IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

O vindeiro venres día 31 ás 10:10h, o alumnado de 2º de Bacharelato asistirá a unha reunión informativa sobre a FP DUAL.

A reunión terá lugar na aula multimedia, no 1º andar.

Con motivo do fin do primeiro trimestre, a profesora Leticia Riestra, do departamento de Informática organizou un breakout- edu ao alumnado de 1 e 2 de bacharelato.
Un "breakout" é un xogo inmersivo derivado do populares Escape  Rooms. Nun breakout non hai que saír dunha habitación na que un grupo está encerrado; aquí o obxectivo consiste en abrir unha caixa pechada con diferentes cadeados nun tempo predeterminado. Para conseguir os códigos que os abren é necesario resolver problemas, cuestionarios e enigmas. Unha breve narrativa transforma aos participantes en axentes secretos, científicos, aventureiros ou calquera personaxe que imaxinemos.
Os breakout achegan entre outras: colaboración e traballo en equipo, desenvolvemento de pensamento crítico, habilidade para resolver problemas, aprender a traballar baixo presión…
Neste caso, e baixo a temática de Harry Potter, o alumnado tiña que deter un contador nun tempo estipulado de 80 minutos para conseguir por unha banda poder acceder a todo o material que o profesorado utiliza para preparalos para as ABAU (no caso de 2 bacharelato) ou para evitar que todas as excursións programadas fosen canceladas (no caso de 1 bacharelato).
Despois dunha pequena introdución co reparto do alumnado nas diferentes casas da escola de maxia usando o sombreiro seleccionador e dun pequeno vídeo co director do centro explicando o problema, deuse comezo ao xogo tendo que resolver enigmas de materias como matemáticas, historia, galego, educación física, bioloxía e mesmo procura de libros pola biblioteca todo iso acompañado de música para xerar un ambiente máis divertido.
Como premio, o grupo que conseguiu parar o contador, e despois de resolver un último enigma empregando variñas máxicas, puido atopar a combinación do cadeado do libro dos monstros e acceder a un premio final o cal tamén incluía un premio de consolación para todos os participantes.
O alumnado pasoullo en grande e gozou moito da experiencia.
Poden consultar as fotos na seguinte galería, así como un par de vídeos resumen de cada un dos grupos.

Un ano máis, mañán xoves 9 de xaneiro, dará comenzo o curso de Mediadores e de Alumnado Axudante. Co obxectivo de seguir a mellorar o clima positivo de convivencia no centro e desenvolver competencias e aprendizaxes útiles para a vida , no IES Parga Pondal, formaranse un total de 25 alumnos na resolución de conflictos.

Esta formación permite unha xestión participativa e pacífica dos conflictos dando a coñecer modelos de comunicación entre partes dun conflicto que facilitan xestionar os problemas dun xeito cooperativo.

As sesión serán no centro durante varios xoves de 14:30 a 16:30 e nelas participarán o alumnado de 1º seleccionado polos propios compañeiros para ser Axudantes. Así como profesorado interesado na formación de Resolución Pacífica de conflictos.

Hoxe, 8 de xaneiro, tiveron lugar uns incidentes no transporte escolar do centro. Poucos, non graves, pero molestos.
As causas foron os cambios que aconteceron nos contratos de transporte da Xunta durante as vacacións de nadal en varias liñas da comarca, ademais dunha avaría moi inoportuna.
Como consecuencia, en algunhas paradas o servizo non foi satisfeito, ocasionando as debidas molestias.
Esperamos que a coordinación entre as novas empresas de transporte e as antigas comenze a funcionar mañá con normalidade.
Ata entón, informádenos de calquera incidencia que aconteza no transporte para que poidamos, desde o centro, achegar as correspondentes queixas.
A dirección.

Dentro dos requisitos da convocatoria de PIALE, comparto esta memoria-difusión da miña experiencia educativa no Canadá en novembro-decembro de 2019 con toda a comunidade educativa do I.E.S Isidro Parga Pondal.

Susana Méndez Piñeiro, departamento de Inglés.

Canada Piale 2019

O departamento de Música do IES Isidro Parga Pondal organizou un concerto de Nadal para despedir o ano no centro.

Co gallo da folga á que todo o profesorado de Galicia está convocado o xoves 12 de decembro (CIG-Ensino, CCOO, Anpe, UXT, STEG e CSIF) co obxectivo de recuperar os horarios e mellorar as condicións de traballo, a dirección do centro informa á comunidade:

  • Terán a consideración de servizos mínimos [...] a dirección ou membro do equipo da dirección, segundo a ORDE do 28 de novembro de 2019 pola que se ditan normas que determinan os servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino público convocada para o día 12 de decembro de 2019.
  • Segundo a mesma orde, "o dereito á seguridade e o correlativo deber de protección dos menores, dada a súa entidade, debe exercerse continuamente. Como servizo mínimo para garantilos establécese que os centros docentes permanezan abertos no seu horario habitual, coa necesaria presenza nos ditos centros do director ou, de ser o caso, doutro membro do equipo directivo que o substitúa, xa que tales membros do equipo directivo teñen a representación do centro e garanten o cumprimento das leis e demais disposicións vixentes, como sinalan as alíneas a) e d) do artigo 132 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, publicada no BOE do 4 de maio, e polo tanto, están capacitados e facultados para resolver calquera incidencia respecto da seguridade dos menores de idade. Así mesmo, consonte a normativa citada, o director tamén está facultado e capacitado para resolver calquera incidencia que se poida producir respecto do conxunto dos bens que integran un centro docente.

O Centro informa ás familias:

  • O centro abrirá as súas portas como unha xornada normal.