Skip to Content

Viaxe Cultural a París Abril 2006

Neste curso o departamento de francés conxuntamente  cos departamentos do IES Monte Carrasco (Cangas), IES Auga da Laxe(Gondomar) e o IES Pazo da Mercé (As Neves) está a organizar unha viaxe cultural a París co alumnado.

Sairemos o 1 de abril en autobús rumbo a París, pasaremos a primeira noite na cidade dos famosos viños tintos de  “Bordeaux”  e seguiremos camiño ó día seguinte para os castelos do Loira, donde visitaremos o “Château de Chenonceau” e o “Château de Chambord”, xoais do renacemento francés, donde pasaba a súas vacacións a corte francesa, sobre todo François Iº. Pensamos chegar esa noite, e se non estamos moi cansos iremos facer unha visita nocturna a París.

O  día seguinte temos previsto visitar a “ La Tour Eiffel”, “L´Arc de Triomphe”, “Les Invalides”, “Montmartre”, comeremos nun restaurante universitario, e pola tarde visitaremos, “Le Marais”, “La Place des Vosges”, “Le canal Saint Martin”, “République”, “La Tour Eiffel La nuit”, cearemos no Quartier Latin.

O cuarto día de viaxe pasarémola en Eurodisney, e pola noite iremos cear a zona do Beaubourg.

As 10h30 do 5 de abril temos previsto visitar o museo impresionista, Musée d´Orsay, veremos a catedral de Notre Dame,  vagaremos  polas rúas de  “l´Île de la Cité”, “Le Quartier Latin”, “Le jardin du Luxembourg”,  procuraremos coller o metro, e as 19h30 temos unha visita nocturna ao  museo “ Le Louvre”, cearemos polo barrio Latino e para rematar a xornada un paseo polo río Sena en  “bateau Mouches”.

Como vedes temos uns días ben completiños, e o último día intentaremos coñecer o París moderno, o barrio de “La Défense”; xa non nos da para máis .

Esperamos que despois desta viaxe o alumnado volva cunha chea de experiencias novas, que aínda que so son 5 días poidan coñecer unha cultura, unha fala e costumes diferentes e, sobre todo, para os rapaces/rapazas que estudian francés perfeccionar o seu nivel lingüístico, captar e contrastar o que é diferente ou semellante entre a cultura estranxeira e a súa propia .



book | by Dr. Radut