Skip to Content

nòs

jlmartinez

O pasado 2020 celebrouse o centenario da publicación do primeiro número da revista Nós. Por este motivo, dende o Departamento de Lingua e Literatura Galega e o EDLG, propuxemos a recreación da icónica portada da revista.

Para crear a nosa versión, a profesora de Debuxo, Mª Xosé Ares, dividiu a portada orixinal en cadros, que se repartiron nos diferentes cursos. Tras unha posta en común, o alumnado substituíu a profesión ou símbolo da capa orixinal por outro representativo do noso mundo e da nosa vida, un século máis tarde. 

En 1º ESO A Fabiola Castro deseñou unha mariñeira; en 1º ESO B, Alejandra Gómez e María Otero crearon unha astronauta; mentres que en 2º ESO B se decidiron polo coronavirus e a aula virtual como os novos monstros que nos ameazan, deseñados por Miguel Martínez, Diego Pastoriza e Andrea Rial.

En 3º ESO, Helena Rosas, Adrik Blanco, Zaira Dios, Xiana Pastoriza e Miguel Peixoto modernizaron os músicos da parte inferior e na FPB de Peiteado Mohamed Belhadj fíxolle unha homenaxe ao persoal sanitario.

Raquel Martínez (4º ESO A) foi a encargada de debuxar unha mariscadora mentres que Iria Estévez e Lía Menduíña (1º Bacharelato) substituíron o cáliz orixinal por unha icona feminista que pinta o mundo de cores.

Este é o resultado, un gran traballo feito por un gran equipo. Parabéns!

 

E o 27 de xaneiro, nós tamén saímos en nòs

 

 

 



page | by Dr. Radut