IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

LogoANPAUnha das rifas que vendeu o alumnado para costear as excursións tiñan data de sorteo mañán, coincidindo co sorteo da ONCE do día 17 de maio de 2020.

Como este sorteo non se vai a producir, decidimos que se adiará ao día 17 de xuño, é dicir, as rifas valerán cos mesmos premios e coincidindo co sorteo da ONCE do día 17 de xuño de 2020.

 

De non ser posible ese día, daríamos aviso dunha nova data.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Hoxe fixemos entrega da nosa páxina web para o proxecto Wisibilízalas.

A participación neste proxecto achegounos grandes cousas: mellorar o noso traballo en equipo, aprender ferramentas para deseño web así como (o máis importante) dar a coñecer e promover as mulleres no ámbito STEM mediante información sobre mulleres, películas, libros, xogos e inventos realizados por elas nestes ámbitos científico-tecnolóxicos. Espero que vos gustaran as nosas publicacións.

Deixámosvos a ligazón para que poidades ver o traballo realizado: https://sites.google.com/view/wisi-ascachirulas

#wisibilízalas #wisibilizalas #wisibilizalas2020 #Wisibilízalas #itgirls #Wisibilizalas #pargapondal #ascachirulas #universitatpompeufabra