Skip to Content

Actividade

Die Schultüte

Die Schultüte

Unha Schultüte é un cono de cartón ou cartulina cheo de caramelos, doces, xoguetes e outras sorpresas.

En Alemaña é tradición que os pais llelo regalen aos seus fillos e fillas o primeiro día da escola. A tradición remóntase ao século XIX e orixinouse nas rexións nas rexións de Turinxia e Saxonia.

Estes cornetes están feitos de cartón, papel de seda, etc e adoitan ser moi coloridos, con debuxos e cintas de cores.

Unha vez feitas as presentacións nas aulas permíteselles ás nenas e nenos abrir os seus cornetes e ver as sorpresas.

Ë moi habitual facer unha foto a cada neno e nena coa súa Schultüte como recordo do primeiro día do curso escolar.

Aquí no noso instituto, fannos o alumnado de 1ºESO para celebrar o seu “primeiro día” de contacto co alemán.

Willkommen! Benvidos!!!

Álbum: Actividades 23/24 -> Die Schultüte

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Laternenfest o Sankt Martinsumzug

 

O 11 de novembro é un día importante en moitas zonas de Alemania, Suiza e Austria.

Celébranse tres eventos sinalados: O San Martiño (Sankt Martin), a próxima chegada do Nadal e o inicio do Entroido (Fasching/Karneval), que empeza o día 11 do 11 as 11:11hrs.

 

 

 

 

 

 

Neste día organizase un desfile polas rúas de ciudades e vilas (Laternenumzug) na que rapaces e rapazas levan os seus farois, normalmente feitos manualmente por eles mesmos, e cantan cancións típicas desta festa: “Laterne, Laterne, Sonne, Mond und Sterne”, “ Ich gehe mit meiner Laterne und meine Laterne mit mir”.

 

 

 

 

 

 

 O alumnado de alemán de 1ºESO A contribúe a celebración deste día no IES Lucus Augusti elaborando os seus propios faroliños.

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut