O grupo ecoloxista Toxos formado por alumnado do centro fixo un vídeo sobre o consumo responsable de papel e de como desbotar de xeito correcto a máscara.
O grupo ecoloxista Toxos formado por alumnado do centro fixo un vídeo sobre o consumo responsable de papel e de como desbotar de xeito correcto a máscara.
O xoves desta semana, é 11 de febreiro e conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Por iso, desde a biblioteca quixemos levar a cabo durante a semana varias iniciativas.
Panel con toda a exposición |
Nas vitrinas montamos unha exposición con libros de temática STEM para fomentar o estudo e ensino das ciencias e as matemáticas desde os primeiros anos da Educación Secundaria ata o Bacharelato
Vitrinas con libros |
|
No panel verde da entrada, colocáronse tres exposicións simultáneas.
Mulleres divulgadoras |
Mulleres divulgadoras |
Persoas LGTBI de ámbito científico |
Mulleres inventoras e científicas |
O propio xoves 11 temos unha charla organizada pola Iniciativa 11 de febreiro (https://11defebrero.org/) lanzada en setembro de 2016 por un grupo de persoas do ámbito científico, de forma completamente voluntaria e sen ánimo de lucro co obxectivo de encher as axendas de actividades que conmemoren o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia promovendo prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico-tecnolóxico.
Esta tertulia será guiada pola carballesa Verónica Bolón Canedo, enxeñeira informática e profesora de Ciencia da Computación e Tecnoloxías da Información na Universidade da Coruña, recentemente galardoada cun dos premios Dona TIC na categoría de revelación polo seu traballo no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación outorgados pola Consellería de Políticas Dixitais e Administración Pública da Generalitat de Cataluña, dentro do plan Dona TIC.
A esta charla asistirá o alumnado de 4º ESO e 1ºBacharelato que cursan a materia optativa de TICS e Introdución á programación. Ao rematar, Sara Cotelo e Sergio Amarelle (de 1º de Bacharelato) faranlle unha entrevista na radio Rebolondas do centro para a súa posterior emisión en formato podcast para que poida ser escoitado por toda a Comunidade Educativa.
Verónica Bolón Canedo |
O noso agradecemento ao blogue "Social Media en Investigación" que ten como obxectivo fusionar a ciencia e as redes sociais, e dar a coñecer proxectos de divulgación científica. O material usado para a exposición de mulleres divulgadoras e ciencia Arco Iris foi obtido de dúas das súas iniciativas:
Novas na prensa:
- Que pasa na Costa
Gracias á entidade Vieiro o alumnado de 1º e 2º do noso centro recibe as sesións sobre habilidades persois e Sociais, proporcionando ao alumnado habilidades necesarias para o desenvolvemento da súa vida diaria, ademais de dotes de coñecementos básicos para a utilización das novas tecnoloxías dun xeito saudable e responsable. Nas últimas sesións facilitará información sobre as distintas sustancias adictivas ás que o alumnado pode ter acceso.
O alumnado de 3º e 4º recibe as charlas impartidas pola pedagoga Dalila Vizcaíno que pertencen ao programa de prevención de conductas adictivas. Lleva por lema Non pasa nada,pasa algo? e ten a finalidade de ofrecer información clara, concisa, real acerca dos efectos e consecuencias do consumo de drogas.
O departamento de Orientación do IES Isidro Parga Pondal, coa estreita colaboración do departamento de Mediación, titores e titoras da ESO e a Dirección queremos agradecer unha vez máis a Vieiro a súa labor tan necesaria para o noso alumnado e comunidade educativa, e o noso agradecemento a Patricia Rodríguez e a Dalila Vizcaíno pola súa profesionalidade, implicación e sensibilidade co noso alumnado.
O derradeiro día de curso antes do Nadal, os alumnos e alumnas de 2º da ESO, recibiron unha charla da nosa compañeira Mariquiña que rexenta un clube de actividades de montaña chamado AMI na Coruña. A idea era ir a facer unha actividade de escalada nas súas instalacións, pero a situación actual non o permite, polo que recibiron a información no noso Instituto.
Os rapaces mostráronse moi atentos a toda a información facilitada. Falóuselle dos tipos de actividades na montaña, dos materiais empregados, dos riscos posibles e tamén os animóu a facer unha práctica cando a situación mellore.
Agardamos que sexa pronto xa que estamos moi interesados en facelo.
Moitas grazas Mariquiña!
O 30 de xaneiro, celebramos o Día da Non Violencia e da Paz con motivo do aniversario da morte de Mathama Gandhi (India, 1869-1948), avogado, político e activista do movemento da independencia da India e líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte a inxustiza e que foi asesinado por defender estas ideas.
“Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño”. Mahatma Gandhi.
Cada 30 de xaneiro lembramos a importancia de vivir nun mundo en paz, un dereito da infancia e de toda a humanidade. A educación na tolerancia, a solidariedade, a concordia e o respecto aos Dereitos Humanos, á non-violencia e a paz son motivos para recordar este día.
Dende o IES Parga Pondal sumámonos á celebración deste día con diferentes actividades para concienciar ao noso alumnado da importancia da paz e dos valores do respecto, a tolerancia e a empatía.
Así gravamos un podcast na nosa radio escolar, Rebolondas no que participaron Xosé Cameán, Lara Rabuñal e Alba Varela (4º ESO) e Lara Sestayo (2º Bacharelato). Neste audio podemos escoitar un decálogo para construír un mundo mellor e un manifesto por unha cultura da paz e da non violencia.
Ademais no panel verde da entrada fíxose unha exposición cunha selección de poemas e imaxes alusivas á Paz no que participou alumnado de 1º ESO: Julia García, Alberto Calleja, Xiana Barbeira, Andrea Muñiz, Julia Pose, Brais Pensado, Hugo Aldea e Nerea Bardanca. E tamén un poster feito por Lola Amigo de 2ºESO.
Agradecemos a colaboración de todo o alumnado participante nestas actividades.
E lembrade que tod@s podemos contribuír a erradicar diferentes tipos de violencia e convivir nunha cultura da paz!
Desde toda a Comunidade Educativa do IES PARGA PONDAL, queremos expresar o noso agradecemento a Rosalina Pérez, profesora de Física e Química durante 23 anos, pola súa inestimable implicación docente.
Non puidemos darche a gran despedida que te mereces pero as circunstancias actuais non nolo permitiron así que esperamos, que o pequeno xesto que si puidemos ter contigo, demostre o gran agarimo de todo o persoal docente e non docente do centro que non puideron estar presentes.
Nalgún recuncho do centro quedará sempre a túa pegada. Todo o que vai vir a partir de agora, será un complemento máis á túa vida. Poderás dedicarte ao que che guste, sen présas. A partir de agora recibirás as recompensas por todo o tempo que dedicaches a dar o mellor de ti en cada función que desempeñaches.
Boa singradura, estimada compañeira. Esperamos verte visitando o noso centro. Simplemente, GRAZAS e moi boa sorte nesta nova etapa.
O 27 de xaneiro é o Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto. O 27 de xaneiro conmemoramos a liberación en 1945 polas tropas soviéticas do campo de concentración e exterminio nazi de Auschwitz-Birkenau. Neste día lembramos o xenocidio ou asasinato en masa de case seis millóns de xudeus e doutras comunidades relixiosas, etnias e grupos minoritarios, como testemuñas de Xehová, xitanos, homosexuais ou persoas con discapacidades durante a 2ª Guerra Mundial. O Holocausto foi o maior xenocidio do século XX, un exterminio étnico levado a cabo polo estado nazi alemán, liderado por Adolf Hitler.
Nova na prensa:
- Que pasa na Costa
O noso alumnado colabarou con diferentes centros educativos nos seus programas de radio. Aquí os deixamos información relativa as dúas colaboracións.
Por outro lado, cada mércores, o alumnado do IES Perdouro de Burela, dentro do chamado Proxecto Neo realiza un programa de radio de 1 hora de duración.
No IES Isidro Parga Pondal comezou un curso máis o obradoiro do Alumnado Adxudante para os alumnos/as de 1º ESO durante cinco semanas. O obxectivo é seguir implementando cada ano, e este é o décimo, este programa de convivencia que forma parte do Programa de Actuación do Departamento de Mediación do centro educativo.
A formación do Alumnado Adxudante é un bo medio para dar resposta as necesidades que existen na práctica diaria no propio centro. Esta formación permitirá, además, o aproveitamento do gran recurso que ten o centro: o seu propio alumnado
Novas na prensa:
- La Voz de Galicia
- Que pasa na Costa
Nos seguintes documentos pódense consultar os contidos mínimos e criterios de cualificación das materias impartidas polo Departamento de Economía dende 4ºESO ata 2º Bacharelato, ademais das programacións dos módulos de ciclo formativo.