxico de educación e formación para 2020: incrementar a creatividade e a innovación, incluído o espírito empresarial, en todos os niveis da educación e da formación; así como mellorar a competencia dixital docente.

Ademais de nas devanditas dúas liñas prioritarias, poderanse presentar proxectos de formación do profesorado arredor da actualización da competencia dixital docentes, do deseño e desenvolvemento curricular no marco do modelo competencia, do plurilingüismo na FP, da organización e xestión, da actualización científica e didáctica do profesorado, da atención á diversidade, convivencia, equidade e igualdade de xénero e da orientación profesional, xestión do talento e emprendemento.

Solicitudes

Poderá participar nesta convocatoria o profesorado de FP dos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade; así como o profesorado destinado noutros centros públicos, sempre que forme parte do cadro de persoal desta mesma Consellería e teña atribución docente nas ensinanzas de formación profesional.

Os proxectos de formación terán unha duración mínima de 20 horas e poderán desenvolverse desde o momento da súa autorización ata o 28 de maio de 2021. O procedemento de solicitude poderá iniciarse a través da aplicación informática FProfe ata o 27 de outubro.

Información xeral Proxectos de formación do profesorado de formación profesional Consellería de Cultura, Educación e Universidade Profesorado
Categorías: Noticias edu.xunta

A Xunta corrixirá en Galicia as debilidades do "decreto do aprobado xeral" do Ministerio de Educación

RSS edu.xunta - Ven, 2020-10-16 19:33
Idioma Gallego

Summary: 

Estanse preparando unhas normas propias de desenvolvemento que permitan preservar a calidade do sistema educativo galego e a cultura do esforzo Para a súa elaboración contarase coa participación da comunidade educativa

A Xunta corrixirá as debilidades do Real Decreto Lei de medidas urxentes no ámbito da educación non universitaria, aprobado polo Congreso dos Deputados, a través da elaboración dunhas normas propias de desenvolvemento. O obxectivo é, dentro da legalidade e das posibilidades desta norma, preservar a calidade e a equidade do sistema educativo galego.

O decreto, unha medida emprendida polo Ministerio de Educación, permite que un alumno poida promocionar de curso sen que se teña en conta o número de materias suspensas. En opinión do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, “esta norma racha coa función do sistema educativo como xerador de igualdade de oportunidades e merma a súa calidade”.

Neste sentido, considera que non ten sentido que o Goberno central decida aplicar ao contexto actual unhas medidas que foron pensadas para a situación excepcional de confinamento e suspensión total das clases presenciais que se produciu nos dous últimos trimestres do curso 2019/20. Tendo en conta que en Galicia se está a aplicar, con carácter xeral e salvo casos moi puntuais, a presencialidade completa no ensino obrigatorio, o axeitado é aplicar uns criterios máis próximos ao labor educativo habitual.

Incertezas nas familias

“O decreto do aprobado xeral xera preocupación e incertezas nas familias e nunha parte significativa da comunidade educativa que percibe que a súa aplicación pode repercutir nunha redución de calidade e a equidade do sistema”, explica.

As normas propias de Galicia materializaranse tecnicamente na elaboración dunhas instrucións. Para a súa elaboración, a Xunta contará coa participación da comunidade educativa a través do profesorado e a Inspección. Nelas, abordaranse cuestións como os criterios de promoción e titulación, así como a valoración do rendemento do alumnado. En calquera caso, terase en conta a posibilidade de adaptar o que se estableza ás circunstancias particulares que se poidan producir ao longo do curso escolar, como por exemplo corentenas de longa duración.

Queixa formal á ministra

O conselleiro Román Rodríguez xa enviou unha queixa formal á ministra de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá, na que se lamentaba a toma desta decisión de forma unilateral e sen abordala previamente coas comunidades autónomas.

Na carta remitida indicábaselle á ministra que posibilitar que un alumno pase de curso sen importar o número de suspensos “desprestixia a propia educación e o traballo de docentes e familias, vai en contra da cultura do esforzo e é profundamente antiequitativo”. Así mesmo, facíase fincapé no risco de “crear desigualdades entre o alumnado en función do seu lugar de residencia, xerando inseguridade xurídica e confusión normativa”; máis tendo en conta que Galicia conta cun dos sistemas educativos máis equitativos e inclusivos do Estado a día de hoxe.

Información xeral Ensinanzas de réxime xeral Educación das persoas adultas
Categorías: Noticias edu.xunta

Resolución provisional de centros admitidos e excluídos no Club de Letras 2020/21

RSS edu.xunta - Ven, 2020-10-16 15:02
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución provisional do 16 de outubro de 2020 dos centros centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa "Club de Letras" para centros públicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no curso 2020/21.

Anuncio principal: 

Convocada a participación no programa de innovación educativa “Club de Letras” para centros docentes públicos durante o curso 2020/2021

Tema: 

Plans e actuacións en innovación educativa

Ensinanza: 

Educación primaria Educación secundaria obrigatoria Bacharelato

Departamento: 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín
Categorías: Noticias edu.xunta

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de francés

RSS edu.xunta - Mér, 2020-10-14 19:50
Idioma Gallego

Resolución do 14 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de francés (590010).

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Noticias edu.xunta

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de lingua galega

RSS edu.xunta - Mér, 2020-10-14 19:45
Idioma Gallego

Resolución do 14 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de lingua galega e literatura (590053)

 

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Noticias edu.xunta

A Xunta ofrece formación sobre a covid-19 ao persoal non docente dos centros educativos

RSS edu.xunta - Mér, 2020-10-14 16:08

Summary: 

Vai dirixida ás persoas que desempeñan labores nos centros, co fin de darlles pautas en cuestións como a hixiene e a limpeza nesta situación A acción enmárcase no Plan de Continxencia para a Educación non presencial e semipresencial Idioma Gallego

A Xunta de Galicia está a ofrecer formación, a través do webinario sobre Medidas hixiénicas de prevención ante a covid-19 nos centros educativos, dirixida a persoal non docente. Os destinatarios desta acción son as persoas que desempeñan labores non docentes nos centros educativos, calquera que sexa a súa función.

A oferta desta formación púxose en coñecemento destas persoas a través dos centros nos que traballan, por exemplo persoal de limpeza e comedor. Ademais, a formación queda gravada e porase a disposición da comunidade educativa.

No webinario ofréceselle aos participantes formación arredor do Manual Covid de Hostalaría e Turismo na súa aplicación aos centros educativos, e dicir, desde a óptica do protocolo xeral e de comedores. Así mesmo, no referido aos protocolos de hixiene e limpeza, a formación segue as previsións establecidas con carácter xeral para os establecementos de hostalaría e restauración. A relatora do webinario é a bióloga especialista en microbioloxía e formadora do Centro Superior de Hostelería de Galicia nestas cuestións para o sector turístico e hostaleiro, Yolanda Torres Corral.

Esta acción formativa enmárcase no eixo 3, dirixido aos centros, do Plan de Continxencia para a Educación non presencial e semipresencial, no que se establecía que desde a Xunta se ofertará formación arredor das necesidades derivadas da pandemia da covid-19 para toda a comunidade educativa.

Información xeral Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas Consellería de Cultura, Educación e Universidade Centros
Categorías: Noticias edu.xunta
Distribuir contido