Saltar navegación.
Inicio

Orientación

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior 2024

Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024.

 

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
 
 
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.
 
 
 

Máis información

Programa Outono Xove 2023

 O programa Outono Xove 2023 está dirixido a mozos e mozas empadroados en Galicia que teñan entre 14 e 30 anos no momento de asistencia á quenda para a que se presenta a solicitude. Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30 anos.

 

As actividades comezarán a partir do 3 de novembro.

 

Ofértanse 900 prazas nos 8 programas que conforman a actividade, cun máximo de 20 prazas en cada unha das opcións e fins de semana.

 

MOI IMPORTANTE: O prazo de inscrición comezará o día 27 de outubro ás 10.00 horas e será mediante formulario en liña. No formulario só se poderá elixir unha quenda. As prazas asignaranse por estrita orde de chegada dos formularios.

 

Guía para o desenvolvemento do Plan de Benestar Emocional

 Guía para o desenvolvemento do Plan de Benestar Emocional

A Guía para o Desenvolvemento do Plan de Benestar Emocional será un recurso ao dispor do centro educativo e dirixida a toda a comunidade educativa. As actuacións poderaas levar a cabo o profesorado ou o profesorado titor, en colaboración co Departamento de Orientación.
 

 

 

 Guía para o desenvolvemento do Plan de Benestar Emocional

 

 

 

Proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU 2023)

Proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade. 

 ABAU 2023

Convocatoria ordinaria: 6, 7 e 8 de xuño de 2023


Convocatoria extraordinaria: 11,12 e 13 de xullo de 2023


Resolución do 13 de febreiro de 2023 (DOG do 21 de febreiro)


Notas de corte 2022


Parámetros de ponderación 2023-2024

 

                                                  

XXIX Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional -Guía Tí Elixes e vídeos- (XOUP 2023)

Co gallo da celebración das Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional (XOUP), que organiza o Concello da Coruña e a Universidade da Coruña,  presentamos unha nova edición da guía Ti elixes!, na que poderás atopar interesantes recursos en materia de educación e emprego, e unha selección de bolsas e axudas convocadas nos últimos dous anos por entidades públicas e privadas.

Guía Ti elixes

Complementariamente, tamén podemos ver os vídeos de ditas Xornadas.

Vídeos das Xornadas 2023

XI Campus de Verán XuvenCiencia (Universidade de Santiago de Compostela)

Volve o  XI Campus de Verán XuvenCiencia, o campamento científico da USC, no que preto de cen estudantes de 4º da ESO, de BAC e de ciclos medios de FP vivirán unha semana de experiencias inesquecibles. 

 

 

 

O Campus XuvenCiencia terá lugar do 2 ao 8 de xullo.

O custo da matrícula é 250 €.

O prazo de preinscrición ábrese dende o vindeiro venres 5 de maio ata o 14 de maio.

 

Como nas edicións anteriores, o obxectivo do Campus de Verán é poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas das ciencias experimentais e sociais e da tecnoloxía así como coa contorna universitaria.

 

A matrícula inclúe a participación nas actividades do campus e nas actividades lúdicas da tarde, o material necesario, o seguro, o xantar nun comedor universitario os cinco días do campus e o diploma de participación da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais inclúe actividades lúdicas de noite e aloxamento, cea e almorzo en Residencias Universitarias de Lugo, con acompañamento de monitores titulados da A.D.C Lumieira Lugo.

 

Na páxina web https://xuvenciencia.org/campus  pódese ver toda a información acerca das actividades do Campus.

Canle de Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCJ1iTLZuPX3OpsScaSxz_jQ

 

Distribuir contido