Skip to Content

Horarios dos ciclos de réxime de adultos curso 2023-24

Poden consultar os horarios dos ciclos, tanto de administrativo como de electrónica, premendo nas imáxenes inferiores correspondentes a cada familia profesional:

         

Admisión e matrícula en ciclos de FP

 Ata o vindeiro 5 de xullo ás 13 horas está aberto o prazo de solicitude de admisión nos ciclos formativos de FP. Nesta sección poderase atopar información deste proceso:

Libros de texto 2023-24

 

 Poden consultar os libros de texto do próximo curso premendo nas seguintes ligazóns:

libros 1º ESO
libros 2º ESO
libros 3º ESO
libros 4º ESO
libros 1º BAC
libros 2º BAC

 

 

  • Recoméndase non escribir o nome do/a alumno/a nos libros nin forralos ata comprobalos na clase.
  • Recoméndase non comprar os libros das materias optativas ata ao comezo do curso por se finalmente non saen.
  • É posible que algúns libros (de niveis diferentes aos da ESO) se decidan a comezo de curso cando estea incorporado todo o profesorado aos departamentos didácticos.
  • Os libros de 3º e 4º de ESO PDC son os seguintes pero recoméndase non compralos ata o comezo de curso:

Libro do ámbito científico-tecnolóxico de 3º: 9788469633014

Libro do ámbito científico-tecnolóxico de 4º: 9788469634127

Libro do ámbito socio-lingüístico de 3º: Non hai

Libro do ámbito socio-lingüístico de 4º: Non hai 

  • Os cadernos de exercicios de inglés son opcionais en 4º ESO (WB-9780194860734), 1º bacharelato (WB-9789925301379), 2º bacharelato (WB-9789925301478), ciclo medio de Administración (WB-9789925308897) e ciclo superior de Administración (WB-9789925308927). Con todo, teñen carácter obrigatorio os materiais dos seguintes niveis:

 3º PDC: On track 3, ed. Oxford (WB-9780194860529)

 4º PDC: On track 4, ed. Oxford (WB-9780194860734)

 FPB 1: English 1 Ámbito de comunicación y ciencias sociales, ed. Macmillan (SB-9788418356735) (WB-9788418356742)

 FPB 2: English 2 Ámbito de comunicación y ciencias sociales, ed. Macmillan (SB-9788419062376) (WB-9788419062383) 

 CM ADM: Office Administration (second edition), ed. Burlington (SB-9789925308880)

 CS ADM: Business Administration and Finance (second edition), ed. Burlington (SB-9789925308910)

Curso de Capacitación Dixital

    Comezamos este mes de xullo no Proval cun curso de capacitación dixital, dixixido especialmente a maiores de 55 anos, co fin de reducir a brecha dixital existente na nosa comarca neste sector da poboación.
  
Este curso pretende formar o alumnado nas nocións básicas sobre tecnoloxías e formación dixital, útiles para a vida cotiá, como navegar en Internet, manexar o correo electrónico, compartir arquivos, ou empregar as aplicacións máis necesarias relacionadas coa administración publica. En todo caso, o contido será personalizado, adaptado ao nivel de cadaquén.
Así que, se necesitades afondar nos coñecementos básicos das novas tecnoloxías, anotádevos na nosa secretaria (de 10:00 a 12.30 h) porque aínda hai prazo ata o 7 de xullo!

Mobilidades Erasmus + de cursos para docentes de ciclos básicos e medios de FP

 Publicada a lista de persoal seleccionado para a realización de cursos para PAS e profesorado de ciclos medios e básicos de FP.

Máis información no seguinte enlace.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut