Acreditación de competencias. Convocatoria 2015
Publicada a Orde do 16 de decembro de 2014 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
- A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informáticasubministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezohttp://www.edu.xunta.es/acreditacion. Esta aplicación está activa a partir do 8 de xaneiro de 2015.
- A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento.
- Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
- O prazo de presentación de solicitudes será desde o 8 de xaneiro de 2015 ao 6 de febreiro de 2015.