Skip to Content

Entrega das becas-premio da Fundación Fernando Blanco de Lema

Premiados, patrocinadores, autoridades educativas e docentes

Na mañá do venres 18 de otubro tivo lugar no salón de actos do IES Fernando Blanco a entrega das VIII Becas-Premios Fernando Blanco correspondentes ao curso 2018-2019, as cales están organizadas conxuntamente pola Fundación Fernando Blanco de Lema e polo IES Fernando Blanco de Cee, e que contan coa colaboración varias firmas comerciais (Estación de Servizo Bazarra, Abanca, Semáforo de Fisterra, Centro Comercial Finisterrae, Roberto G. Rigaut S.L. (Mapfre Seguros), Compucee, Fersi Papelería, Ler Librerías, Aurora Sport, Cabo Sport, Seguros Costa da Morte, Parques e Xardíns Manuel García e Inforneria).

O acto contou coa presenza da Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar Tojo, do Secretario Xeral Técnico da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, Jesús Oitavén Barcala, do Inspector Xefe do Servizo territorial de Inspección Educativa da Coruña, Iván Mira Fernández e da Inspectora de Educación do I.E.S. Fernando Blanco, Magdalena Duarte Blanco, de representantes de todos os establecementos colaboradores (eles foron os encargados de entregar as becas), integrantes do Padroado da Fundación, representantes do Concello de Cee, profesorado do IES Fernando Blanco, familias e alumnado de 1º F.P. Básica, 3º da ESO, 1º de Bacharelato, 1º de Ciclo Medio, 1º e 2º de Ciclo Superior, que encheron ata a bandeira o centenario salón de actos do centenario instituto ceense.

A conselleira de educación dona Carmen PomarA alcaldesa de Cee dona Margarita LamelaA directora do Fernando Blanco dona Chelo Trillo

Os discursos da cerimonia correron a cargo de Darío Areas Domínguez (Secretario da Fundación), Chelo Trillo Lago (Directora do I.E.S. Fernando Blanco e integrante do Padroado da Fundación), dos cinco alumnos premiados, de Margarita Lamela Louzán (Alcaldesa de Cee e Presidenta da Fundación) e de Carmen Pomar Tojo (Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional).

En todos eles estivo moi presente a figura de D. Fernando Blanco de Lema, posto que o mesmo día da entrega (18 de outubro) cumpríanse 223 anos do seu nacemento, e todos quixeron louvar a súa figura e o seu altruísmo, froito do cal, Cee conta cun dos centros educativos de referencia de Galicia dende finais do século XIX, e motor do desenvolvemento educativo, cultural e social da vila.

Ao remate do acto, os alumnos premiados depositaron un centro floral na tumba onde repousan os restos do fundador, situada na capela do instituto, a escasos metros de onde se celebrou o acto de entrega das becas, como mostra de cariño, respecto, admiración e eterna gratitude.

As Becas-Premio Fernando Blanco están destinadas a agasallar aos mellores expedientes académicos de distintos cursos impartidos no  instituto ceense.

As notas dos premiados/as desta edición oscilaron entre o 8,83 e o 9,85. De feito, era requisito imprescindible para optar a ditos Premios, ter tódalas asignaturas aprobadas en xuño, cunha nota media mínima de 8,5,

Cada un dos Premios está valorado en 500 € (220 € en metálico e 280 € en vales de compra doados polos establecementos colaboradores).

Constantina Casais xunto con algúns dos patrocinadoresXabier Larrañaga xunto con algúns dos patrocinadoresBrais Velay xunto con algúns dos patrocinadoresLaura Cernadas xunto con algúns dos patrocinadoresAlejandra Cos xunto con algúns dos patrocinadores

Os premiados nesta octava edición das Becas-PremioFernando Blanco foron:

  • LAURA CERNADAS GÓMEZ (2º ESO)
  • XABIER LARRAÑAGA LEDO (1º BACHARELATO)
  • BRAIS VELAY VÁZQUEZ (1º BACHARELATO)
  • CONSTANTINA CASAIS CARAMÉS (1º CICLO MEDIO – XESTIÓN ADMINISTRATIVA)
  • ALEJANDRA JUDITH COS RODRÍGUEZ (1º CICLO SUPERIOR – ADMINISTRACIÓN E FINANZAS)

PARABÉNS !!!



page | by Dr. Radut