Skip to Content

BO NADAL!!!!!!!!!!!!

Concurso de relatos contra a violencia machista

 

CONCURSO DE RELATOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

"Doulle voz ás silenciadas"

Este ano 52 mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou exparellas. As noticias ás veces dinnos o seu nome, ás veces non; pasan a ser un número máis, unha vítima sen rostro, sen vida.

Nos nosos relatos imos honrar estas mulleres, facéndoas visibles, lembrando que tiñan persoas queridas, ilusións, desexos, preocupacións, familia..., lembrando que tiñan rostro e que estaban vivas. Podes acceder ñas súas biografías premendo na ligazón.

Para crear o noso relato, lemos o texto coas breves noticias sobre os asasinatos de todas esas mulleres e escollemos unha delas para sermos a súa voz.

Destacamos o seu nome, ou se non aparece, poñémoslle nós un nome, que será o título do relato. Logo contamos quen era, que lle gustaba, que facía, a quen amaba. Imaxinamos a súa historia, imaxinámola viva. E falamos por ela, en primeira persoa ou acompañándoa como unha voz amiga.

O relato terá un mínimo de 200 palabras e un máximo de 300. Presentarase nun documento de texto (word, pdf, odt...) e enviarase ao correo equipoedlproval@gmail.com Data límite de envío: 5 de decembro.

Este concurso, que ten como fin visibilizar as vítimas da violencia de xénero concienciar a toda a comunidade educativa sobre esta lacra, divídese en dúas categorías:

  • A: 1º, 2º e 3º de ESO e 1º FPB
  • B: 4º de ESO, 2º FPB, bacharelato, ESA e ciclos.

Haberá tres premios por cada categoría (entregaranse en vales para a cafetaría do centro): 

  • 1º premio: 15€
  • 2º premio: 10€
  • 3º premio: 5€

Organizan: Departamento de Galego, Equipo de Dinamización da Lingua Galega e Equipo de Igualdade

 

Novo premio á nosa alumna Isis Acea

Novo recoñecemento para a alumna do IES Escolas Proval, Isis Acea, co gallo do 25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero, pola súa ilustración “A realidade ten dúas caras, non che deixes enganar polas apariencias”.

Logo de ser galardonada recentemente en certames de debuxo escolar como no concurso de carteis organizado pola Consellería de Sanidade coa Axencia de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ou de tere acadado o premio á creatividade no concurso “Escola no Camiño”,  organizado por Faro de Vigo, Xunta de Galicia e Xacobeo, agora Isis volve ver recoñecido o seu talento artísitico nesta campaña contra a violencia machista promovida pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade coa Secretaría Xeral de Igualdade.

Presentación do novo libro UNHA VECIÑA DE PELÍCULA, da nosa compañeira Iria Misa

O vindeiro venres, 17 de novembro, terá lugar no Multiusos de Sabarís a presentación do novo libro UNHA VECIÑA DE PELÍCULA da nosa compañeira do departamente de inglés, Iria Misa.

Dende o colectivo do IES Escolas Proval queremos darlle os nosos parabéns e que teña moita sorte.

Noraboa Iria!!!!!!!!!!!!!!!!!! 

Presentación do libro da nosa compañeira Sonia Mirón

Dende o IES Escolas Proval queremos darlle os nosos parabéns á nosa compañeira Sonia Mirón que presentou o pasado sábado, 11 de novembro, en Vigo o seu 4º libro. Felicitacións dende a comunidade educativa do IES Escolas Proval!!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut