Matrícula ESO e BACHARELATO

Enviado por iesproval o Lun, 2021-06-07 10:02

As datas oficiais para efectuar a matrícula do curso 2021-22 de ESO e BACHARELATO son do 25 de xuño ao 10 de xullo. Con todo, para axilizar o labor administrativo, e non teren que agardar esperas, solicitámoslles ás familias que entreguen a matrícula nos días de MATRÍCULA PREFERENTE que figuran na seguinte táboa, na que, ademais, poden consultar toda a documentación necesaria. Lembren que dita documentación deben entregala na Secretaría do centro, traéndoa cuberta xa da casa (poden descargar os impresos directamente da web) ou, no seu defecto, colléndoa e cubríndoa directamente no momento de realizaren a matrícula. Os sobres de matrícula poden recollelos na Conserxería do edificio superior. Ademais, se teñen calquera dúbida respecto á elección de materias ou itinerarios, non dubiden en chamarnos ao número 886110369.

   AVISO: Aquelas familias que entreguen máis dunha matrícula poderán facelo calquera dos días que lle corresponde.

NIVEIS E DATAS MATRÍCULA

DOCUMENTACIÓN PARA MATRÍCULA

NIVEIS E DATAS ENTREGA LIBROS

1º ESO

(venres 25 e luns 28 de xuño)

 

2º ESO

(mércores 30 de xuño)

  • Alumnado de 1º ESO que pasa a 2º ESO

3º ESO

(xoves 1 de xullo)

  • Alumnado de 2º ESO que pasa a 3º ESO

4º ESO

(mércores 7 de xullo)

  • Alumnado de 3º ESO que pasa a 4º ESO

1º BACHARELATO

(xoves 8 de xullo)

  • Alumnado de 4º ESO con todas as materias aprobadas en xuño

2º BACHARELATO

(venres 9 de xullo)

 

   devolución dos libros de texto, que foron repartidos dentro do programa do Fondo de Libros 2020/21, realizarase entre o mércores 30 de xuño e o xoves 8 de xullo, en horario de 9:30 a 13:00 h. na Aula de Plástica (en fronte da Secretaría). Ademais poden entregar tamén todos os libros pendentes de devolver da Biblioteca. Para evitar desprazamentos innecesarios, recoméndase realizar a entrega do libros cos días da matrícula, conforme á táboa anterior.

 

RECORDATORIOS:

  • Para ser beneficiari@ do fondo solidario de libros e das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar na ESO para o curso 2021/22 é obrigatorio ter entregado todos os libros adxudicados no curso ou cursos anteriores. O alumnado con Necesidades Espéficicas de Apoio Educativo poderá optar a un vale para material escolas específico coa axuda establecida na Orde do 6 maio de 2021.
  • O alumnado que teña materias que recuperar en setembro só terá que devolver os libros das materias aprobadas en xuño; en setembro entregá os libros das materias pendentes, período no que tamén terá que formalizar a súa matrícula. De haber posibilidade de realizar os exames extraordinarios de setembro de forma presencial, o alumnado entregará os libros pendentes o mesmo día do exame; de non ser posible, xa se habilitará outra vía alternativa.
  • O alumnado que teña repetir curso debe devolver os libros igualmente no período estipulado de setembro.

       

        AVISO: 

  • Para o alumnado de Bacharelato e Formación Profesional, o Ministerio de Educación concova  todos os anos unha bolsas de estudo, que se poderán solicitar unha vez formalizada a matrícula (aínda non se publicou a convocatoria para o curso 2021-22)
( categories: 

)