FacebookSíguenos en YouTube

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO NO IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA

Unímonos á celebración do Día de Rosalía, facéndolle así unha homenaxe á nosa escritora galega máis universal, a través das seguintes actividades:

Exposición colocada na entrada principal do Centro, realizada polo voluntariado da Biblioteca e o alumnado do Club de Lectura. O máis destacable desta exposición é un carboncillo do rostro de Rosalía feito polo alumno do club de lectura de 1º ESO, Damián Fernández Miñones. Esta composición está acompaña dunhas flores simétricas realizadas polo voluntariado da Biblioteca en colaboración co Departamento de Matemáticas e coa obra literaria de Rosalía.

- Elaboración dun podcast e un vídeo por parte do alumnado de 1º ESO e do Club de Lectura no que se recitan poemas de Rosalía. En relación ao poema Miña casiña, meu lar, este alumnado participou na actividade organizada pola Fundación Rosalía de Castro, “Caldo de Gloria”, facendo fotografías do caldo humilde relatado neste poema e que fixeron nas súas casas.

Elaboración dunha breve biografía da autora homenaxeada así como uns poemas musicados.