Skip to Content

Entrega de maqueta do edificio do Fernando Blanco

Maqueta do edificio principal do instituto

Emilio López Fiel, usuario do Centro Social de Cee, fixo entrega ao IES Fernando Blanco dunha maqueta, a escala, que representa o edificio principal do IES Fernando Blanco. Esta maqueta, moi detallada, foi elaborada no curso de manualidades que se desenvolveu no Centro Social.

No acto de entrega da maqueta estivo presente Emilio López Fiel, a concelleira de Servizos Sociais, Ema Trillo, a responsable do Centro Social, María José Toba e a directora do IES Fernando Blanco, Chelo Trillo.

Don Emilio, que é un experto maquetista, tamén fixo unha maqueta do edificio do Centro Social de Cee que se pode ver nunha das fotografías.

Desde esta web dámoslle as grazas, en nome de toda a comunidade edcuativa do IES Fernando Blanco, a don Emilio polo agasallo da maqueta.

 



page | by Dr. Radut