Skip to Content

Almorzo saudable 2019

Froita preparada para o almorzo

Este mércores 5 de xuño realizouse un ano máis, e xa imos coa terceira edición, un almorzo saudable nos xardíns do Fernando Blanco, debido ao risco de chuvia tivemos que facelo na zona cuberta das escaleiras de acceso aos edificios dos talleres.

Nesta ocasión, por razóns de intendencia, fíxose en dúas quendas: Unha primeira na que participou o alumnado da ESO e de FP básica e unha segunda na que foi o alumnado de bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior.

Iogures dispostos para ser degustados

Con este almorzo compartido polo alumnado, profesorado e persoal non docente, prétendese fomentar a idea da importancia que ten unha alimentación sa e equilibrada. 

Leite para o almorzo

 

O alumnado que cursa a materia de Economía preparou unha presentación sobre o comercio xusto que mostraron ao resto do alumnado durante a celebración do almorzo.

Tamén o alumnado que cursa Bioloxía preparou uns experimentos onde se podía ver a gran cantidade de amidón que teñen algúns alimentos procesados ou como a maioría dos refrescos teñen moitos azucres.

Recomendacións de alimentación saudableRecomendacións de alimentación saudable

Temos que salientar que para poder organizar este almorzo tivemos a colaboración de Casa Grande de Xanceda que aportou os iogures que se consumiron no almorzo, o leite foi subministrado por Granxa Moreira e o pan tróuxoo a Panadería das Travesas de Cee. Reiteramos o agradecemento a todos eles polas súas aportacións.

Pan das TravesasPreparando chocolateFroita preparada para consumir

 

 



page | by Dr. Radut