A continuación aparecen as listaxes dos titores/as do curso 2024-2025 así como a hora de atención a nais, pais, titores/as legais e ao alumnado de todo o profesorado do Centro.
Lembramos que para falar cos titores/as deberán pedir cita previa da forma que eles mesmos o indicaron na clase.
Referencias actualizadas sobre as probas de ABAU (antigas PAU):
Portal Educativo da Xunta de Galicia
Páxina da CIUG onde se van incorporandoando toda a información sobre matrícula, calendario, convocatorias, estrutura das probas, cualificacións...
Dende o IES, queremos felicitar á nosa alumna Mencía Reborido Fuentes, de 4º da ESO, que vén de acadar unha das becas da Fundación "Amancio Ortega", a cal lle permitirá cursar o vindeiro ano o 1º de Bacharelato en Canadá.
A nosa noraboa por ese logro.
Tedes aquí a noticia do Xornal.
¡ACTUALIZACION!
Admisión de alumnos nos Centros Públicos de Galicia:
Foi publicada a Orde no DOG do 1 de febreiro de 2017. A novidade deste ano é que tamén se pode facer de xeito telemático: https://www.edu.xunta.es/
O prazo comprende do 1 ao 15 de febreiro.
Adxuntamos os seguintes arquivos en referencia á admisión:
Este ano celebramos o 20 aniversario da creación do IES Maximino Romero de Lema. Actividades Culturais a feixes e momentos de encontros inesquecíbeis.
Así pois, queremos facer un acto de confraternización o vindeiro sábado 20 de xuño na Carballeira do Instituto. Un xantar para xuntarnos e gozar da amizade.
Un día para celebrar, coas portas abertas, que somos unha Comunidade Educativa que durante estes 20 anos tentou formar persoas críticas e construtivas.
V Concurso Europeo de Marcapáxinas
O xurado do V Concurso Europeo de Marcapáxinas acordou conceder un Accésit á alumna de 1º Ciclo de Sistemas Microinformáticos e Redes, Noemi Caramés Castro, polo seu marcapáxinas elaborado dentro do proxecto eTwinning Letras Galegas 2015 - Homenaxe a Rosalía de Castro.
Ao concurso presentáronse case 300 marcapáxinas a través do proxecto eTwinning Letras Galegas 2015 – Rosalía de Castro, que ten outras actividades como gravación de vídeos, curso de galego, cronoloxía e tradución de obras de Rosalía e de outros autores como o portugués Fernando Pessoa e o xenovés Edoardo Firpo.
Noraboa Noemi!!