NOVAS   BOLSA DE EMPREGO   ACTIVACIÓN ABALAR

 

 

 

 

 

 

 Acceso á bolsa de emprego do Centro Integrado de FP Leixa 

Todo o estudantado debe activarse na aplicación Abalar ou en AbalarMóbil

    SECRETARÍA VIRTUAL    
    ACCESOS RÁPIDOS    
SERVIZOS VIRTUAIS XESTIÓN EDUCATIVA
    LIGAZÓNS DE CENTRO    
INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN WEBS CIFP LEIXA
    LIGAZÓNS EXTERNAS    
    SERVIZOS EDUCATIVOS    
       
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Novas da Consellería

Distribuir contido
Actualizado: hace 13 horas 17 min

A Xunta apoia o desenvolvemento da actividade investigadora do IGFAE con 3M€ ata 2027

Mar, 03/09/2024 - 12:23

Summary: 

Con esta achega, a Consellería de Ciencia e Universidades facilita a estabilidade económica dos proxectos do centro, onde traballan actualmente 101 investigadores

O secretario xeral de Universidades e a directora da Axencia Galega de Innovación coñecen o traballo do centro de primeira man tras a súa renovación da acreditación de excelencia da Rede de Centros de Investigación Universitaria de Galicia

Tamén recibirá este xoves a acreditación María de Maeztu tras acadala o pasado 2023, sendo o único centro galego que logra esta distinción

Idioma Gallego

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitaron hoxe o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) para coñecer os seus proxectos e saudar os seus investigadores tras renovar a acreditación de excelencia que concede a Xunta na Rede de Centros de Investigación Universitaria de Galicia.

Deste xeito, a Xunta de Galicia apoiará o desenvolvemento da súa actividade con case 3M€ ata o ano 2027, favorecendo a estabilidade económica dos seus proxectos. Así mesmo, as obras de construción da nova sede do IGFAE, comezadas en 2021 e que contan cun investimento global de 4,8M€ a cargo do Goberno galego, permitirán que dea un novo salto cualitativo. Ademais, contará cun financiamento de case 200.000 euros para realizar medidas complementarias como o apoio ás actividades do 25º aniversario e o acondicionamento de laboratorios, mobilidade e ampliación do sistema de servidores para a nova sede.

Os representantes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, no marco das visitas conxuntas que están realizando aos centros de investigación e tecnolóxicos, coñeceron de primeira man o traballo do IGFAE, un centro de titularidade compartida entre a Xunta e a Universidade de Santiago. Este centro de excelencia, nado en 1999, converteuse nun centro de renome internacional na física de alta enerxía, astropartículas e nuclear cun forte impacto rexional.

Acreditacións de excelencia

Tal é o seu prestixio que é o único centro galego que conseguiu a acreditación María de Maeztu, galardón que recibirá este xoves. Este logro, xunto coa acreditación de excelencia no 2019, dota ao IGFAE dunha perspectiva de estabilidade a longo prazo imprescindible para posta en marcha da súa ambiciosa estratexia.

Os datos avalan a súa traxectoria, con 101 investigadores e tres profesionais beneficiados das axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC). O Instituto da USC tamén contou con tres investigadores beneficiados das becas Marie Sklodowska-Curie Actions (MSCA) no período 2020-2023. Neses mesmos anos tamén logrou captar 14,4M€ de proxectos competitivos e lanzar 624 publicacións.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Resolución do 30 de agosto de 2024, coas listaxes coas puntuacións definitivas das persoas admitidas, excluídas, adxudicatarias nas prazas de residencia dos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2024/25

Mar, 03/09/2024 - 09:54
Idioma Gallego

Resolución do 30 de agosto de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a listaxe coas puntuacións definitivas das persoas admitidas, excluídas, adxudicatarias e, de ser o caso, suplentes, de acordo co previsto no artigo 33 da Orde do 20 de maio de 2024 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2024/25 (DOG núm. 119, do 20 de xuño).

As persoas solicitantes poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución na páxina web da consellería competente en materia de educación e nos taboleiros de anuncios e/ou páxinas web dos centros residenciais.

Prazo para interpoñer recurso de alzada: 1 mes (entre os días 4 de setembro e 3 de outubro de 2024), ante o conselleiro de Cultura, Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

 

Anuncio principal: 

Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2024/25 (código de procedemento ED306A)

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Centros

Colectivo: 

Alumnado Familias Centros

Rueda anuncia que a Xunta reforzará os centros con 400 docentes adicionais para mellorar o éxito escolar, a inclusión e o desenvolvemento integral do alumnado

Lun, 02/09/2024 - 18:30

Summary: 

Enmárcase no novo Plan MEGA de mellora educativa para incrementar o nivel de competencias clave do alumnado e personalizar o apoio educativo

Salienta que está “dotado de 77M € para os vindeiros catro cursos” e que “beneficiará a 400 centros” ao ano

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidade e FP resalta que se traducirá en medidas específicas de apoio personalizado, atención á diversidade, reforzo das competencias lectora e matemática e para o alumnado estranxeiro

Susténtase sobre os obxectivos do acordo histórico asinado cos sindicatos e parte da análise de fortalezas e debilidades que se detectan nas avaliacións de diagnose

Tamén se promove o desenvolvemento de proxectos de referencia en áreas como a promoción da igualdade, a convivencia, o benestar emocional ou a sustentabilidade

Idioma Gallego

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno autonómico vai “reforzar con 400 profesores adicionais os centros educativos galegos” a partir deste curso que comeza o vindeiro 11 de setembro. Será no marco do novo Plan MEGA de mellora educativa de Galicia, a estratexia do Goberno galego aprobada hoxe no Consello da Xunta para incrementar o nivel das competencias clave do alumnado, personalizar o apoio educativo e a atención ás necesidades específicas e avanzar no modelo de ensino inclusivo que caracteriza a nosa Comunidade. 

A través del promoverase non só o éxito escolar, senón tamén o desenvolvemento persoal do alumno nunha contorna educativa en que prime a convivencia, a valoración da diversidade e o benestar emocional. 

O desenvolvemento deste plan implica unha modernización do ensino centrada en aumentar a eficiencia, a eficacia e a equidade para garantir o éxito escolar, fomentar a cultura inclusiva, potenciar a formación docente e simplificar os procedementos administrativos, e tal e como resaltou Rueda, susténtase en dous eixes: “o acordo histórico de mellora do sistema educativo asinado coas organizacións sindicais e as avaliacións de diagnóstico realizadas o curso pasado”. 

Por unha banda, o acordo inclúe medidas estruturais enfocadas a afrontar os retos presentes e futuros da educación en Galicia a través de accións como a redución progresiva da ratio de alumnos por aula, a mellora da atención á diversidade, o reforzo da carreira profesional docente ou a simplificación administrativa, entre outros. 

Por outra banda, o desenvolvemento de avaliación de diagnose entre o alumnado de primaria e ESO son probas que posibilitan aos centros educativos a detección das súas debilidades e a identificación de áreas de mellora, facilitando deste xeito a toma de decisións, baseándose en datos concretos do seu alumnado e no seu contexto.

Tal e como explicou Rueda, o Plan MEGA “estará dotado de 77M € para os vindeiros catro anos” e “beneficiará a uns 400 centros educativos cada no”.

A iniciativa complétase con formación específica no ámbito da inclusión e innovación educativa, a través do Plan anual de formación do profesorado.

Obxectivos

O obxectivo do Plan MEGA é potenciar un sistema educativo que permita a cada estudante acadar o seu máximo potencial a través do seu mellor integral, tanto académico como persoal e social. Ao tempo, estimúlase o contexto de equidade educativa, a redución do abandono escolar e fortalécense as competencias docentes.

Ademais, o plan permitirá que o alumnado galego avance na consecución dos obxectivos marcados polo Consello da Unión Europea, segundo os cales, para 2030, a porcentaxe de mozas e mozos de 15 anos cun baixo rendemento en comprensión lectora, matemáticas e ciencias debe ser inferior ao 15 %.

Nesta liña, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, destacou que o Plan inclúe medidas para “avanzar nun aprendizaxe máis personalizado, reforzar as competencias clave e a atención a todo tipo de diversidade”.

Atención especializada para o éxito

O Plan MEGA estrutúrase arredor de seis programas distintos, en diferentes etapas desde infantil ata FP básica pasando por primaria e ESO para dar cumprimento a diferentes obxectivos: Promociona, PROA+ (reforzo, orientación e apoio), reforzo da competencia lectora, reforzo da competencia matemática, apoio educativo para o alumnado estranxeiro e impulso de centros referentes.

O programa Promociona centrarase en promover o apoio, a participación e a promoción do alumnado que presenta necesidades educativas especiais escolarizado en centros ordinarios, fortalecendo o modelo de inclusión educativa de Galicia e creando un contorno educativo máis accesible, equitativo e enriquecedor para todo o alumnado. 

Diríxese aos escolares de infantil e primaria e leva consigo a realización dun proxecto educativo inclusivo en cada un dos centros que o desenvolva para a mellora da equidade e dos resultados educativos. 

Os docentes de reforzo previstos para este programa xa estarán nas aulas ao inicio do curso, segundo explicou o conselleiro.

No caso do PROA+, centra a súa acción nos centros cunha porcentaxe significativa de alumnado con vulnerabilidade socioeducativa, aplicando medidas de reforzo, orientación e apoio con especial fincapé na atención das necesidades específicas de apoio educativo.

Os centros beneficiarios deste programa deberán asumir o compromiso de deseño, aplicación, seguimento e avaliación dun plan estratéxico de mellora, con accións para reforzar as competencias clave ou a aplicación de novas formas de organización e xestión do centro orientadas á mellorar o éxito educativo de todo o alumnado. Neste caso, o profesorado se incorporará no mes de outubro.

Reforzo das competencias lectora e matemática

O programa de reforzo da comprensión lectora artellarase a través da posta á disposición dos centros de iniciativas de lectura no conxunto da comunidade educativa, así como dun amplo abano de actividades para o fomento da lectura, que redundará de forma efectiva na mellora da comprensión lectora dos estudantes

A biblioteca funcionará como motor deste programa, como o espazo mediador para o desenvolvemento de competencias comunicativas, informacionais e mediáticas, como requisito para a construción do pensamento crítico.

A través do programa de reforzo da competencia matemática adaptarase o proceso de ensinanzas ás necesidades e tipos de aprendizaxe diferentes de cada alumno, especialmente dos escolares de primaria, con atención específica a aquel que presenta un peor rendemento.

A maiores, estimularase a participación activa do alumnado en actividades educativas relacionadas con esta área do coñecemento.

Apoio ao alumnado estranxeiro

Orientado a facilitar o labor de escolarización, acollida e benestar emocional do alumnado especialmente vulnerable polas súas condicións de procedencia, o Programa galego de apoio educativo para o alumnado estranxeiro organizará as intervencións educativas necesarias para o desenvolvemento persoal, cultural e social destes estudantes desde unha participación activa na vida escolar.

A través del proporcionarase apoio ao alumnado para asegurar a expresión e a comprensión lingüística efectiva e fortalecer as súas habilidades de lectura e escritura. Ademais, impulsarase o desenvolvemento de actividades que promovan o entendemento intercultural a través das bibliotecas escolares.

Impulso de centros referentes

O exemplo das boas prácticas doutros centros inflúe de xeito positivo na comunidade educativa. Desde ese punto de vista, o Programa para o impulso de centros referentes impulsará que os centros desenvolvan proxectos educativos que os convertan en centros destacados dentro dos contextos da inclusión e a innovación educativa. 

Os centros que participen no programa poderán facelo a través de proxectos que se centren na promoción da igualdade, da convivencia, da inclusión e do benestar emocional. Tamén con iniciativa para reforzar as competencias matemática e lectora, a internacionalización e as prácticas ambientalmente sustentables.

O conselleiro de Educación salientou a batería de medidas postas en marcha este curso que fan que o sistema educativo galego “viva a maior modernización dos últimos 30 anos”.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Luz verde á licitación do novo colexio do Milladoiro, o primeiro que se construirá en base aos parámetros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

Lun, 02/09/2024 - 18:22

Summary: 

O Consello da Xunta aproba a construción deste novo centro, que dá resposta á necesidade de prazas nun dos concellos de maior dinamismo demográfico

O investimento total ascende a case 9,8M€, o que supón máis do dobre estimado inicialmente, dadas as melloras no proxecto e o incremento dos prezos

O colexio será totalmente accesible e contará con espazos multidisciplinares, flexibles e adaptados ao ensino do século XXI

Idioma Gallego

O Consello da Xunta deu hoxe luz verde á licitación da obra de construción do novo Colexio CEIP do Milladoiro, o primeiro centro construído integramente en base aos parámetros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica e un compromiso da Xunta de Galicia para dar resposta á necesidades de prazas nun dos concellos de maior dinamismo demográfico de Galicia. O investimento total ascende a case 9,8M€, o que supón máis do dobre estimado inicialmente (4,5M€) debido, fundamentalmente, ás calidades e melloras en espazos e do incremento dos prezos dos materiais.

Xa no ano 2011 se construíu un novo instituto no Milladoiro, cun investimento de 5,4M€, para dar resposta ao incremento poboacional e a Xunta ten realizado e continúa executando novas actuacións de mellora e ampliación para dar resposta ás necesidades de escolarización dun dos concellos de maior dinamismo demográfico de Galicia. De feito, no concello de Ames está en marcha a ampliación do Colexio CEIP Agro do Muíño, cun orzamento superior aos 3,4M€.

A actuación será contratada pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas (a través da Axencia Galega de Infraestruturas) e que se sufragará con fondos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, co cofinanciamento dos fondos europeos. Unha vez aprobado no Consello da Xunta, licitarase a obra. A previsión é poder iniciar as obras no primeiro semestre de 2025. O obxectivo é que o centro estea operativo no curso 2026/27.

Adaptado ao século XXI

O colexio será totalmente accesible e contará con espazos multidisciplinares, flexibles e adaptados ao ensino do século XXI. Cunha superficie total construída de 4.886m² distribuída en dous andares, o colexio contará con seis aulas de Infantil e 12 de Primaria, cos aseos correspondentes, así como outras catro de apoio educativo e desdobramento de grupos, aula de música e sala de usos múltiples.

A biblioteca terá acceso directo desde o vestíbulo e desde o exterior e o ximnasio terá dúas alturas, gradas e vestiarios. Tamén estará dotado con área de administración (con despachos, conserxería, local para a anpa, etc) comedor e zonas de servizos comúns.

De acordo co establecido no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, o centro estará dotado dun foro multifuncional que servirá como espazo de aprendizaxe aberto. Situarase no espazo central do primeiro andar, entre as aulas de Primaria e as de desdobre, creando unha relación entre as diferentes estancias e conectándose co patio mediante unha gran fiestra protexida da incidencia do sol.

Ademais, o novo colexio terá un espazo específico para Polo Creativo, no que o alumnado poderá traballar as competencias STEM a través de proxectos de robótica ou intelixencia artificial, equipado cos materiais necesarios. No que atinxe aos espazos exteriores, estará dotado de zona cuberta e descuberta exterior para as aulas de Infantil e de pista polideportiva cuberta e descuberta.

Totalmente accesible

A accesibilidade do edificio plantéxase desde un punto de vista universal e inclusivo, evitando calquera tipo de barreira, con accesos directos tanto desde o interior como desde o exterior do edificio a boa parte das estancias. Deste xeito, o proxecto propón itinerarios de circulación intuitivos e libres de obstáculos, en prol dunha orientación más sinxela, e espazos de comunicación ben iluminados con luz natural. Isto completarase coa colocación de sinaléctica de gran tamaño e cor facilmente visibles.

Ademais, tanto no exterior do edificio como nos espazos interiores haberá superficies podotáctiles que guíen ao acceso, vestíbulo e outros puntos de importancia del edificio. Os diferentes espazos exteriores serán tamén accesibles a todos mediante ramplas.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa 281 obras por máis de 33M€ en centros educativos da provincia da Coruña

Xov, 29/08/2024 - 14:21

Summary: 

O Plan de Benestar e Accesibilidade na Escola acomete este verán 222 actuacións en 151 centros da Coruña, cun investimento de 4,3M€, para mellorar o confort

Paralelamente, este ano estanse a realizar 59 obras de grande envergadura por case 29M€, como ampliacións, rehabilitacións integrais e melloras de eficiencia enerxética

“A Xunta está comprometida en modernizar os centros de ensino cun investimento sen precedentes”, afirma o conselleiro Román Rodríguez

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia está a realizar este ano 281 actuacións en centros educativos da provincia da Coruña cun investimento total de máis de 33,3 millóns de euros. O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou hoxe o Instituto IES Fernando Wirtz Suárez na cidade herculina, onde explicou as intervencións que o seu departamento está levando a cabo no marco do Plan de Benestar e Accesibilidade na Escola (Plan BEN_Estar 2024), recentemente avaliado polo Consello da Xunta.

 

Este programa inclúe unha serie de pequenas e medianas obras que se desenvolven durante o verán para mellorar cubertas, aseos, ventás e ascensores. Na provincia da Coruña, estanse a realizar 222 intervencións en 151 centros, cun investimento de 4,3 millóns de euros. A nivel galego, son 535 melloras en 385 centros, cun importe total de 12,5 millóns de euros, a cifra máis alta dos últimos cinco anos.

 

Ademais destas pequenas intervencións estivais, a Xunta está a realizar 139 obras de grande envergadura, como ampliacións, rehabilitacións integrais e melloras de eficiencia enerxética. Estas obras, cun investimento de 71,3 millóns de euros en toda Galicia, están planificadas para todo o ano 2024, aínda que se intensifican durante o verán para aproveitar a ausencia de actividade lectiva nos centros.

 

Na provincia coruñesa, estas grandes obras inclúen 59 actuacións cun investimento próximo aos 29 millóns de euros. As máis destacadas son a rehabilitación integral do Instituto IES A Pobra do Caramiñal e a ampliación do Colexio CPI As Mirandas, en Ares.

 

Román Rodríguez destacou o compromiso da Xunta para renovar colexios e institutos, adaptándoos ás esixencias actuais. O conselleiro explicou que o Goberno galego “está modernizando os centros de ensino cun investimento sen precedentes, facéndoos máis eficientes, sostibles e axustados ás necesidades educativas”.

 

Rehabilitación no IES Fernando Wirtz Suárez

No caso do IES Fernando Wirtz Suárez, as actuacións de mellora (substitución de cubertas e pintado de fachadas) contan cun investimento de case 600.000€ e está previsto que se completen no último trimestre do ano 2024. Aínda así, a substitución de cubertas estará rematada antes do inicio do curso.

 

No edificio principal, a rehabilitación inclúe a substitución da cuberta actual por paneis sándwich e reforzos da estrutura metálica existente. Ademais, inclúese tamén a substitución da cuberta do saínte de acceso aos baños na entreplanta que dá á fachada posterior. Ao mesmo tempo, tratarase a subestrutura metálica existente, así como as cerchas da estrutura principal da cuberta do edificio. Outras das intervencións será o cambio das baixantes e colectores de todo o edificio por uns novos de PVC. Por último, tamén se pintará e reparará a fachada, retirando a cuberta de policarbonato que dá ao interior, que será substituída por unha nova cuberta. Tamén se colocarán novas luminarias exteriores e instalaranse varias arquetas ao pé das baixantes do edificio principal.

 

Ademais, nos edificios anexos situados nas rúas Nosa Señora do Perpetuo Socorro e Castro Chané, tamén se están a realizar substitucións de cubertas e pintado de fachadas.

 

O titular do departamento educativo da Xunta explicou que o obxectivo desta obra “é dar resposta ás necesidades deste centro de referencia na FP en Galicia, mellorando principalmente as súas cubertas”. “O IES Fernando Wirtz Suárez conta cunha comunidade educativa conformada por máis de 1.860 alumnos e preto de 121 docentes, e a finalidade última desta actuación é que redunde no confort diario de todos eles”, destacou o conselleiro.

 

Outras actuacións na cidade da Coruña

Na cidade da Coruña estanse a realizar outras actuacións. Precisamente hoxe, a directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, visitou o Centro Integrado de FP Someso para comprobar de primeira man os avances na mellora e acondicionamento das instalacións, no marco da súa inclusión na Rede Estatal de Centros de Excelencia de Formación Profesional. Ademais, o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, visitou as obras de acondicionamento da sala de frío dos ciclos de cociña e hostalería do Centro Integrado de FP Paseo das Pontes.

 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Orde do 16 de agosto de 2024 pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos de asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2024 (código de procedemento ED303A)

Xov, 29/08/2024 - 09:51
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 16 de agosto de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para financiar os gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento ED303A).

 

File: 

Orde do 16 de agosto de 2024 (DOG) Extracto da Orde do 16 de agosto de 2024 (DOG)

Tema: 

Reintegros individuais

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultas

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Programas de Formación

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín

A Xunta impulsa 127 obras por máis de 7,8M€ en centros educativos da provincia de Lugo

Mér, 28/08/2024 - 13:39

Summary: 

O Plan de Benestar e Accesibilidade na Escola acomete este verán 105 actuacións en 78 centros de Lugo, cun investimento de 2M€, para mellorar

Paralelamente, este ano lévanse a cabo 22 obras de grande envergadura por 5,8M€ como ampliacións, rehabilitacións integrais e melloras de eficiencia enerxética

“A Xunta está comprometida en modernizar os centros de ensino cun investimento sen precedentes”, afirma o conselleiro Román Rodríguez

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia está a realizar este ano 127 actuacións en centros educativos de Lugo cun investimento total de máis de 7,8 millóns de euros. Hoxe, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou o IES Lucus Augusti, onde explicou as intervencións que o seu departamento está levando a cabo no marco do Plan de Benestar e Accesibilidade na Escola (Plan BEN_Estar 2024), recentemente avaliado polo Consello da Xunta.

 

Este programa inclúe unha serie de pequenas e medianas obras que se desenvolven durante o verán para mellorar cubertas, aseos, ventás e ascensores. Na provincia de Lugo, estanse a realizar 105 intervencións en 78 centros, cun investimento de 2 millóns de euros. A nivel galego, son 535 melloras en 385 centros, cun importe total de 12,5 millóns de euros, a cifra máis alta dos últimos cinco anos.

 

Ademais destas pequenas intervencións estivais, a Xunta está a realizar 139 obras de grande envergadura, como ampliacións, rehabilitacións integrais e melloras de eficiencia enerxética. Estas obras, cun investimento de 71,3 millóns de euros en toda Galicia, están planificadas para todo o ano 2024, aínda que se intensifican durante o verán para aproveitar a ausencia de actividade lectiva nos centros.

 

En Lugo, estas grandes obras inclúen 22 actuacións cun investimento próximo aos 5,8 millóns de euros. As máis destacadas son a rehabilitación integral do IES Lucus Augusti, que hoxe visitou o conselleiro, e a modernización do CEIP de Riotorto.

 

Román Rodríguez destacou o compromiso da Xunta para renovar colexios e institutos, adaptándoos ás esixencias actuais. O conselleiro explicou que o Goberno galego “está modernizando os centros de ensino cun investimento sen precedentes, facéndoos máis eficientes, sostibles e axustados ás necesidades educativas”.

 

Rehabilitación no IES Lucus Augusti

No caso do IES Lucus Augusti, a reforma conta cun investimento de 3,3 millóns de euros e está previsto que remate a finais de marzo de 2025. Segundo os técnicos, a intervención poderá desenvolverse no interior sen afectar a actividade lectiva.

 

A rehabilitación inclúe a demolición de certos elementos, a renovación da carpintería exterior, melloras no illamento, e a instalación dunha caldeira de enerxía renovable que dará servizo a todo o edificio. A intervención principal será a recuperación da semicúpula do auditorio. Ademais, actualizaranse todos os espazos educativos, incluíndo os laboratorios de Química, con novas conexións dixitais e eléctricas. Actualmente, xa se están executando as demolicións dos laboratorios e pequenas obras de instalación.

 

Román Rodríguez subliñou que o obxectivo é rehabilitar o centro de forma integral. “Estas actuacións supoñen a modernización e actualización das instalacións, recuperando tamén as partes nobres deste conxunto histórico”, afirmou.

 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Asinado o acordo de xubilación parcial do ensino concertado que beneficiará a uns 400 profesionais

Mér, 28/08/2024 - 12:29

Summary: 

A Consellería de Educación e as organizacións empresariais e sindicais do ensino concertado firman este acordo que se aplicará a partir de setembro

Idioma Gallego

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, asinou hoxe coas organizacións empresariais e sindicais do ensino concertado o acordo de xubilación parcial dos docentes do ensino concertado. A través del estipúlanse as condicións de xubilación parcial e que implicará a contratación de novos docentes. Esta medida, que comezará a aplicarse en setembro, estima que poderá beneficiar a uns 400 profesionais do ensino.

 

Este acordo, que foi aprobado a principios de mes no Consello da Xunta, foi asinado polas organizacións sindicais Federación de Sindicatos Independentes de Ensinanzas (FSIE), Unión Sindical Obreira (USO), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Comisións Obreiras (CCOO), así como polas patronais Federación Autonómica de Centros de Ensino Privado de Galicia (CECE Galicia), Escolas Católicas e Asociación de Centros de Ensino de Economía Social de Galicia (ACES-Galicia).

 

O Goberno galego financiará con 5M€ a posta en marcha das medidas que favorezan este proceso para aqueles profesionais que cumpran cos requisitos esixidos. Deste xeito, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP asumirá as retribucións e as cotizacións á Seguridade Social derivadas deste acordo ata a data na que as persoas xubiladas parcialmente acaden a idade legal para acceder á xubilación total. Con este acordo búscase “facilitar e establecer as condicións para o acceso á xubilación parcial do profesorado de centros docentes concertados de Galicia mediante a celebración simultánea de contratos de relevo”, sinalou o representante de Educación.

 

Requisitos

Entre os requisitos a cumprir para acceder a esta xubilación parcial, o persoal docente debe estar vinculado por un contrato de traballo de duración indefinida e xornada completa, incluído no réxime de pago delegado cunha antigüidade mínima de seis anos no momento de iniciarse a xubilación parcial. Tamén se poderán beneficiar da medida as persoas cooperativistas que cumpran ditos requisitos. O período mínimo de duración da xubilación será de un ano e a redución da xornada laboral durante toda a xubilación parcial do profesorado estará comprendida entre un mínimo de 25% e un máximo do 50%.

 

No caso do profesorado contratado en substitución, establécese como un criterio preferencial que a persoa candidata estea incluída na bolsa de recolocación creada por un acordo asinado en xuño do ano pasado entre a Consellería de Educación e as organizacións empresariais e sindicais do ensino privado concertado de Galicia co fin de incentivar a recolocación do profesorado.

 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta multiplica por catro o investimento para dotar aos centros de FP da tecnoloxía máis punteira

Mar, 27/08/2024 - 16:25

Summary: 

Un investimento de case 6M€ beneficiará a 140 centros para atender a forte especialización e tecnificación dos ciclos e ao incremento récord de matrícula

“Dotamos os centros de material de última xeración co obxectivo de que os alumnos saian ao mercado laboral coa mellor formación posible”, afirma o conselleiro

Cada vez son máis os centros de FP que contan con simuladores e maquinarias que permiten achegarse á situacións reais dun centro de traballo

Idioma Gallego

A Xunta inviste neste novo curso escolar 2024-2025 case 6M€ en equipamento para os centros que imparten ensinanzas de FP. Anunciouno esta mañá o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, nunha visita ás obras de ampliación do Instituto IES Manuel Chamoso Lamas, no Carballiño, un dos 140 centros beneficiados desta dotación de material.

 

O titular do departamento educativo do Goberno galego salientou que este orzamento “supón un incremento de 4,3M€ respecto ao ano pasado, é dicir, que multiplicamos practicamente por catro o orzamento para esta partida”. Neste senso, explicou que o incremento de matrícula destas ensinanzas, que encadea récords nos últimos anos, fai necesario seguir incrementando a dotación de material dos ciclos de FP.

 

Ademais, o conselleiro sinalou que a FP, cada vez máis especializada, “demanda espazos máis tecnificados e tecnoloxías punteiras, polo que aumentan os centros que contan con simuladores ou xemelgos dixitais, tanto nos seus talleres como en espazos como a rede de 80 aulas de tecnoloxía aplicada”, explicou Román Rodríguez. “Para garantir e manter as altas cotas de empregabilidade da FP, superiores ao 85%, precisamos dotalos dunha maquinaria que se achegue á situación real dun centro de traballo”, afirmou.

 

Ampla variedade de equipamentos

A dotación de maquinaria enmárcase na Estratexia FP Galicia 2030 e no Plan Innova FP Galicia, follas de ruta da Xunta para que modelo de FP galego acade novas cotas de éxito, que establecen a tecnificación e equipamento dos centros como unha prioridade.

 

O material distribuído entre os centros de FP inclúe todo tipo de maquinaria e instrumentos para dar resposta ás necesidades dos ciclos formativos das diferentes familias profesionais. Inclúense, deste modo, distintos tipos de tornos, robots móbiles autónomos, cizallas para chapa, fresadoras de torreta, equipos de infravermellos, unha cabina de despolvorización de operarios, unha fundidora dental electrónica por indución, unha ducha vichy, maquetas de vehículos con propulsión eléctrica ou sistemas de climatización e de purificación de auga, entre outros.

 

Tamén aparellos de menor envergadura, como manequíns para prácticas de reanimación cardiopulmonar, envasadoras ao baleiro, cortadoras de fiames, maquetas de circuítos eléctricos, bancos de traballo, cascos, kits de vía ferrata ou material variado para espeleoloxía, barranquismo e escalada.

 

Neste sentido o conselleiro destacou que a mellora de infraestruturas, como os do IES Manuel Chamoso Lamas, e a dotación aos centros de equipamento de última xeración e vangarda específicos, “ten como obxectivo que os alumnos da FP Galega saian ao mercado laboral coa mellor formación e experiencia”.

 

No caso do centro carballinés, recibe unha inxección de 64.000€ para un paquete de dotación que inclúe unha equilibradora e unha desmontadora de rodas, un equipamento de ensaio mediante ultrasóns ou un brazo de robot colaborativo con controladora, entre outra maquinaria.

 

Matrícula aberta

Aínda é posible matricularse nos ciclos de FP que contan con prazas dispoñibles. O 2 de setembro realizarase a terceira e última adxudicación e quen obteña praza nela poderá matricularse ata o día 5 dese mes. Unha vez concluída a terceira fase, haberá unha adxudicación continuada por chamamentos individualizados, que se estenderá entre o 11 e o 27 de setembro.

 

No caso dos ciclos con prazas dispoñibles e sen listaxe de agarda, a matrícula pode formalizarse xa en calquera momento nos centros educativos correspondentes, dado que non entran na terceira adxudicación.

 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon de exemplo a Foresa pola aplicación da biotecnoloxía no sector forestal para ofrecer un produto de alto valor engadido

Mar, 27/08/2024 - 16:16

Summary: 

A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, reúnese coa empresa para coñecer os retos aos que se enfronta a industria química no eido da I+D+i aplicando a biotecnoloxía e a sustentabilidade nos produtos químicos

A empresa caldense está especializada na produción de químicos para distintas industrias, conta cunha división de I+D+i, Foresa Technologies, e con plantas en España, Portugal e Francia

Idioma Gallego

A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Carmen Cotelo, visitou hoxe a sede da empresa Foresa en Caldas de Reis para coñecer de primeira man a aplicación da biotecnoloxía á transformación innovadora dun sector estratéxico para Galicia como é o forestal.

 

A empresa Foresa é especialista na produción de químicos (resinas, aditivos, etc.) para a súa aplicación en diversas industrias, entre elas o sector da madeira e a construción, e conta con plantas de produción en España, Portugal e Francia. Así mesmo, a compañía caldense e, en especial, o seu departamento de I+D+i, Foresa Technologies, ten unha ampla experiencia na participación en proxectos de I+D+i a nivel europeo.

 

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou o potencial da biotecnoloxía para catalizar un sector estratéxico para Galicia como é o do aproveitamento forestal e puxo a Foresa como exemplo de transformación de alto valor engadido. Esta visita enmárcase na ronda de reunións da Xunta de Galicia con distintos axentes do ecosistema biotecnolóxico galego para coñecer os seus retos futuros no eido da I+D+i.

 

Por último, Cotelo salientou a participación de Foresa en múltiples proxectos de I+D+i a nivel europeo, así como grandes proxectos estratéxicos como FINVALIA. Entre os proxectos europeos destacan un que busca identificar novas rutas sintéticas para producir biorresinas derivadas da lignina para materiais de recubrimento; outro para a selección de liñas de produtos para explotar plenamente as funcionalidades químicas únicas dos residuos da biomasa e dos fluxos de residuos orgánicos e, finalmente, un terceiro que pretende revalorizar residuos agrícolas e forestais recuperando e procesando compoñentes primarios e secundarios para obter materiais innovadores, con especial atención á construción ecolóxica como posible liña de negocio.

 

Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía

FINVALIA, pola súa parte, está apoiado polo programa Fábrica Intelixente e Sustentable da Xunta e ten como obxectivo contribuír á transformación da cadea de valor da madeira.

 

Ademais, Foresa está inmersa en proxectos relacionados coa biotecnoloxía, a sustentabilidade e a ecoinnovación na súa futura planta industrial de produtos bio, así como en diversos proxectos de aforro enerxético.

 

Precisamente, un dos fitos da Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía en Galicia 2021-2025 é a captación de fondos europeos. No período 2021-2023 esta captación foi de preto de 63M€, a meirande parte proveniente do programa Horizonte Europa, seguido dos programas Interreg.

 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O novo edificio de FP do instituto Manuel Chamoso Lamas do Carballiño permitirá incrementar a oferta do centro e dotalo de mellor equipamento

Mar, 27/08/2024 - 16:07

Summary: 

O conselleiro de Educación comproba o avance das obras, que estarán rematadas para o curso 2025/26 e contan cun investimento de case 2,5M€

Este é un dos 140 centros que se beneficiará da dotación de novos equipamentos punteiros, como unha equilibradora ou unha desmontadora de rodas

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, comprobou esta mañá o avance das obras de ampliación do Instituto IES Manuel Chamoso Lamas, do Carballiño. Unha actuación que, como explicou, conta cun orzamento de case 2,5M€ co fin de dotar o centro de mellores espazos e equipamento para os ciclos de FP e permitir un incremento de prazas.

 

Durante a visita, o representante da Xunta anunciou tamén un investimento de case 6M€ -cifra que se multiplica por catro con respecto ao ano 2023- para dotar aos centros de toda Galicia de FP da tecnoloxía máis punteira. Entre eles, detallou, atópase este instituto ourensán. O Instituto Manuel Chamoso Lamas é un dos 140 centros beneficiados, cunha inxección de 64.000€ para un paquete de dotación que inclúe unha equilibradora e unha desmontadora de rodas, un equipamento de ensaio mediante ultrasóns ou un brazo de robot colaborativo con controladora, entre outra maquinaria.

 

En canto á ampliación do centro, ao abeiro do Plan de Nova Arquitecta Pedagóxica constrúese un novo edificio anexo para albergar talleres e aulas de FP, con especial atención aos ciclos da familia profesional de Soldadura e Caldeiraría. Cómpre salientar que estas ensinanzas se implantaron no centro precisamente pola demanda dos traballadores das empresas do metal da área empresarial do Carballiño.

 

Novo edificio de 1.581m²

A superficie total do novo volume será de 1.581m². No andar superior habilitaranse tres novas aulas, ademais de aseos, almacén, conserxería, vestíbulo e distribuidor. No andar baixo localízanse os talleres de mecanizado e soldadura, vestiarios, espazos de almacenamento, cuarto de telecomunicacións, distribuidor, vestíbulo e recepción.

 

As obras están xa en marcha, con traballos iniciais de escavación, e a previsión é que o novo edificio entre en funcionamento no curso 2025/2026.

 

O instituto conta con preto de 450 alumnos, dos que máis de 160 son de Formación Profesional. Para o curso 2024/25, a Xunta incorpora á súa oferta o ciclo de FP Básica de Mantemento de Vehículos. Ademais, o centro conta cos ciclos de FP Básica en Electricidade e electrónica, os ciclos de grao medio en Xestión administrativa, en Instalacións eléctricas e automáticas e en Electromecánica de vehículos automóbiles.

 

Na modalidade dual intensiva oferta proxectos nos ciclos de grao medio en Electromecánica de maquinaria e de Soldadura e caldeiraría, así como nos de grao superior en Automatización e robótica industrial e en Robótica colaborativa.

 

Outras obras no Carballiño

Ademais desta obra de gran envergadura, no marco do dentro do novo Plan de Benestar e Accesibilidade na Escola a Xunta está a executar este verano outras actuacións de pequena reforma e mellora en centros de ensino do Carballiño por importe de preto de 50.000, en concreto no Colexio CEIP Calvo Sotelo e no Instituto IES Nº1.

 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda destaca que a Xunta destina a contía máis elevada dos últimos cinco anos para impulsar no verán un total de 535 pequenas obras en 389 centros educativos

Lun, 29/07/2024 - 18:32

Summary: 

Salienta que se realizará un investimento de 12,5 millóns de euros para actuacións como melloras en cubertas, aseos, ventás ou instalacións de ascensores, no marco do novo Plan de benestar e accesibilidade na escola

Apunta que ademais este ano se están acometendo 139 obras de maior envergadura como ampliacións, rehabilitacións integrais e obras de eficiencia enerxética, que concentran 71,3 M€ de investimento

Isto supón actuar no 50 % dos centros públicos desde infantil ata FP

Idioma Gallego

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que a Administración autonómica está a impulsar este verán un total de 535 pequenas obras de mellora en 389 centros educativos, cun investimento de preto de 12,5 M€, o que supón “o maior investimento nos últimos cinco anos” neste eido.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP deu conta ante o Consello da Xunta da planificación dos traballos que se estar a levar a cabo a través do novo Plan de benestar e accesibilidade na escola, Ben_Estar 2024, que, tal e como lembrou Rueda, abranguen “pequenas actuacións todas elas moi necesarias” como melloras en cubertas, aseos, ventás ou instalación de ascensores.

Todas estas obras están enfocadas a acadar un maior confort e sustentabilidade nas aulas, tal e como marca o Plan de nova arquitectura pedagóxica de Galicia, a folla de ruta en materia de mellora de infraestruturas educativas aprobada en 2021 cun investimento inicial de 191 M€ que foi ampliado ata os 243 M€ actuais. Tal e como sinalou o máximo responsable do Goberno galego, o obxectivo deste plan é “mellorar os centros escolares e convertelos en centros modernos, accesibles, e sustentables”.

Neste sentido, na provincia da Coruña lévanse a cabo 222 pequenas intervencións en 151 centros por un importe de preto de 4,3 M€, 105 actuacións en 78 centros da provincia de Lugo por 2 M€, 118 en 73 centros de Ourense por 2,8 M€ e 90 actuacións en 87 da provincia de Pontevedra que aglutinan preto de 3,4 M€.

Grandes actuacións durante todo o ano

Paralelamente, tal e como recordou o presidente da Xunta, de cara á renovación e mantemento dos centros de ensino públicos galegos para o curso 2024/25, a Administración autonómica está a realizar un total 139 obras de grande envergadura como ampliacións, rehabilitacións integrais e melloras de eficiencia enerxética que se atopan en distintas fases (xa en execución ou ben en fase de licitación ou de adxudicación), cun importe que acada os 71,3 M€ de investimento. Trátase de obra planificadas para todo o ano 2024, dado que o seu prazo de execución é de varios anos, pero que tamén van recibir un maior impulso durante a época estival, coincidindo co período non lectivo.

O conxunto das intervencións -entre grandes actuacións e pequenas obras de verán- chegan ao 50 % dos centros públicos que funcionan en Galicia entre escolas infantís, colexios, institutos e centros de FP. Por provincias, actúase en 210 centros da Coruña por un importe de 33,34 M€, en 100 centros de Lugo que suman 7,8 M€ de investimento, 86 de Ourense por un importe de case 8,3 M€ e 131 da provincia de Pontevedra por máis de 34,3 M€.

No que atinxe ás 139 grandes actuacións, son as que concentran a meirande parte do orzamento, cun investimento de 71,3 M€ en 138 centros educativos. Delas, 74 están xa en execución mentres que 42 están xa adxudicadas e pendentes de comezar e 23 en fase de licitación. Por provincias, 59 acométense na da Coruña (máis de 29 M€), 22 en Lugo (5,8 M€), 14 en Ourense (5,4 M€) e 44 en Pontevedra (preto de 31 M€). 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia será a comunidade con maior número de auxiliares de conversa Fulbright o vindeiro curso

Lun, 29/07/2024 - 18:26

Summary: 

Trátase de 40 auxiliares estadounidenses de alto perfil académico, que se incorporarán ás aulas galegas para impulsar a aprendizaxe da lingua inglesa

En total, o ensino galego contará con 665 auxiliares de conversa, a maior cifra acadada nunca

Multiplícase por 100 o número de auxiliares que había en 2009

Idioma Gallego

Galicia é a comunidade autónoma que concentrará o vindeiro curso o maior número de auxiliares de conversa Fulbright, con 40 persoas das 184 de alta especialización repartidas por toda España, o que eleva a 665 o número total de auxiliares que colaborarán nas aulas galegas a partir de setembro.

O Consello da Xunta deu hoxe luz verde ao acordo de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos (Comisión Fulbright) para dotar o sistema educativo galego de 40 auxiliares de conversa estadounidenses de alto perfil académico. O importe do convenio ascende a 544.320€, dos que a Xunta de Galicia financia o 87% mentres que o 13% restante apórtaos a Comisión Fulbright.

A través deste acordo, así como dos que se establecen co Ministerio no marco do Acordo de Cooperación Territorial, co Instituto Confucio ou co Instituto Camões, o sistema educativo galego contará o vindeiro curso cun total de 665 auxiliares de conversa, unha cifra récord que multiplica por 100 os 67 que había en 2009.

A contratación de auxiliares de conversa é unha das múltiples accións que desenvolve a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional a través da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, EDULingüe2030, para facilitar a aprendizaxe de idiomas. Grazas a estas iniciativas, o alumnado galego sitúase hoxe como o segundo con mellor nivel de toda España, segundo o informe de avaliación de EF, referencia nesta materia.

Así pois, desde setembro, un total de 511 centros educativos se beneficiarán do apoio dun auxiliar de conversa nativo e o 75% dos centros educativos sostidos con fondos públicos na nosa Comunidade desenvolverán algún programa de plurilingüismo nas etapas de Infantil, Primaria, ESO ou Bacharelato.

Aprendizaxe lingüística e cultural

As persoas auxiliares achegan a realidade cultural e lingüística dos seus países de orixe, aportan a compoñente de multiculturalidade aos centros e levan a cabo un importante servizo complementario para o apoio ao ensino-aprendizaxe dunha lingua estranxeira.

Ademais dos centros plurilingües, outros moitos optan con reforzo dunha persoa auxiliar por contar con seccións bilingües, na que un grupo de alumnos cursa unha área, materia ou módulo de materias non lingüísticas de maneira bilingüe.

 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Resolución definitiva programa educativo VI CiberLiga 2024/25 modalidade preameateur

Lun, 29/07/2024 - 10:53
Idioma Gallego

Resolución definitiva do 26 de xullo de 2024 pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para participar no programa educativo VI CiberLiga 2024/25 modalidade preamateur, conforme ao disposto no apartado 7 da resolución do 24 de xuño de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

 

Anuncio principal: 

Convocatoria do programa educativo “VI CiberLiga 2024/25 modalidade preamateur"

Tema: 

Programas e plans

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia

Colectivo: 

Alumnado Centros

Román Rodríguez felicita a los alumnos de FP de las Mercedes por su labor en la 50ª Subida a Chantada

Dom, 28/07/2024 - 16:21
Idioma Gallego

El conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional, Román Rodríguez, asistió hoy a la 50ª edición de la Subida Automovilística a Chantada, parte del Campeonato de España de Montaña (CEM). Durante la jornada se celebraron la tercera subida de entrenamientos y dos carreras.

Entre los participantes destacó un coche de Fórmula 3 desarrollado íntegramente por alumnos y profesores del Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) As Mercedes. Los estudiantes del ciclo dual de Alta Especialización en Vehículos de Competición, el primer grado de España, trabajaron en el desmontaje, puesta a punto, adaptación mecánica y tecnológica, reparación de motor, sistemas de frenazo, y pintado y vinilado de la carrocería del modelo Dallara F3. Román Rodríguez felicitó a los estudiantes por el excelente trabajo realizado.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Publicación da Resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes non universitarios para o curso académico 2024/25 (código de procedemento ED002B)

Ven, 26/07/2024 - 23:29
Idioma Gallego

De acordo co establecido no punto cuarto da Resolución do 11 de xuño de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia nº 119, do 20 de xuño), publícase a resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes non universitarios para o curso académico 2024/25.

O prazo para formular reclamacións ou renuncias é o comprendido entre o día 29 de xullo ata o 30 de xullo de 2024, ambos incluídos.

  • Reclamacións á adxudicación provisional do concurso de destinos provisionais para o corpo de mestres e corpos de secundaria

As reclamacións formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código do procedemento ED002B) e deberá proceder do seguinte xeito:

1º Acceda á Sede electrónica da Xunta de Galicia e identifíquese coa súa Chave 365 ou certificado dixital.

2º Localice o ÚLTIMO EXPEDIENTE correspondente a súa solicitude de participación no concurso de destinos provisionais (ED002B) e prema no botón Acción: Alegacións.

AVISO: no caso de que se lle recuperara a súa solicitude de convocatorias anteriores ou non finalizase correctamente a presentación en sede e non poida realizar accións sobre o expediente deberá empregar a solicitude xenérica PR004A dispoñible na sede para formular as alegacións. Neste caso no campo EXPÓN da solicitude deberá indicar: RECLAMACIÓN CADP MESTRES OU SECUNDARIA (segundo corresponda).

3º Cubra o formulario, asine e finalice a presentación na sede seguindo os pasos que se lle amosan.

4º Descargue o recibo electrónico de presentación da súa reclamación.

AVISO: o trámite activarase o luns día 29 de xullo de 2024.

 

  • Renuncias á adxudicación provisional do concurso de destinos provisionais para o corpo de mestres e corpos de secundaria

    A) Persoal interino e substituto

    As renuncias á resolución provisional do concurso realizaranse unicamente a través da aplicación web http://edu.xunta.es/cadp e non resultará necesaria a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia. Só poderá empregar esta opción o persoal funcionario interino.

    Para renunciar deberá proceder do seguinte xeito:

    1º Acceda á aplicación web https://www.edu.xunta.gal/cadp e identifíquese coa súa Chave 365 ou certificado dixital segundo corresponda.

2º Ir ao menú Instancias e indicar as instancias ás que se renuncia (Columna accións)

3º Descargue o comprobante da renuncia ou renuncias que presentou, este comprobante non é necesario que o presente.

Se renuncia a todas as especialidades, a aplicación solicitaralle na última especialidade a que renuncie que indique a causa e achegue a documentación xustificativa. Só se permite engadir un arquivo de modo que no caso de que necesite achegar máis dun deberá xuntar todos os arquivos nun arquivo comprimido e engadir éste na aplicación informática.

Cando se renuncie a todas as listas será necesario, ademais, remitir a documentación xustificativa escaneada ao seguinte enderezo electrónico.

Correos electrónicos:

persoal.primaria@edu.xunta.gal: para corpos de mestres

persoal.secundaria@edu.xunta.gal: para corpos de secundaria e outros

  • B) Outros colectivos

    Deberá empregar o formulario de solicitude xenérica PR004 para renunciar á adxudicación dunha comisión de servizos ou a unha solicitude formulada pola modalidade ordinaria só para aqueles colectivos con destino definitivo (persoal docente de Conservatorio, de EOI ou de Agraria) e proceder do seguinte xeito:

    1º Acceda á Sede electrónica da Xunta de Galicia e identifíquese coa súa Chave 365 ou certificado dixital.

    2º Cubra o formulario de solicitude xenérica PR004, no campo EXPÓN da solicitude deberá indicar: RENUNCIA CADP MESTRES OU SECUNDARIA (segundo corresponda).

    3º Asine e finalice a presentación na sede seguindo os pasos que se lle amosan.

    4º Descargue o recibo electrónico de presentación.

    No caso de participar por máis dunha modalidade (ordinaria máis comisión por saúde ou conciliación), e querer renunciar a ambas, deberá presentar unha renuncia para cada unha delas. De renunciar só a unha delas, esta non poderá ser a solicitude formulada pola modalidade ordinaria no caso de persoal funcionario de carreira ou en prácticas que non teñan destino definitivo.

    AVISO: o trámite activarase o luns día 29 de xullo de 2024

Anuncio principal: 

Convocado o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2024/25

Servizo relacionado: 

CADP

Tema: 

Programas e plans Destinos provisionais e outros concursos Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Rueda avanza que a Xunta destinará ao Campus Industrial de Ferrol 6,6 M€ ata 2028, case o dobre que no período anterior

Ven, 26/07/2024 - 14:22

Summary: 

Salienta que o obxectivo é que a universidade teña “a capacidade e tranquilidade” de poder planificar o traballo nos vindeiros anos cun “orzamento fixo”

Ferrol foi o primeiro campus de España en conseguir o recoñecemento da súa especialización, e agora é o primeiro tamén en renovalo

Destaca a importancia de formar en Galicia a profesionais especializados en sectores con futuro coma as novas industrias ou as enerxías renovables

Idioma Gallego

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou hoxe que o Goberno galego destinará un total de 6,6 millóns de euros ata o 2028 ao Campus Industrial de Ferrol, case o dobre do consignado para o período anterior 2021-2024. Así o adiantou hoxe durante o acto no que o campus recibiu de novo a acreditación como campus especializado. 

Rueda salientou que, con este apoio, o campus contará “cun orzamento fixo” que lle permite a Universidade da Coruña planificar e “ter capacidade e tranquilidade” para traballar na posta en marcha de novos proxectos. 

Nesta liña, fixo fincapé nas oportunidades que supoñen as novas enerxías ou as novas industrias para a comarca de Ferrolterra e para este campus. “A especialización técnica en eidos con moito futuro é o camiño a seguir”, sinalou Rueda, quen resaltou a importancia de formar “profesionais” en Galicia para “xerar máis riqueza, máis emprego e máis innovación” na comunidade. 

O de Ferrol convértese así no primeiro campus universitario que renova este distintivo, logo de ter sido o primeiro tamén en conseguilo, en 2021. Este recoñecemento inscríbese no programa de especialización das universidades galegas que impulsou a Xunta, e que contribuíu a conseguir a acreditación deste campus, xunto co de Lugo (Campus Terra) e de Ourense (Campus Auga).

Grazas a todo este proceso, o campus ferrolá avanzou en estruturas de investigación, acadou mellores relacións coas empresas da contorna, e renovou a oferta académica. Todo iso permitiu que se consolidase como un motor económico e de dinamización nunha comarca que está inmersa nunha gran transformación produtiva.

Neste sentido, son moitas as iniciativas estratéxicas que se se están impulsando na contorna, como as plantas de hidróxeno renovable (H2Pole), de fabricación de pneumáticos (Sentury Tire) e de fibra (Ence) nas Pontes; a de metanol (Forestal del Atlántico) en Mugardos; ou outras iniciativas prioritarias, como a planta das Somozas de valorización de materiais (Valorgreen Recinor) ou o centro verde de hidróxeno e amoníaco das Pontes (Universal H2).

Cómpre destacar tamén a relevante industria naval de Ferrol, que se está reconvertendo con éxito nun auténtico polo industrial e de innovación en enerxías mariñas, como demostra o pulo de empresas como Navantia-Windar ou Nervión.

Matrícula gratuíta

A Xunta aposta desde hai anos por potenciar o sistema universitario galego e garantir a igualdade de oportunidades entre o alumnado. Nesta liña, a partir do vindeiro mes de setembro, Galicia implantará a primeira matrícula gratuíta para todos os universitarios que aproben. Deste xeito, un galego poderá estudar de balde desde a escola infantil ata que remate a carreira.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Iniciar sesión

Powered by Drupal - Design by artinet