Skip to Content

O proxecto Cansat de Electrónica Proval, gañador da fase galega

  O proxecto SetiSat do IES Escolas Proval conseguiu o premio ao Mellor CanSat Galicia 2023 na fase autonómica que se desenvolveu nesta última semana de abril no aeródromo das Rozas (Lugo) e na cidade da Cultura de Santiago. Parabens!!

  O equipo, formado por alumnos de Ciclos formativos de Electrónica baixo a supervisión dos profesores José Luis Rodríguez e Javier Diz, representará a Galicia na fase nacional de Cansat. Trátase dunha competición promovida pola Axencia Espacial Europea na que o alumnado participante deberá realizar a simulación dun satélite dende o seu deseño e fabricación ata o lanzamento e posterior recollida de datos.

  Así se recolle esta nova na web da Xunta

  Nesta web está dispoñible toda a información deste proxecto.

  Premendo na foto inferior poderás ver as fotos do equipo Cansat Proval

Álbum: Actividades Curso 2022-2023 -> GañadoresGaliciaCansat

Fase rexional do desafío Cansat

  Chegou o momento do desafío Cansat na fase rexional. Este luns os profesores de Electrónica Javier Diz e José Luis Rodríguez lanzaron en As Rozas (Lugo) o satélite deseñado e construído polo equipo de ciclos de Electrónica. Pese a algunha incidencia conseguiron completar con éxito a misión primaria e tamén desenvolveron misións secundarias adicionais.

  O xoves 27 de abril exporán e defenderán os seus proxectos ante o xurado na Cidade da Cultura de Santiago.

 Premendo na foto poderase visualizar o álbum do lanzamento do Cansat de Proval

 

Álbum: Actividades Curso 2022-2023 -> Cansat

Saída ao Galiñeiro

O pasado 27 de marzo o alumnado de Bacharelato e 4º de ESO fixeron unha saída didáctica ao Galiñeiro organizada polos profesores Laura F. Basalo, Eva Pena, Fran Álvarez e Pura González. Nesta actividade estiveron acompañados por traballadores da Comunidade de Montes de Vincios e tiveron a ocasión de facer un achegamento ao Galiñeiro dende a Xeoloxía, a Bioloxía ou o patriminio natural.

 No seguinte documento podedes consultar unha reseña desta actividade.

 Premendo na foto inferior podedes consultar o álbum da saída.

Álbum: Actividades Curso 2022-2023 -> Monte Galiñeiro

Calendario de exames ESA

Poden consultar o calendario de exames da ESA do curso 2022-23 premendo nesta ligazón

  • EXTRAORDINARIA DE MAIO: 1º e 3º ESA
  • ORDINARIA DE XUÑO: 2º e 4º ESA
  • EXTRAORDINARIA DE XUÑO: 2º e 4º ESA

Telerrobot en FP Innova

 Durante esta semana alumnado e profesorado do noso IES, conxuntamente co IES Ricardo Mella e co IES Politécnico de Vigo, presentan o proxecto Telerrobot con realidade virtual no Congreso FP Innova.

Trátase dun robot con capacidade de telecomando que incorpora un sistema de realidade virtual implementado polo noso alumnado de 2º de Mantemento Electrónico baixo a supervisión dos profesores Fernando Rodríguez e Ricardo Santos.

Preme na foto inferior para ver a galería deste evento

Álbum: Actividades Curso 2022-2023 -> FPInnova
Distribuir contido


by Dr. Radut