Skip to Content

Visita ao Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes. CiTIUS. 1º BACH

O pasado luns 22 de abril o noso alumnado de 1º de Bacharelato do ámbito científico visitou as instalacións do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes,  CiTIUS  ubicado no Campus Vida da USC en Santiago de Compostela dentro do "Programa de visitas ao CiTIUS"

Foi unha xornada que despertou gran interés e satisfación no noso alumnado no que se desenvolveron unha serie de visitas guiadas con desmostracións interactivas das liñas de investigación do CiTIUS por parte dos investigadores desta institución, adaptadas ás idades do alumnado visitante.

Grazas ao persoal do CiTIUS pola iniciativa e a atención prestada.

 

 

NAVEGA CON RUMBO

O vindeiro luns 15 de abril terá lugar no noso centro educativo unha actividade encamiñada a favorecer o uso responsable de internet e as RRSS, dirixida tanto para o alumnado como para as familias dentro do programa NAVEGA CON RUMBO froito do convenio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia  (CPEIG), iniciativa encamiñada a que o alumnado dos centros escolares de Galicia navegue con seguridade pola rede, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet.

ROTEIRO GUIADO NAS FRAGAS DO EUME. 1º BACH BIOLOXÍA

O pasado xoves 4 de abril, alumnado de 1º de Bacharelato do ámito científico desfrutou dunha marabillosa xornada nun entorno incomparable como é o das Fragas do Eume. Nesta actividade programada polo Dpto. de Ciencias Naturais realizaron un roteiro guiado así como a visita ao Mosteiro de Monfero.

 

VISITA BANCO DE ESPAÑA. 1º BACH- ECONOMÍA

O noso alumnado de 1º BACH que cursa Economía, o pasado xoves día 4 de abril, tivo a oportunidade de coñecer as instalacións que o Banco de España ten na cidade de A Coruña, así como as funcións que desempeña esta institución dentro das actividades complementarias organizadas polo Dpto. de Economía. 

Probas de certificación CUALE 2023/24

O alumnado matriculado en CUALE ten no documento adxunto toda a información para realizar a matrícula das probas de certificación da EOI da Coruña, entre os días 8 e 12 de abril.

INSTRUCIÓNS PROBAS DE CERTIFICACIÓN CUALE 2023/24

I curso capacitación dixital para persoas adultas 2024

Unha vez confirmado que o IES Fernando Blanco segue formando parte da Rede de Capacitación Dixital para persoas adultas, zoas rurais e colectivos vulnerables damos comezo a un novo curso.

O martes 2 de abril ás 16:00h dará comezo o primeiro curso de Capacitación dixital do 2024.

Agardemos que aprendan moito e sobre todo disfruten da súa estancia no centro.

Admisión alumnado ESO e Bacharelato curso 2024/2025

Informamos que todas as solicitudes presentadas dentro do prazo para 1º da ESO e 1º de Bacharelato, para o curso 2024/2025, resultaron admitidas.

FEIRA DAS UNIVERSIDADES E CENTROS SUPERIORES 2024

 

O pasado 21 de marzo tivo lugar a I Feira das Universidades e Centros Superiores organizada pola Universidad Intercontinental de la Empresa en colaboración co noso centro IES Fernando Blanco e o Concello de Cee, e a que a maiores do alumnado de Bacharelato e Ciclos Superiores do noso centro, estiveron convidados o IES Agra de Raíces, o IES Terra de Soneira e o IES Maximino Romero de Lema

Durante esta xornada celebrada nas instalacións deportivas do IES Ara de Raíces e que tivo unha gran acollida entre o publico asistente,  o alumnado tivo a oportunidade de contar con asesoramento e orientación entre unha variedade de oferta formativa á súa disposición nos stands das diferentes universidades galegas así como de outras institucións educativas.

Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración.

 

 

 

      

 

 

 

LIMPEZA DE PRAIAS

 

 

 

Un ano máis o noso alumnado de diferentes cursos da ESO articipou nunha xornada de conciencianción e compromiso co noso mar. Despois de limpar os areais dunha praia en Camelle participaron nun obradoiro da man da Asociación Mar de Fábula onde co material de refugallo atopado na praia construiron verdadeiras obras de arte.

Parabéns!

 

 

 

 

MAÑÁ DE XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA NAUTILUS E LIBROS COMA AREA

A mañá do martes 19 de marzo os clubs de lectura do IES Agra de Raíces, Libros coma area, e o do IES Fernando Blanco, Nautilus pasaron a mañá xuntos disfrutando dunha visita ao Museo Fernando Blanco, aos xardíns e as principais estancias do centro como foron a capela, a sala do reloxo, os laboratorios e finalmente a biblioteca. Unha vez rematada a visita no Fernando Blanco subiron ao IES Agra de Raíces onde foron recibidos na biblioteca. 

Dende aquí queremos agradecer ás persoas coordinadoras dos clubs de lectura e biblioteca dos dous centros o seu traballo diario e sobre todo mostrar a nosa felicitación por esta actividade conxunta.

Distribuir contido


by Dr. Radut