FacebookSíguenos en YouTube

SEMANA BRANCA - ANDORRA 2024

Dende o Departamento de Educación Física organizouse do 27 de xaneiro ao 3 de febreiro unha excursión á neve, a Andorra, para o alumnado de 1º Bacharelato.

 

Un total de 17 alumnos/as, acompañados da profesora de Educación Física Mercé Barrientos e do profesor de Música Alberto Coya, desfrutaron e gozaron desta actividade aprendendo nuns casos e perfeccionando noutros as técnicas de esquí e snowboard...

 

Unha viaxe que resultou moi gratificante, que lles permitiu achegarse a unha práctica deportiva non moi habitual na nosa contorna, e que de seguro todo o alumnado está desexando repetir.

 

No seguinte enlace do noso facebook tendes unha pequena mostra do ben que o pasou o alumnado.

https://www.facebook.com/story.php?story_fbid=2363129067219485&id=100005672435517&mibextid=WC7FNe

 

Achegámonos ao mundo dos trasplantes de órganos e tecidos

O pasado venres tivemos a oportunidade de achegarnos ao mundo dos trasplantes de órganos e tecidos da man de Valentina Fernández López, da Coordinadora de Trasplantes do CHUAC.  Este tratamento, complexo, solidario, sen alternativas e eficaz, atraiu a inquietude dos seres humanos xa desde a antigüidade, pero foi nos últimos 70 anos, a partir do primeiro trasplante exitoso a un ser humano en 1954, cando se desenvolveu e perfeccionou ata como o coñecemos actualmente, en que ata 7 persoas se poden beneficiar dun único doante óptimo de órganos (corazón, rinles, pulmóns, fígado, páncreas, intestino), ademáis das múltiples que se poden beneficiar dos tecidos (sangue, córneas, ósos, arterias, pel, válvulas cardíacas, amnios).

Valentina Fernández explicounos, despois dun breve repaso histórico, cales son os aspectos legais, os procedementos e criterios para a selección dos receptores, como se realiza un operativo dun transplante, no que poden estar implicadas arredor de 100 persoas, detalles e exemplos dos trasplantes de certos órganos e tecidos e unha serie de datos sobre a taxa de doantes, nos que Galicia destaca sobre o resto de España e, sobre todo, sobre os datos da Unión Europea e de outros países do mundo.

Finalmente, tratouse unha pequena aproximación ao futuro dos trasplantes:  órganos artificiais, trasplantes de animais a persoas, clonación, novos inmunodepresores, etc.

E rematamos cunha reflexión obvia pero absolutamente fundamental:  sen doante non hai trasplante.

INTELIXENCIA EMOCIONAL E SOCIAL NO FUTURO PROFESIONAL

Dentro das actividades organizadas pola Aula de Emprendemento, estiveron con nós, Carmen Vázquez de Prada e Teresa Molezún de CATEMO Consulting, S.L., impartindo dous obradoiros: Intelixencia emocional e social no meu futuro profesional, para os alumnos de 1º e 2º ano do CM de Sistemas Microinformáticos e Redes, SMR.
Estas expertas asesoran a diversas empresas nas definicións das estratexias e plans de acción para o desarrollo das personas e xeneración de contextos de crecemento, buscando alcanzar os obxectivos das sociedades.
Os obradoiros foron moi participativos e dinámicos, activando os aspectos emocionais da rapazada, á vez que descubrían as súas fortalezas. Aproveitaron para focalizar o seu traballo, nos aspectos diversos dos Currículums Vitae e cómo darlle máis valor, nun proceso de selección.

MENCIÓN AO MÉRITO DEPORTIVO PARA A NOSA COMPAÑEIRA MERCÉ BARRIENTOS POR PARTE DA XUNTA DE GALICIA

A nosa compañeira e profesora de Educación Física, Mercé Barrientos, vén de recibir por parte da Xunta de Galicia, a distinción ao mérito deportivo en recoñecemento do labor e traxectoria no ámbito deportivo de Galicia, así como pola contribución ao fomento do deporte na nosa Comunidade.

Foi pioneira entre outras cousas, no taekwondo feminino en Galicia, presidenta da Federación Galega, impulsora da MUDEGA (Mulleres Deportistas Galegas) e dirixiu a Unión de Federacións Deportivas galegas.

Recibirá esta máxima condecoración do deporte a nivel autonómico o martes 30 de xaneiro nunha gala que se celebrará no Teatro Jofre de Ferrol.

Moitos parabéns Mercé por este máis que merecido recoñecemento. É unha honra para esta Comunidade Educativa contar con profesionais de tan alta cualificación e que ao mesmo tempo demostran un gran compromiso e entusiasmo co seu labor, transmitindo e exemplificando co deporte os valores que farán do alumnado unhas cidadás e cidadáns competentes e responsables consigo mesmo e co seu contorno.

Outras saídas profesionais

O pasado venres, día 19 de xaneiro do 2024, estiveron con nos os militares de carreira: a Capitán. Dna. Angela Diaz del Rio. Pertencente aos  Corpos Comúns. Psicologa, o Brigada,  Raul Peñalver, pertecente ao Exército de Terra e o Brigada, D. Alberto Prados, pertecente á Armada. O motivo da súa visita é a de presentar a rapazada de 4º de ESO e a de CM, 1º SIMIRE, as saídas profesionais que as Forzas Armadas ofertan para especialistas.
As posibilidades de traballo son innumerables, presentaron as máis de cen operacións internacionais nas que cooperamos coas Institucións Internacionais para a protección dos Dereitos Humáns e Civís. As dificultades  ao acceso a este Servizo Público son as grandes descoñecidas, polo que é necesario a súa comunicación e posta en valor. Aproveitamos para coñecer de primeira man, as vivencias nas que nos mergullaron tanto a oficial como os brigadas. Salientaron a incorporación feminina as Forzas Armadas, cousa que é interesante, xa que en comparación coas Forzas Armadas dos países do entorno, teñen o maior índice porcentual e absoluto.
As categorías de acceso, sobre as que versaron as charlas, foron as de oficiais, suboficiais, tropa e marinería. Un ano máis as notas de corte para o acceso a oficial e suboficial, no pasado reemplazo, aproxímanse as de graos universitarios con moita demanda e escasa oferta. 
Xa por último, falamos sobre os salarios esperables para un oficial, suboficial, tropa ou marinería nobeis, no seu primer destino. Despedímonos mostrando os grandes murais representativos do noso IES, os cais os sorprenderon e alabaron.

Grazas, moitas grazas por vir. Foi un rato agradable, que nos achegan máis as nosas institucións constitucionais e aos seus servizos. 

O CLUB DE LECTURA BAIOLENDO NA RADIO GALEGA

Onte, día 25 de xaneiro, a nosa compañeira e coordinadora do Club de Lectura Trini López participou no debate do programa da Radio Galega Como que non, dentro da Crónica 20h., sobre as novas medidas anunciadas polo Goberno Central para a mellora da competencia lectora do alumnado.

Destacou a necesidade do fomento da lectura nun momento no que todo está moi dixitalizado e na importancia de seguir apostando polos clubs de lectura como forma de aprender, de coñecer, de achegarse a universos distantes, pero tamén como un espazo onde relacionarse, onde cadaquén achega o seu punto de vista respectando o dos demais e enriquecendo a lectura persoal previa.

Asemade, incidiu no importante labor que está a facer tanto a Biblioteca e, desde fai uns dez anos, o Club de Lectura do noso Centro no desenvolvemento da comprensión lectora e na mellora da súa competencia entre o alumnado.

Podemos escoitar a súa intervención no seguinte enlace.

MULLERES DO MEDIEVO GALEGO

Dende o 15 e ata o 26 de xaneiro, temos na entrada principal do Centro a exposición "Mulleres do medievo galego". Consta de 21 paneis, o primeiro introdutorio e o resto son dez láminas ilustradas e os 10 respectivos textos onde as protagonistas son dez mulleres da nosa historia: Dona Urraca, María Castaña, Lupe Pérez de Traba, Inés de Castro, Maior Guntroda Rodríguez, Aldonça I e Sancha II , Ilduara Eriz, Sancha I ,Tareixa de León e María Peres, A Balteira.

As ilustracións están feitas por 5 ilustradoras galegas; Iria Fafián, Laura Romero, María Montes, Minia Regos e Nuria Díaz.

Con esta exposición, a área de Igualdade da Deputación da Coruña procura dar unha maior difusión a mulleres da nosa historia que foron invisibilizadas e tamén a mulleres artistas actuais non sempre o suficientemente coñecidas.

Dende o Centro queremos agradecer todas estas iniciativas a prol dunha sociedade igualitaria inclusiva e diversa, “unha medida de actuación estratéxica para promover na sociedade un pensamento crítico sobre as desigualdades de xénero, sobre a desaparición das mulleres da esfera pública ao longo da historia, mais tamén na posta en valor do papel das mulleres artistas na sociedade actual”.

Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais

O martes 23 de Xaneiro o alumnado de 2º e 3º da ESO asistiu ao obradoiro «Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais» impartido por David Bascoy. Este obradoiro ten como obxectivo capacitar ós rapaces no uso seguro e responsable das TIC.

Durante a sesión introdúcense os aspectos máis relevantes para garantir que os mozos comprendan a importancia de construír unha presenza en liña positiva e protexer a súa privacidade no mundo dixital proporcionándolles as pautas mais relevantes para crear, manter e configurar perfís seguros nas redes sociais.

Distribuir contido