ACTUALIZACIÓN: HABILITÁRONSE, TAMÉN, AS BECAS PARA AXUDAS DE APOIO EDUCATIVO NO MESMO PORTAL WEB, ATA O 13 DE SETEMBRO.
O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) vén de publicar a convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2024/25 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios (BOE do 13/03/2024).
SOLICITANTES: alumnado de bacharelato, ciclos formativos, FPBásica e universidade.
PRAZO: do 19 de marzo ás 09:00h até o 10 de maio ás 15:00h (procedemento exclusivamente telemático a través da Sede Electrónica do MEFP)