Skip to Content

Mobilidades Erasmus + de cursos para docentes de ciclos básicos e medios de FP

 Publicada a lista de persoal seleccionado para a realización de cursos para PAS e profesorado de ciclos medios e básicos de FP.

Máis información no seguinte enlace.

 

Matrícula ESO e BACHARELATO 2023-24

As datas oficiais para efectuar a matrícula do curso 2023-24 de ESO e BACHARELATO son do 25 de xuño ao 10 de xullo. Con todo, para axilizar o labor administrativo, e non teren que agardar esperas, solicitámoslles ás familias que entreguen a matrícula nos días de MATRÍCULA PREFERENTE que figuran na seguinte táboa, na que, ademais, poden consultar toda a documentación necesaria. Lembren que dita documentación deben entregala na Secretaría do centro, traéndoa cuberta xa da casa (poden descargar os impresos directamente da web) ou, no seu defecto, colléndoa e cubríndoa directamente no momento de realizaren a matrícula. Ademais, se teñen calquera dúbida respecto á elección de materias ou itinerarios, non dubiden en chamarnos ao número 886110369. 

AVISO: As familias que entreguen máis dunha matrícula poderán facelo calquera dos días que lle corresponde.

 

NIVEIS E DATAS MATRÍCULA

DOCUMENTACIÓN PARA MATRÍCULA

1º ESO

(23 de xuño)

2º ESO

(4 de xullo)

3º ESO

(3 de xullo)

4º ESO

(30 de xuño)

1º BACHARELATO

(6 de xullo)

2º BACHARELATO

(7 de xullo)

 

 O alumnado de bacharelato e ciclos poderá presentar solicitude de autorización do uso do transporte escolar gratuíto presentando no centro a seguinte solicitudePars comprobar as liñas de transporte que chegan a este centro, así como as paradas de cada traxecto, prema nestoutra ligazón.

Acto poético IV Certame de Micropoesía Beatriz da Serra

Xa temos os poemas gañadores do IV Certame de Micropoesía Beatriz da Serra, organizado polos equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros do Val Miñor: IES Escolas Proval, IES Plurilingüe Terra de Turon, CEIP Carlos Casares, CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro, CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios, IES Primeiro de Marzo e IES Val Miñor, en colaboración cos concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona.

O acto de entrega dos premios terá lugar o día 15 de xuño no Auditorio de Gondomar ás 19:30 h. e contará coa actuación de Cé Orquestra Pantasma. Lembramos os premios:

  • 1º premio: dotado con dúas antoloxías poéticas das voces máis novas, certificación acreditativa, unha peza cerámica conmemorativa de Antón Román e mais dez exemplares do libro do certame.
  • 2º premio: dotado con dúas antoloxías poéticas das voces máis novas, certificación acreditativa e mais dez exemplares do libro do certame.

Ademais, os poemas premiados en cada unha das tres categorías serán publicados nas webs dos centros convocantes e enviados aos medios dixitais do Val Miñor. Tamén se fará unha publicación impresa, que servirá para lembrar a Beatriz da Serra e para a difusión dos traballos premiados.


Este ano cada participante debía entregar catro micropoemas en galego de temática libre; podedes consultar os poemas premiados nesta ligazón.

Parabéns a todo o alumnado participante e, en especial, ás nosas alumnas: Isis Acea (1º premio na categroia B), Lucía Argüelles Valverde (1º premio na categoria C) e Icía González Pérez (2º premio na categoria C). Boa anada de talento poético!

Proxecto Lingüístico 2022-25

Premendo na imaxe pode acceder ao Proxecto Lingüístico de Centro 2022-25

 

 

Mobilidades Erasmus+ para docentes de ciclos de FP

Publicada a lista de docentes de FP seleccionados para mobilidades Erasmus+

Pode consultarse toda a información neste enlace.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut