NOVAS   BOLSA DE EMPREGO   ACTIVACIÓN ABALAR

 Convocado o concurso Eduemprende Idea 2024.

Dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño.

 https://www.edu.xunta.gal/fp/convocatoria-concurso-eduemprende-idea-2024

Aberto o prazo de matrícula para o curso AFD Transporte Sanitario.

Para mais infomación consultar:

 http://www.edu.xunta.gal/fp/afd

 

 

 Acceso á bolsa de emprego do Centro Integrado de FP Leixa 

Todo o estudantado debe activarse na aplicación Abalar ou en AbalarMóbil

    SECRETARÍA VIRTUAL    
    ACCESOS RÁPIDOS    
SERVIZOS VIRTUAIS XESTIÓN EDUCATIVA
    LIGAZÓNS DE CENTRO    
INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN WEBS CIFP LEIXA
    LIGAZÓNS EXTERNAS    
    SERVIZOS EDUCATIVOS    
       
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blogues

Modificación do calendario escolar para o curso 2022-2023

Modificación do calendario escolar para o curso 2022-2023 -

Publicada a Orde do 27 de decembro de 2022 de modificación da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Pode consultarse o novo calendario de avaliacións na seguinte ligazón:

Admisión a ciclos formativos.

O PROCESO DE ADMISIÓN EN FORMACIÓN PROFESIONAL

Para estudar formación profesional, tanto no réxime ordinario como no de persoas adultas nos centros docentes sostidos con fondos públicos, é necesario participar nun proceso de admisión.

Este proceso determina os requisitos de acceso que deben cumprir os solicitantes, así como os prazos de presentación de solicitudes e matrícula.

  • O prazo de inscrición para o curso 2023-2024 é do 23 de xuño ás 13.00 horas do 5 de xullo. Neste período, as persoas interesadas deben presentar unha solicitude de admisión a través dun programa en liña propio da Consellería, que centraliza todas as solicitudes.

Toda a información sobre o proceso de admisión e matrícula pode consultarse na web de formación profesional.

 

MATRÍCULA:

A aplicación informática Ciclosadmisión permite o acceso a todas as persoas con solicitudes validadas. Deste xeito, as persoas participantes no proceso de admisión a ciclos formativos de Formación Profesional poden ser usuarios externos da aplicación informática e acceder a determinados servizos en liña relacionados co proceso de matrícula.

As persoas que realicen a matrícula/reserva vía web NON TERÁN QUE FORMALIZAR NINGÚN DOCUMENTO NO CENTRO DE FORMA PRESENCIAL, PERO DEBERÁN ACHEGAR O XUSTIFICANTE DE TER ABONADO O SEGURO ESCOLAR ANTES DO COMEZO DAS CLASES (PODE FACERSE NA PRIMEIRA SEMANA DE SETEMBRO).

No caso de facer a matrícula presencial no centro, a documentación que hai que aportar é a que segue.

  • CICLOS FORMATIVOS:

    • Sobre e impreso de matrícula (recóllese na conserxería nos prazos de matrícula).

    • Fotocopia do DNI

    • Certificado dos estudos alegados, se non se achegaron coa solicitude no CIFP Leixa

    • Recibo de ter abonado o seguro escolar (agás exentos/as). O seguro é de 1,12 € a ingresar na conta de //ABANCA ES54-2080-0233-12-3040010608.

    • O alumnado do CIFP Leixa que promociona de 1º a 2º debe achegar o boletín de cualificacións.

 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2020-2021. Listaxe 1ª adxudicación ordinaria

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2020-2021. Listaxe 1ª adxudicación ordinaria -

Publicada a listaxe da 1ª adxudicación ordinaria para as probas libres para a obtención de títulos de FP (LOE).

- Máis información

 

Instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos no curso 2020-2021

Instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos no curso 2020-2021 -

Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2020-2021.

Admisión a ciclos formativos. 1ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2020

Admisión a ciclos formativos. 1ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2020 -

Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais, por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmision.

Réxime ordinario

prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 21 de xullo ata as 13:00 horas do luns 27 de xullo de 2020. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Tamén se poderá solicitar matrícula na praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

Para realizar presencialmente a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada

Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior

  • Listaxes de espera

- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior

(As listaxes de espera do réxime ordinario só están activas durante o período de matriculación da adxudicación)

Réxime para as persoas adultas

prazo de matrícula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue desde o martes 21 de xullo ata as 13:00 horas do luns 27 de xullo de 2020. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

Para realizar presencialmente a matrícula en módulos adxudicados do réxime para as persoas adultas empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

Para as persoas con praza adxudicada no réxime para as persoas adultas, tanto na modalidade a distancia como na modalidade presencial, poderase facer reserva de matrícula vía web. Pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.

 

Modalidade presencial

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

Listaxe nos módulos de grao medio
Listaxe nos módulos de grao superior

   

Modalidade distancia

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

Listaxe nos módulos de grao medio
Listaxe nos módulos de grao superior

Calendario do proceso de admisión a ciclos de formación profesional e de FP dual. Curso 2020/2021

Calendario do proceso de admisión a ciclos de formación profesional e de FP dual. Curso 2020/2021 -

Publicado os calendario do proceso de admisión a ciclos de formación profesional e de FP dual para o curso 2020/2021.

Máis información:

 

Nota informativa sobre a Resolución do 22-05-2020 pola que se reinicia a actividade lectiva presencial

Nota informativa sobre a Resolución do 22-05-2020 pola que se reinicia a actividade lectiva presencial -

A os ciclos formativos establecidos ao abeiro da Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo, dunha duración inferior a 2.000 horas, que se impartan no réxime ordinario, e por tanto que non contan con docencia presencial no centro educativo no próximo curso, seralles de aplicación o apartado 2.2.1, no que se refire a establecer un horario para a atención presencial do alumnado.

 

Novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior. Convocatoria 2020

Novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior. Convocatoria 2020 -

Publicada a Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo.

A resolución establece novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior.

 

Listaxe provisional de centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum

Listaxe provisional de centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2019/2020 -

Iniciar sesión

Powered by Drupal - Design by artinet