Coma fai anos, neste segundo trimestre do curso, os/as alumnos/as de 1º bacharelato graban uns vídeos presentando diferentes zonas de Carballo, este ano ampliado incluso a Entrecruces. Aquí tedes un vídeo recopilatorio dos mellores momentos. Moitos parabéns ós alumnos participantes polo seu entusiamo, alegría e imaxinación, que nestes momentos son esenciais.
Grazas a Xairo Campos pola realización e a Lara Sestayo, Alejandro Couto e Manuel Galán pola dirección creativa.