Skip to Content

Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Convocatoria de bolsas e axudas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

ALUMNADO BENEFICIARIO:

Están axudas están destinadas ao alumnado que presente unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalguna das seguintes situacións:

  • Discapacidade
  • Trastorno grave de conducta ou da comunicación e da linguaxe
  • Trastorno do espectro autista
  • Altas capacidades

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

Do 8 de maio ao  20 de setembro de 2023

  • Para tramitar a solicitude prema na seguinte ligazón
  • Para acceder á convocatoria prema na ligazón  
  • Publicacdo no BOE do 26 de abril de 2023
  • Máis información na web do Ministerio

 

Matrícula probas libres de Administración

Premendo nas ligazóns inferiores, poderedes obter información sobre as comisión de avaliacións, calendario das probas e programacións didácticas relacionados coas probas libres de Administración deste ano para o ciclo medio de Administración e Xestión e o superior de Administración e Finanzas.

Alumnado de 2º ESO participa na Liga Maker Drone

  O noso alumnado de 2º de ESO da materia de Programación participa este venres na Coruña na Liga Maker Drone. Trátase dunha competición organizada pola Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia e que ten como obxectivo estimular a creatividade e o interese pola tecnoloxía entre o alumnado de secundaria.

 Este alumnado deberá deseñar, programar e voar un dron capaz de resolver un problema social no menor tempo posible.

 Máis información deste evento nesta ligazón.

 Premendo na foto inferior pódese consultar o álbum desta actividade.

Álbum: Actividades Curso 2022-2023 -> Liga Maker Drone

Concreción curricular 2022-23

Poden consultar a Concreción Curricular de Centro, en que se especifican os criterios xerais para o curso 2022-23 no IES Escolas Proval, premendo na seguinte ligazón.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut