IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

Debido a un caso de orellóns (parotidite ou papeiras) que recentemente se detectou nun membro da comunidade educativa do centro, cremos que é importante informar ás familas.

A continuación o texto remitido, tras a nosa consulta, pola Xefatura territorial de sanidade dá Coruña.

A dirección.

Un ano máis, do 11 ao 18 de xaneiro un grupo de alumn@s do centro, acompañados das profesoras Cristina e Leticia, foron a Andorra a gozar da neve.
O tempo acompañou e tiveron 4 días de espléndido sol co que esquiar foi unha gozada. Soamente empeorou o tempo o último día desde o mediodía, o que non impediu que seguisen a esquiar.
Así, os rapaces puideron gozar da neve, as compras por Andorra e de Caldea.
A única pega deste ano foi o parte de lesionados xa que volveron con problemillas dous alumnos e unha profesora. Por sorte, non foron graves incidentes ningún dos tres.
Deixámosvos un vídeo-resumen da viaxe deste ano.

 

Nivel académico

Prazas vacantes

Prazas reservadas para NEAE

1º curso da ESO

34

15

2º curso da ESO

19

 

3º curso da ESO

16

 

4º curso da ESO

16

 

1º Bacharelato - Ciencias

0

 

1º Bacharelato - Humanidades e Ciencias Sociais

 20  

2º Bacharelato - Ciencias

7

 

2º Bacharelato - Humanidades e Ciencias Sociais 3  

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca 1.600 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen na ligazón web do programa.

O inicio do procedemento de solicitude realizarase a partir da aplicación dispoñible na páxina web do programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle), non sendo válidas as solicitudes que non procedan deste xeito.

Segundo a ORDE do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/20 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia; no seu artigo 7 punto 2. O IES Isidro Parga Pondal elixiu como días non lectivos:

O 5 de decembro, xoves.

O 20 de marzo, venres.

Así mesmo os períodos de vacacións son:

1. Nadal: desde o día 21 de decembro de 2019 ata o día 7 de xaneiro de 2020, ambos inclusive.

2. Entroido: días 24, 25 e 26 de febreiro de 2020.

3. Semana Santa: desde o día 4 ata o 13 de abril de 2020, ambos inclusive.

Ademais dos anteriores, sen prexuízo do establecido no artigo 8.3 da citada ORDE e co fin de unificar a celebración dos patróns de cada nivel educativo, establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2019/20 se celebrará o 31 de outubro de 2019.

Hoxe, 11 de febreiro, celebramos o  “Día da  Muller e  da Ciencia . Desde o noso centro  queremos sumarnos a esta conmemoración. Cremos que é sumamente importante que o número  de alumnas que estuden carreiras de ámbito STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) medre, que se dean conta que TODAS poden facer  aquilo que se propoñan e nós queremos motivalas para levalo a cabo.
Destacamos así,  o proxecto que está realizando o alumnado de 2º bacharelato na optativa TICS (Tecnoloxía, Informática e Comunicacións) guiados pola súa profesora Leticia Riestra.  Estes están participando nun concurso internacional (organizado pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona) dirixido a colexios e institutos de España e Latinoamérica e cuxos obxectivos son:
  • Romper estereotipos de xénero asociados a carreiras STEM.
  • Potenciar referentes femininos actuais que sirvan de inspiración ás máis novas.
  • Promocionar o uso da tecnoloxía e o  traballo en grupo mediante a creación de páxinas web.

 

O  alumnado leva varios meses preparando  a súa páxina web con gran esforzo, motivación e ilusión. Realizaron varias entrevistas a mulleres relevantes tanto de maneira presencial como a distancia e traballaron con diferentes ferramentas para reflectir na súa páxina web o esforzo realizado.
Publicaron ademais, nas nosas redes sociais, noticias relevantes no ámbito STEM así como os progresos duranteo desenvolvemento  do proxecto.

As diferentes mulleres entrevistadas foron:
  • Verónica Rojo Oróns: Bióloga. Traballando en AllGenetics.
  • Marta Esperanza Llera: Bióloga. Investigadora
  • Marta Nael: Ilustradora.
  • Verónica Bolón Canedo: enxeñeira Informática. Profesora e investigadora.
  • Yasmin Diab López: Inxeñeira Informática. Analista programadora.
  • Tamara Riestra Ainsua: Enxeñeira Informática. Profesora de Secundaria.             
  • Ángeles Saavedra Places: licenciada en informática. Profesora e investigadora.
  • Sandra Santos Suárez: Matemática. Profesora de secundaria.
  • Iria Roca Otero: Matemática. Investigadora.

Podedes  consultar o traballo realizado no seguinte enderezo: XXX así como seguirnos nas redes sociaiss @Facebook, @Twitter e @Instagram e compartir as  nosas noticias para intentar chegar ao maior número de mulleres posibles.


A continuación gozade do vídeo resumo do proxecto

 

Publicada a Resolución do 24 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

Os prazos de matrícula serán:

  • Convocatoria de maio: 16 ao 27 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.
  • Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2020, ambos os dous incluídos.

Máis información