Skip to Content

Conferencia Isto non o verás nos medios: Consellos para informarse entre o ruído

O conferenciante Manuel Rey Pan

Conferencia de Manuel Rey Pan Isto non o verás nos medios: Consellos para informarse entre o ruído, para alumnado de bacharelato do IES Fernando Blanco e do IES Agra de Raíces.

Manuel Rey Pan é redactor no portal de información científica GCiencia dende maio de 2016.

Antes traballou no xornal La Voz de Galicia e Radio Voz.

É graduado en Xornalismo pola Universidade Pontificia de Salamanca, e Máster en marketing, consultoría e comunicación política pola Universidade de Santiago de Compostela.

En 2017 recibiu o Premio Galicia de Xornalismo Científico, e en xuño de 2019 publicou o libro El mal sin cura de la Costa da Morte, sobre a enfermidade da ataxia.

Respecto da conferencia Isto non o verás nos medios: Consellos para informarse entre o ruído, que ofreceu no marco do Programa O Mes da Fundación Fernando Blanco de Lema, Manuel Rey falounos de algo que coñece ben pois forma parte do seu día a día como profesional.

Un aspecto do salón de actos durante a conferencia

Abordou a importancia de buscar fontes de información fiables e contrastadas, tratando sempre de fuxir da manipulación e das medias verdades.

As fake news, así chamadas hoxe en día, parece que son un invento recente, pero en realidade veñen de moito tempo atrás. Non son máis que contos, lerias e rumores, os cales entrañan un perigo moi grande e poden facer moito dano.

O conferenciante abordou bos e malos exemplos de xornalismo para aprender a separar o gran da palla.



page | by Dr. Radut