FAMILIAS - ANPA O Castro
|
ESO
Despedida dos contratos-programa: PROA, Escala na Escola, Igualdade.
Enviado por admin o Xov, 15/06/2017 - 22:29Esta semana despedimos os denominados contratos programa asinados entre o centro e a consellería para o desenvolvemento de tres importantes accións formativas. Por unha banda, o Programa de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA); o programa de excelencia Escala na Escola (foto)que participaron nunha chea de iniciacitivas científicas; e o programa de igualdade que mañá despedirase cun grande "mercadillo" de produtos propios con recadación de fondos para unha ONG.
Eleccións, 2017
Enviado por admin o Dom, 28/05/2017 - 14:37O venres, 26 de maio, celebramos no IES de Mugardos a festa da democracia. Desde o departamento de Xeografía e Historia levouse a cabo un simulacro de eleccións. Trátase dunha actividade que incide en valores tan importantes na educación como a tolerancia, o respecto e a calidade democrática.
O proceso electoral transcorreu sen incidentes, cunha alta participación do censo. Os candidatos foron madrugadores á hora de exercer o seu dereito ao voto. Velaquí as imaxes do momento.
|
|
Eleccións 2017
Enviado por admin o Mér, 24/05/2017 - 22:07Tras a creación de partidos, proclamación de candidaturas, campaña electoral e debate... este venres o censo electoral do IES de Mugardos poderá exercer o dereito ao voto.
A ritmo de zumba e hip-hop
Enviado por admin o Lun, 15/05/2017 - 19:06Esta mañá contamos no centro coa presenza de Patricia, monitora do Club de Baile Móvete, que impartiu unha masterclass de baile moderno. Durante catro horas, por quendas de estudantes e profesores, puxo a todo o centro da bailar zumba e hip-hop no pavillón.
Torneo de volei mixto
Enviado por admin o Mar, 09/05/2017 - 19:36Esta semana deu comezo o torneo de volei por equipos mixtos. Os partidos celebraranse durante os recreos no pavillón.
Seleccionados/as para a ronda final do concurso Pangea
Enviado por admin o Xov, 04/05/2017 - 22:16
Velaquí os seleccionados/as do noso centros que poderán presentarse á Ronda Final do concurso matemático Pangea. As probas, que se celebran conxuntamente en moitas cidades españolas, realizaranse este sábado, 6 de maio. No noso caso deberán desprazarse a Vigo. Ánimo e sorte a todos os que acompañados das súas familias se presenten.
Curso de "Soporte Vital Básico"
Enviado por admin o Mar, 02/05/2017 - 22:18O profesorado terá a oportunidade de asistir a longo das próximas semanas a varias sesión do curso de "Soporte vital básico e desfibrilación externa semiautomática" a cargo da xefa do departamento de Educación Física, Leticia Ogando. Aproveintando a presenza no centro de catro bonecos de práctica para a reanimación cardiopulmonar, pasaran polos grupos de alumnos para recibir coñecementos adaptados de primeiros auxilios.
Experiencias (Semana das profesións)
Enviado por admin o Ven, 21/04/2017 - 22:08
No marco da Semana das Profesións, esta mañá tocoulle o turno ás experiencias.Para iso contamos coa presenza de Carolina Iglesias, guionista e youtuber coruñesa nestes momentos afincada en Madrid. Coñecida pola súa participación no programa de humor "Yu: no te pierdas nada" en Los 40 e a canle Percebes y grelos.
Por outra banda, o alumnado de 1.º bacharelato da materia de Fundamentos de administración e xestión expuxeron os seus proxectos presentados ao premio Desafío Emprende.
A thousand years of women painters - 1000 anos de arte feminina
Enviado por admin o Lun, 20/03/2017 - 20:24Continúa no corredor do centro a exposición que ten como finalidade facer visible a obra artística das mulleres moitas veces silenciada ao longo da historia.
Os autores da exposición son Teresa Meixide Portos, Rosa María Villar Villamil, Xosé Antón García González.
Nós, feminino plural (actividades de marzo)
Enviado por admin o Ven, 10/03/2017 - 14:20Retratos de Muller
Lectura expresiva de "Artes Escénicas (4.º ESO)
Algunhas das actividades previstas no mes da muller no noso centro son:
- Mércores 8: elaboración de carteis, pancartas e manifestos para expor no recreo. Ensaio performance 1° Bacharelato no centro.
Luns 13: entrega de chapas e imáns con lemas sobre o empoderamento da muller deseñados polo alumnado de 2° ESO (haberá postos nos recreos).
- Venres 17: versión do xogo "Quen é quen" organizado polo alumnado de 3° para dar a coñecer mulleres destacadas (recreo diante da cafetaría).
- Xoves 23: performances do alumnado de 1° Bacharelato. Ataques sorpresa en varios puntos de Mugardos.
- Martes 28: charla de colectivos "trans".
EXPOSICIÓN: "1000 años de arte en feminino / A Thousand Years of Women Painters"
Comezo do campionato masculino de balomán
Enviado por admin o Mar, 21/02/2017 - 22:58Recreos no pavillón
Campionato masculino de
BALONMÁN
En marcha os programas PROA, Escala na Escola e Igualdade
Enviado por admin o Ven, 17/02/2017 - 22:14Esta semana asinamos coa Consellería os denominados Contratos-Programa que son actuacións solicitadas polos centros para a consecución duns obxectivos determinados. Entre estas programas figura a Programa de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA) dirixido ao alumnado de 1.º e 2º ESO e para o que contamos cunha docente nova no centro.
Outro programa céntrase na promoción da igualdade que se está a desenvolver a través das titorías coordinado polo departamento de Orientación. Moitas das súas actuacións encádranse no proxecto de centro deste curso arredor da coeducación, a visibilización da mulleres e a loita contra a violencia de xénero.
E tamén está en marcha o programa de excelencia Escala na Escola que nesta ocasión, coa cordinación da profesora Covadonga Rodríguez-Moldes, se convertirá nun club de científico. Entre a súa programación figuran obradoiros de anamorfoses e hologramas, prácticas de laboratorio e impresión 3D. Ademais, abre a aula de matemáticas nos recreos dos venres para xogar e experimentar coas actividades propostas.
Comezo do campionato feminino de balomán
Enviado por admin o Mar, 31/01/2017 - 22:16Recreos no pavillón
Campionato feminino de
BALONMÁN
Exposición Á violencia de xénero dille...NON
Enviado por admin o Mar, 24/01/2017 - 22:12Exposición da Secretaría Xeral da Igualdade
Ata o venres, no corredor principal do instituto
Tamén na rede:
http://igualdade.xunta.gal/gl/campanas/violencia-de-xenero-dille-non
Recreos saudables (xaneiro)
Enviado por admin o Xov, 12/01/2017 - 15:16Continuamos co programa "Recreos Saudables" que lembramos é unha iniciativa Trátase dunha iniciativa patrocinada pola ANPA O Castro e o Concello de Mugardos que ofrece aos usuarios da cafetaría escolar unha alimentación controlada. Por exemplo, dá visibilidade ao consumo de froita e productos lácteos.
FINAL E ENTREGA DE PREMIOS DO CAMPIONATO DE POLINOMIOS
Enviado por Covadonga o Xov, 01/12/2016 - 00:32
Venres, Gran final do
|
Video La Voz de Galicia |
Resultados da elección ao Consello Escolar (29 de novembro)
Enviado por admin o Mar, 29/11/2016 - 23:23Estes son os resultados das eleccións ao Consello Escolar celebradas este martes, 29 de novembro.
PAIS, NAIS, TITORES LEGAIS | |
Candidatos electos | Domingo Rubianes |
Amelia Sordo Pita |
|
Suplentes | José María Rumbo Prieto |
ALUMNADO | |
Candidatos electos | Alba Pérez García |
Diego López Rivera |
|
Iago Rodríguez-Moldes Varela | |
Suplentes | Miriam Rodríguez Martínez |
Cristian Sánchez Rocha | |
Noa Canido González |
|
Mayra Villar Veiga | |
Lara Rodrigues Silva |
PROFESORADO | |
Candidatos electos | David Martínez Millán |
Carmen Meiriño González |
|
Rita Mª Fernández Anca |
|
Telmo de Paz de Luis | |
Suplente | José Barcia Díaz |
PERSOAL NON DOCENTE | |
Candidatos electos | Raquel Díaz Garrote |
Suplente | José Antonio Castro Guerra |
Poderanse presentar reclamacións por un prazo de quince días perante o Delegado Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »