NOVAS    

31.03.2023  

ESPAZO CARDIOPROTEXIDO: O CIFP Leixa dispón de DESA rexistrado.

31.03.2023

Debido a realización de obras de mellora e mantemento, o centro permanecerá pechado ata o 11 de abril

24.03.2023  

Becas e axudas a estudantes de ensino postobrigatorio. O prazo de solictude estará aberto entre o 27 de marzo e o 17 de maio de 2023.

23.03.2023  

O CIFP Leixa está en FP Innova

ACTIVACIÓN ABALAR

Todo o estudantado debe activarse na aplicación Abalar ou en AbalarMóbil

    SECRETARÍA VIRTUAL    
    ACCESOS RÁPIDOS    
SERVIZOS VIRTUAIS XESTIÓN EDUCATIVA
    LIGAZÓNS DE CENTRO    
INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN WEBS CIFP LEIXA
     
    LIGAZÓNS EXTERNAS    
 
    SERVIZOS EDUCATIVOS    
 

Novas da Consellería

Distribuir contido
Actualizado: hace 4 horas 52 min

A Xunta e os sindicatos do ensino asinan un acordo para axilizar a cobertura das interinidades e substitucións

Ven, 31/03/2023 - 13:10

Summary: 

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asiste á sinatura dunha nova addenda que se adapta aos últimos lexislativos

Medran os dereitos relativos á conciliación da vida laboral e familiar á hora de poder renunciar aos chamamentos

Evítase que as persoas que figuraban nas listaxes do corpo de profesores técnicos de FP saian do sistema, establecendo o seu paso directo ás listas que correspondan

Establécese unha formación inicial obrigatoria para o persoal interino e substituto cando sexa nomeado por primeira vez, que inclúe prevención de riscos laborais

Idioma Gallego

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e as organizacións sindicais do ensino asinaron esta mañá un importante acordo para melloras as condicións de acceso e traballo do persoal docente interino e substituto na nosa Comunidade. O conselleiro Román Rodríguez asistiu esta mañá ao acto de formación deste acordo, que consolida a Galicia como unha das CCAA que máis e mellores garantías ofrece a este persoal docente.

O novo texto avanza no referido á axilidade na cobertura das interinidades e substitucións e adáptase aos últimos cambios lexislativos. Ademais, medran os dereitos relativos á conciliación da vida laboral e familiar á hora de poder renunciar aos chamamentos e, en xeral, amplíanse os supostos para rexeitar un posto sen perder orde de lista, modificando os relativos á ampliación de estudos e incorporando o de estar traballando por conta propia

Asinaron o documento, ademais do director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, José Manuel Fuentes Fariña, en representación de Comisións Obreiras; Julio Díaz Escolante, en representación de ANPE; Sandra Montero Nogareda, en representación da UGT, e José Carlos Fernández Balado, en representación da Central Sindical Independente e de Funcionarios.

Novo baremo

No referido á cobertura das vacantes, establécese un sistema máis rápido de baremación das correspondentes listas, cando sexa necesaria a súa convocatoria por esgotarse as dispoñibles. Neste sentido, logo de comunicación ás organizacións sindicais, procederá a abrir un prazo de solicitudes, aplicándose como baremo a nota media da titulación exixida para cada especialidade para a incorporación ás listas de interinidades e substitucións. Ata o momento empregábase como baremo o publicado na fase de concurso do último concurso-oposición convocado.

No suposto de extrema urxencia, a Administración educativa poderá realizar os chamamentos para a cobertura das interinidades e substitucións, utilizando a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, por orde de puntuación.

Posibilidades de renuncia

O acordo inclúe, por outra banda, máis supostos para a renuncia sen perder orde de lista. Deste xeito, amplíanse as prazas de aceptación voluntaria para o profesorado, incorporando os centros de menores e as prazas de atención domiciliaria.

Tamén no apartado relativo ás renuncias, medran os dereitos relativos á conciliación da vida familiar e laboral, adaptándose ao xa establecido na regulación das comisións de servizos por este motivo de conciliación da vida familiar e laboral, e modifícanse os supostos que permiten acollerse á ampliación de estudos. Asemade, a posibilidade de acollerse a non prestar servizos por motivos de contrato de traballo adáptase á nova normativa do Estatuto dos Traballadores e incorpóranse os traballadores por conta propia. Neste último caso deberá acreditarse esta situación mediante a alta no Réxime Especial de traballadores por conta propia ou autónomos durante un período mínimo de seis meses anterior ao chamamento.

Tamén poderá alegar non ser chamado o persoal que xustifique estar impartindo cursos de formación relacionados coa lingua galega ofrecidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Profesores técnicos de FP

No que atinxe á adaptación aos cambios lexislativos, determínanse que prazas se consideran non estruturais nos centros educativos, dado que non lle será de aplicación a limitación temporal de tres anos para o nomeamento de persoal interino, contida no Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Emprego Público.

Ademais, despois de que a LOMLOE declarara a extinguir o corpo de profesores técnicos de FP, garántese a continuidade do persoal interino nas correspondentes listas, evitando así que persoas que levan anos no sistema educativo saian del.

Deste xeito, as persoas que figurasen na lista do corpo a extinguir pasarán agora ás do corpo de profesores de ensino secundario ou no novo corpo de profesores especialistas en sectores singulares da Formación Profesional, na mesma orde que tiñan ata o momento. Tamén se garante a provisión de postos de traballo do profesorado do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de Formación Profesional, que concorreran ás mesmas prazas cos catedráticos e profesores de ensino secundario, ou do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP, en función das especialidades.

Finalmente, establécese unha formación inicial obrigatoria para o persoal docente interino e substituto cando sexa nomeado por primeira vez, que incluirá formación en prevención de riscos laborais. O curso, de 30 horas de duración, poderá rematarse voluntariamente aínda no suposto de que a persoa interina ou substituta cese antes da súa finalización.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Convocatoria para a incorporación de novos centros ao bacharelato de especialización en idiomas (Pluribach), para o curso 2023/2024

Ven, 31/03/2023 - 09:02
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 24 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2023-2024.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de abril de 2023.

File: 

Resolución do 24 de marzo de 2023 Resolución do 27 de marzo de 2023 (DOG)

Tema: 

Plurilingüismo Programas e plans Centros plurilingües

Ensinanza: 

Bacharelato

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín Linguas estranxeiras

Convocatoria para a incorporación de novos centros ao programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2023/2024

Ven, 31/03/2023 - 09:01
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 24 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula o programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2023-2024.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de abril de 2023.

File: 

Resolución do 24 de marzo de 2023 Resolución do 27 de marzo de 2023 (DOG)

Tema: 

Plurilingüismo Programas e plans Centros plurilingües

Ensinanza: 

Educación infantil

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín Linguas estranxeiras

Convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2023/2024

Ven, 31/03/2023 - 09:00
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 24 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2023-2024.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de abril de 2023.

File: 

Resolución do 24 de marzo de 2023 Resolución do 27 de marzo de 2023 (DOG)

Tema: 

Plurilingüismo Programas e plans Centros plurilingües

Ensinanza: 

Educación primaria Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín Linguas estranxeiras

A directora xeral de Innovación Educativa da Xunta destaca o dinamismo do CEIP Plurilingüe da Laxe (Marín), que se suma aos Polos Creativos

Xov, 30/03/2023 - 16:34

Summary: 

Salienta as posibilidades que estes espazos supoñen para que o alumnado desenvolva as súas competencias STEM

Idioma Gallego

A directora xeral de Ordenación e innovación Educativa, Judith Fernández, participou na inauguración do Polo Creativo do colexio CEIP Plurilingüe da Laxe, en Marín. A representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades salientou as posibilidades que estes espazos supoñen para que o alumnado desenvolva as súas competencias STEM (Ciencia, Tecnoloxía e Matemática), así como habilidades como a co-creación, a solución de problemas reais e o pensamento de deseño e habilidades.

Así mesmo destacou o dinamismo deste centro que, ademais de neste programa, participa noutros como E-DixgalRadio na Biblio, o Plan Proxecta ou Observa_Acción, entre outras iniciativas.

O de Marín forma parte do total de 225 Polos Creativos implantados por primeira vez no presente curso (218 en colexios e institutos e sete nos Centros de Formación do Profesorado das catro provincias), aos que o Goberno galego destina un orzamento de 8M€.

Para isto habilítase un espazo físico específico, unha organización didáctica e a dotación de equipamento especializado para configurar, en cada colexio ou instituto, un centro de actividades que busca incrementar as competencias dixitais e científico-tecnolóxicas do alumnado.

No caso do CEIP Plurilingüe da Laxe, organizaron o Polo Creativo en tres espazos diferenciados: manipulativo, robótico e audiovisual. Están dotados con material especializado, como impresora 3D, diferentes construcións, plotter, pantalla interactiva, croma, radio, audiovisuais, diferentes tipos de robots... Con estes espazos e esta dotación de recursos o alumnado pode realizar prácticas de investigación e experimentación cunha visión ampla do coñecemento e dos retos dos campos do saber: desde as humanidades, ás matemáticas, pasando pola arte ou as ciencias sociais e naturais.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Carnés profesionais. Listaxe provisional de solicitudes. Primeira convocatoria 2023

Xov, 30/03/2023 - 15:19
Idioma Gallego

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas da primeira convocatoria 2023 de probas de carnés e habilitacións profesionais, así como unha actualización da nota informativa.

Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 13 de abril de 2023.

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación Profesional

Colectivo: 

Alumnado Centros Empresas

Resolución pola que se designan os membros e se fai pública a composición do xurado de selección dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior 2021-2022

Xov, 30/03/2023 - 10:39
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 21 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do xurado que seleccionará, analizará e valorará as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2021/22.

Anuncio principal: 

Convocatoria dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2021/22

Servizo relacionado: 

Premios ao alumnado

Tema: 

Axudas e premios Premios autonómicos

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Avaliación do Sistema Educativo

Colectivo: 

Alumnado Familias Centros

Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se ten por desistidas da súa petición ás persoas aspirantes que non tiveran formulada reclamación ou non emendaran a súa solicitude de participación

Xov, 30/03/2023 - 10:10
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 30 de marzo de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se ten por desistidas da súa petición ás persoas aspirantes que non tiveran formulada reclamación ou non emendaran a súa solicitude de participación no prazo establecido para estes efectos nos procedementos selectivos de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 5 de decembro de 2022 e anunciada mediante Resolución do 12 de decembro de 2022 (DOG n.º 242, do 22 de decembro).

De conformidade coa disposición terceira desta, contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun (1) mes a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no portal de Internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses a contar desde a mesma data ante o xulgado do contencioso administrativo que sexa competente de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Anuncio principal: 

Concurso-oposición aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de EOI, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres

Servizo relacionado: 

Oposicións

Tema: 

Programas e plans Oposicións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

O coñecemento dixital, a igualdade, a educación emocional e as competencias laborais, principais eixos do novo modelo de competencias profesionais docentes que impulsa a Xunta

Mér, 29/03/2023 - 17:57

Summary: 

Román Rodríguez salienta que se busca “achegar un maior valor engadido” ao modelo “de éxito” galego mediante profesorado formado na excelencia para afrontar as demandas sociais de futuro

O novo marco recolle a formación a escala inicial, que reciben os docentes nas distintas facultades de Ciencias da Educación, e a formación continua e a reciclaxe e a adaptación constante no día a día de exercicio profesional

Idioma Gallego

O reforzo do coñecemento dixital, da igualdade e da inclusión, a aposta pola educación emocional e a adquisición de competencias laborais son algúns dos principais eixos nos que se centra o novo modelo de competencias profesionais docentes impulsado pola Xunta de Galicia para “aportar valor engadido” ao actual modelo educativo galego.

Así o sinalou esta mañá o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, durante a inauguración do Congreso sobre Competencias Profesionais Docentes que congrega en Santiago a máis dun milleiro de docentes para debater o futuro neste ámbito.

O titular de Educación do Goberno galego explicou que este novo modelo, que actualiza o que a Consellería deseñou de xeito pioneiro en 2015, é unha ferramenta fundamental para garantir “o nivel de excelencia” que ten acadado o sistema educativo galego nos últimos anos, xa que o fortalecemento dos coñecementos, capacidades e aptitudes docentes “exercerán de factor de diferenciación do noso modelo”. “Ser un bo profesor hoxe -explicou- esixe unhas cualidades, competencias, habilidades e destrezas diferentes ao que considerábamos un bo profesor hai 15 anos”.

Para iso, a Consellería traballa en propiciar que o profesorado de todas as etapas estea o mellor preparado e formado ante as demandas actuais e futuras, así como impulsar a conexión e a adecuación entre os sistema educativo e a sociedade, dado que os perfís profesionais esixen cada vez unha maior capacitación e solvencia en todos os campos “Queremos garantir a competitividade dos futuros profesionais cun modelo educativo que discorra paralelo ás necesidades sociais e do tecido produtivo”, sinalou.

Así pois, o novo marco competencial recolle a formación a dúas escalas: por unha parte a formación inicial que reciben os docentes nas distintas facultades de Ciencias da Educación e, doutra parte, da formación continua e a reciclaxe e a adaptación constante no día a día de exercicio profesional. Para iso, a Consellería traballa en colaboración cos técnicos dos Centros de Formación do Profesorado e tamén en colaboración cos decanos das distintas facultades de Educación.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a comunicación da incapacidade temporal do persoal non docente e docente non universitario que presta servizos en centros públicos docentes dependentes desta consellería

Mér, 29/03/2023 - 08:41
Idioma Gallego

Xúntase a Instrución nº1/2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a comunicación da incapacidade temporal do persoal non docente e docente non universitario que presta servizos en centros públicos docentes depedentes desta consellería a partir do día 1 de abril de 2023.

File: 

Instrución nº 1/2023

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultas

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos

Colectivo: 

Profesorado Centros

A Xunta e a Cámara Comercio da Coruña fomentarán o emprendemento en 21 centros de ensino a través da segunda edición do programa Eduinspira

Mar, 28/03/2023 - 19:30

Summary: 

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o presidente da Cámara, Antonio Couceiro, presentan a iniciativa, enmarcada no Plan EduEmprende

A través do novo Plan Innova FP Galicia a Xunta creará sete novos viveiros de empresa e incrementará as aulas de emprendemento, entre outras medidas

Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o presidente da Cámara de Comercio da Coruña, Antonio Couceiro, presentaron esta mañá a segunda edición de Eduinspira, un programa desenvolvido en colaboración pola Xunta e esta institución empresarial. O seu obxectivo é amosar ao alumnado as vantaxes do emprendemento e as posibilidades que a FP ofrece para a posta en marcha de proxectos viables e para a creación de ideas innovadoras de negocio, a través de xornadas en 21 centros de ensino nas que os estudantes adquirirán habilidades neste eido e coñecerán de primeira man as experiencias de persoas emprendedoras.

Na súa intervención, o conselleiro destacou a aposta da Xunta de Galicia pola converxencia entre a FP e a realidade laboral, incluíndo a das persoas emprendedoras. “A través do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo, EduEmprende, no que se enmarca este programa, dotamos aos centros de ferramentas para impulsar nos estudantes a cultura emprendendora, así como de facilidades para iniciar un proxecto de negocio”, declarou.

Neste sentido, lembrou que, a través do Plan Innova FP Galicia aprobado a semana pasada no Consello da Xunta, vaise incrementar ata 100 as aulas de emprendemento en centros, ademais de crear sete novos viveiros de empresa en institutos e centros integrados de FP, ata chegar a un total de 38 en 2024. “Ademais, deseñarase un programa de empredemento industrial na FP de Galicia e facilitarase que o alumnado que está a desenvolver proxectos empresariais innovadores con posibilidade de desenvolvemento industrial poidan facelo a través do viveiro industrial do Centro Galego de Innovación na FP”, sinalou.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

A Xunta completa a rehabilitación integral do instituto Pino Manso cun investimento de 1,2 M€

Mar, 28/03/2023 - 15:45

Summary: 

Román Rodríguez afirma que esta obra supón “elevar a 2,6 M€” o investimento realizado polo Goberno galego nos sete centros educativos de Porriño

As actuacións neste instituto dirixíronse, principalmente, á mellora do confort térmico da comunidade educativa coa renovación de cubertas e fiestras, e da accesibilidade

A obra enmárcase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta coa que se están a renovar as instalacións dos centros para adaptalas ás novas necesidades

Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, comprobou hoxe o resultado das obras de rehabilitación integral do instituto IES Pino Manso, no Porriño, nas que o seu departamento investiu preto de 1,2 M€. “Unha actuación enmarcada no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta coa que o Goberno galego está a renovar as instalacións dos centros educativos para adaptalas ás novas necesidades do século XXI en termos como a amplitude, a flexibilidade dos espazos ou a eficiencia enerxética, entre outros”, explicou o conselleiro. O plan conta cun orzamento de 191 M€ ata 2024.

“Esta obra supón, ademais, elevar a 2,6 M€ o investimento realizado polo Goberno galego nos sete centros educativos cos que conta este concello do Porriño”, destacou o conselleiro. Así mesmo, lembrou que neste municipio, no IES Ribeira do Louro, se imparte este ano por primeira vez o único ciclo en Galicia de grao medio en Pedra Natural, na modalidade Dual, ao abeiro do convenio asinado entre a Consellería e o Cluster do Granito.

Renovación da envolvente

“No caso deste centro de Porriño, actuouse principalmente para mellorar o confort da comunidade educativa”, sinalou. Neste sentido, mudáronse todas as cubertas, incluíndo tamén os canlóns e baixantes, e aplicouse un sistema de illamento térmico exterior ás fachadas. Tamén se cambiou toda a carpintería exterior por unha nova con rotura de ponte térmica e vidros dobres e renováronse as persianas e as súas caixas, colocando unhas novas de aluminio con illamento térmico de poliuretano.

A rehabilitación integral do centro incluíu tamén traballos para mellorar a súa accesibilidade coa execución de tres ramplas para a eliminación de barreiras arquitectónicas e tamén cambios na distribución da planta semisoto, entre outras actuacións. Como actuación complementaria, estase instalando un ascensor no instituto.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

O colexio Amadeo Rodríguez Barroso, de Ourense, inaugura unha nova biblioteca escolar máis ampla e mellor equipada

Mar, 28/03/2023 - 13:52

Summary: 

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa e o delegado territorial en Ourense participan na apertura deste espazo no que a Xunta acaba de investir 55.000€

Idioma Gallego

O colexio público CEIP Amadeo Rodríguez Barroso, de Ourense, vén de inaugurar a súa nova biblioteca escolar, un espazo moito máis amplo e mellor equipado co reforzo de novos fondos bibliográficos e mobiliario grazas ao apoio da Xunta de Galicia, que investiu 55.000€ na súa remodelación e reforzo do equipamento tanto no que atinxe a mobiliario como a fondos bibliográficos.

A directora xeral Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participaron hoxe na súa inauguración tras acometerse un traballo de reordenación coa eliminación dun tabique central, o pintado de paredes e panelado de cortiza nunha delas, colocación de tarima flotante, renovación da zona de xogos e reordenación de puntos wifi, entre outros.

A biblioteca é unha das áreas máis dinámicas deste centro que desde o curso 2011-12 forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia. Ademais, foron convidados a participar no Programa de Lectura, Información e Aprendizaxe LÍA.3 da Xunta para avanzar nun modelo de biblioteca escolar deseñada como laboratorio creativo de aprendizaxes aberto a toda a comunidade escolar.

Así pois, grazas ao investimento do Goberno galego, a biblioteca do Rodríguez Barroso vese reforzada como punto estratéxico de acceso ás aprendizaxes na era dixital, como espazo para avanzar na equidade e no acceso aos bens culturais e aos recursos tecnolóxicos.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

A Xunta avanza aos decanos das facultades de Ciencias da Educación o novo modelo de competencias profesionais docentes

Lun, 27/03/2023 - 20:39

Summary: 

Acórdase crear dous grupos de traballo para desenvolver as novas propostas e mellorar a calidade da formación docente desde a formación inicial na universidade

Crearase unha rede de centros de ensino que colaboren coas facultades de Ciencias da Educación para crear sinerxías e intercambio de boas prácticas no eido formativo

Deseñaranse doutoramentos educativos orientados á práctica, a semellanza dos que xa existen no eido industrial

Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, reuniuse esta tarde cos decanos das facultades de Ciencias de Educación e de Formación do Profesorado de Galicia para avanzarlles o novo modelo de competencias profesionais docentes. Un marco para a formación permanente do profesorado que actualiza a proposta elaborada pola Xunta en 2015, adaptándoa á nova realidade educativa e social.

“O modelo vixente ata agora supuxo un éxito en tanto que contribuíu a acadar a excelencia do sistema educativo galego a través da mellora na capacitación do persoal docente, ademais de elevar os estándares de calidade do noso sistema educativo”, destacou Román Rodríguez no transcurso da xuntanza. “Volvemos adiantarnos, de tal forma que Galicia é unha das primeiras comunidades en revisar o modelo competencial, de acordo coas novas necesidades”, salientou.

O novo marco estará centrado en aspectos como a atención á diversidade, o fomento da igualdade, a calidade, a equidade, a educación emocional e social ou o desenvolvemento das competencias laborais: competencias laborais relevantes e axudar ao alumnado para prepararse para o futuro. Neste modelo competencial actualizado, o perfil do docente vén definido por aspectos como saber traballar nun contexto de cambio continuo ou ser bo comunicador.

Outras vías de colaboración

Igualmente abordáronse outras posibles vías de colaboración “orientadas a mellorar a calidade da formación do profesorado, tanto desde a formación inicial como desde a formación permanente, aliñándoas”.

Así mesmo, plantexouse a creación dunha rede de centros de Infantil e Primaria que colaboren de forma preferente coas facultades de Ciencias da Educación para crear sinerxías e intercambio de boas prácticas no eido formativo. “Tamén para establecer colaboracións no ámbito dos doutoramentos educativos, pensando no deseño dun sistema orientado á práctica, semellante ao que xa hai nos doutoramentos industriais”, indicou o conselleiro.

Na reunión acordouse crear dous grupos de traballo, un orientado ao aliñamento das competencias profesionais docentes coa formación inicial e outro para a creación da rede de centros colaboradores e para o deseño dos doutoramentos. “A idea é ter unha serie de esbozos a fin deste curso para poder implementalos no curso académico seguinte”, dixo Román Rodríguez.

Revisión dos plans de estudos

No transcurso da xuntanza tamén se afondou no proceso aberto polo Ministerio de Universidades para revisar os plans de estudos de Ciencias da Educación, cunha proposta que espertou fortes críticas da Conferencia de Decanos de Educación e outras asociacións profesionais.

A este respecto, o conselleiro expuxo que a Xunta de Galicia defende a calidade e a cultura do esforzo, apostando por un proceso de renovación ordenada, que inclúa tanto a modificación do marco de competencias profesionais docentes como a actualización das ordes que regulan a formación nas facultades.

Participantes

Na reunión participaron o decano da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (UDC), Manuel Peralbo; a decana da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), María del Mar Lorenzo; a decana da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo (USC), Carmen Sarceda; o vicedecano da Facultade Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo (UVigo) en Pontevedra, Uxío Pérez; a delegada da Escola Universitaria do Profesorado de EXB da UVigo, Margarita Rosa Pino, e o decano la Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense (UVigo), Xosé Manuel Cid.

Tamén tomaron parte o presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, Miguel Ángel Santos; a directora do Instituto de Ciencias da Educación da USC; Ana María Porto; o director do Centro de Innovación Educativa e Dixital da Xunta, Ángel Rodríguez, e a directora do Centro Autonómico de Formación e Innovación, Eva López.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

A Xunta avanza na dixitalización das aulas coa instalación de 9.000 paneis interactivos

Lun, 27/03/2023 - 15:16

Summary: 

A actuación enmárcase no Plan de Infraestruturas Dixitais Educativas que está a desenvolver o Goberno galego cun investimento de 134,6M€

Está previsto que en 2024 todas as aulas de centros públicos desde 2º ciclo de Infantil ata 2º de Bacharelato conten con este tipo de dispositivos

Román Rodríguez subliña a importancia da tecnoloxía “como un medio para garantir a igualdade de oportunidades e afianzar a modernización do sistema educativo”

Idioma Gallego

Os conselleiros de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, visitaron esta mañá o colexio CEIP Fontiñas. Trátase dun dos centros dotados con pantallas interactivas ao abeiro do Plan de Infraestruturas Dixitais Educativas que está a desenvolver a Xunta cun investimento de 134,6M€, e no marco do que se están a instalar máis de 9.000 paneis.

Tal e como explicaron os conselleiros, o obxectivo desta nova dotación é seguir avanzando na dixitalización das aulas galegas das etapas de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. Ademais, como novidade, instalaranse estes dispositivos en centros que imparten ensinanzas de réxime especial.

Ferramentas ao servizo de alumnos e profesores

O titular de Educación, Román Rodríguez, salientou a importancia desta dotación tecnolóxica para garantir “a igualdade de oportunidades” na aprendizaxe ao tempo que afianzar a modernización do ensino galego.  

Non obstante, fixo fincapé en que estas ferramentas “non son un fin, senón un medio para mellorar o sistema a través dos desenvolvementos didácticos e das aplicacións educativas ao servizo de alumnos e de profesores”.

Na actualidade todas as aulas públicas desde 5º de Primaria ata Bacharelato contan con encerado dixital interactivo, que levan consigo tamén un ordenador e un proxector. As novas pantallas interactivas non precisan deste equipamento complementario, polo que supoñen un avance.

Para 2024 está previsto completar o proceso, de tal forma que todas as aulas de centros públicos dependentes do Goberno galego desde 2º ciclo de Infantil ata 2º de Bacharelato conten con este tipo de dispositivos.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2022-2023

Lun, 27/03/2023 - 14:51
Idioma Gallego

Publicado o calendario, a oferta clasificada por provincia e concello, e a actualización da información das Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2022-2023.

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación Profesional

Colectivo: 

Consellería Alumnado Centros

Convocatoria dos premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2022 nas universidades do Sistema universitario de Galicia

Lun, 27/03/2023 - 11:43
Idioma Gallego

Orde do 15 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2022 nas universidades do Sistema universitario de Galicia (código de procedemento ED415A).

  •  O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

File: 

Orde do 15 de marzo de 2023 (DOG) Extracto da Orde do 15 de marzo de 2023 (DOG)

Tema: 

Premios autonómicos

Ensinanza: 

Universidade

Departamento: 

Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Universidades Servizo de Apoio e Orientación ao Alumnado Universitario

Colectivo: 

Alumnado

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Modificación da Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702400)

Lun, 27/03/2023 - 10:45
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución de 24 de marzo de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que modifica a Resolución do 21 de marzo de 2023 pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato (702400), nos centros docentes públicos que dependen desta consellería. (código de procedemento ED003A).

  • As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
  • Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
  • Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas admitidas e excluídas

 

Anuncio principal: 

Convocatoria procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato nos centros docentes públicos que dependen desta consellería

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

A Xunta convoca as axudas Erasmus complementarias para estudantes de ensinanzas artísticas superiores

Dom, 26/03/2023 - 09:52

Summary: 

O obxectivo é seguir impulsando a mobilidade deste alumnado para enriquecer a súa formación

A contía mensual oscilará entre os 125 e os 195 euros ao mes en función dos países de destino

Idioma Gallego

Todos os estudantes galegos de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos beneficiarios das axudas do Programa comunitario Erasmus+ poderán obter as complementarias da Xunta de Galicia. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria destas bolsas, ás que a Xunta destina 40.000€, e que teñen como obxectivo seguir impulsando a mobilidade destes estudantes para enriquecer a súa formación.

As contías das axudas complementarias oscilan entre os 125 e os 195 euros/mes (que se suman ás axudas europeas), en función do país de destino, durante a estadía que pode durar entre os dous e os nove meses.

En concreto, o importe será de 195 euros/mes para os países de destino do grupo 1 (Dinamarca, Finlandia, Irlanda, Islandia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega e Suecia), de 165 euros/mes para os do grupo 2 (Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Grecia, Francia, Italia, Malta, Países Baixos e Portugal) e de 125 euros/mes para os do grupo 3 (República de Macedonia do Norte, Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, República Checa, Romanía, Serbia e Turquía).

Prazo ata o 20 de abril

A solicitude da axuda deberá realizarse obrigatoriamente por medios telemáticos, a través de calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta, incluído o sistema de usuario e clave Chave365. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 20 de abril.

Para solicitar a bolsa o estudante deberá estar matriculado no curso 2022/2023 en calquera dos centros públicos que impartan ensinanzas artísticas superiores de Galicia e ser beneficiario dunha bolsa Erasmus+ de mobilidade neste mesmo ano académico xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación. Non poderán optar á axuda os que xa gozaran dela en convocatorias anteriores e máis o alumnado que, con nacionalidade distinta á española, realice a mobilidade nos seus países de orixe.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Román Rodríguez gaba o compromiso da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, de Lugo, coa formación artística de calidade e a alta cualificación

Sáb, 25/03/2023 - 11:21

Summary: 

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades participa na inauguración da exposición conmemorativa do 50 aniversario deste centro como referente destas ensinanzas

Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou este serán na inauguración da exposición conmemorativa do 50 aniversario da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, de Lugo, onde gabou a traxectoria deste centro educativo a prol dunha formación artística de calidade e de alta cualificación.

O titular de Educación da Xunta de Galicia, que aproveitou o acto para amosar o seu agradecemento ao equipo directivo e docente e ao alumnado do centro, salientou as cinco décadas da Ramón Falcón ao servizo “dunha formación clave para os futuros profesionais dos que se nutre a cultura do noso país” en disciplinas como a Cerámica artística, o Gravado ou a Fotografía. Este compromiso coa educación reflíctese en accións específicas como que esta escola é unha das pioneiras, este curso, na implantación de ciclos plurilingües nas ensinanzas artísticas, ou nos premios que reciben os seus alumnos, como o Fin de Carreira deste ano que recaeu nunha alumna do centro.

Román Rodríguez destacou que as ensinanzas artísticas “son unha alternativa académica de primeira orde” que contan co apoio da Xunta de Galicia. Precisamente, a Consellería de Educación está traballando en propostas específicas para esta área educativa, como a feira InnovArt, que se celebrará a mediados de abril.

O titular de Educación tamén se referiu á nova Lei de Ensinanzas Artísticas do Goberno do Estado, e salientou a reivindicación de Galicia de que estas ensinanzas superiores obteñan o mesmo recoñecemento académico que os estudos universitarios.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Iniciar sesión

Powered by Drupal - Design by artinet