FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Traballos e premios
Visita da escritora Antía Yáñez
Enviado por Serafín o Mér, 20/03/2019 - 10:52Este mércores, 20 de marzo, visitounos a escritora ANTÍA YÁÑEZ para analizar e comentar co alumnado as súas dúas obras: O misterio de Portomarín, cos lectores de 1.º ESO; e Senlleiras, cos de 2.º de bacharelato. Os encontros coa autora desenvolvéronse na biblioteca con atención e moita participación dos lectores/as. Ao final das sesións, tamén asinou numerosos exemplares.
E ti, aínda non coñeces a ANTÍA YÁÑEZ? Deixámosvos co booktrailler realizado polos lectores máis novos do instituto:
Recoñecemento na Olimpíada de Filosofía de Galicia: 3º premio na categoría de vídeo
Enviado por ofelia786 o Ven, 15/03/2019 - 23:39
As alumnas Elena Martínez, Noelia Calvo e Noa Martínez, de 2.º bacharelato, veñen de recibir o terceiro premio da Olimpíada de Filosofía de Galicia na modalidade de vídeo. O seu traballo, dirixido pola profesora Ofelia Lubián, foi seleccionado como un dos finalistas entre uns vintecinco presentados de toda a comunidade.
A través da pantalla
O acto de entrega do premio celebrouse este xoves na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela. Parabéns polo traballo sobre as identidades e comportamentos dixitais que nos deixa a gran pregunta e invitación filosófica final: que pensades?
PI-DAY
Enviado por admin o Xov, 14/03/2019 - 21:32O día 14 de marzo está declarado internacionalmente como o Pi-Day ou día de Pi. Foi unha idea do físico estadounidense Larry Shaw baseada en que a data 3 de marzo escríbese no seu pais 3/14, que son as primeiras tres cifras do número Pi.
Do mesmo xeito que o ano pasado, o departamento de Matemáticas en colaboración coa Biblioteca e o ENL organizou para esta ocasión as seguintes actividades:
- II campionato de PI-memoria.
Celebrouse no recreo na aula de Matemáticas. Contou con moita participación e boa "retentiva"
(preme na imaxe para ampliar)
|
- II Concurso de PI-tuits: BASES
Xadrez no club de ciencia
Enviado por admin o Mar, 12/03/2019 - 23:51Este martes, ao mediodía, reuniuse o Club de Ciencias nunha segunda sesión dedicada ao xadrez.
A posta en práctica deste obradoiro correu a cargo da profesora Edda.
Entroido, 2019
Enviado por admin o Sáb, 02/03/2019 - 13:56
Gran xornada de entroido a vivida este venres no instituto que contou coa participación e bo comportamento de toda a comunidade. As familias do alumnado de 4.º ESO achegaron as larpeidas desta época que se venderon durante os recreos. Houbo cantidade e calidade nos disfraces, tamén do claustro docente. O departamento de Educación Física organizou unha divertida xincana de busca e orientación... e a cafetaría puxo a chocolatada final.
Viva o entroido.
OLIMPIADA MATEMÁTICA DE BACHARELATO
Enviado por Covadonga o Dom, 20/01/2019 - 01:19Este venres, 18 de xaneiro, foi un día moi intenso con dúas sesións de tres horas ante seis complicados problemas da Olimpiada Matemática de Galicia. A xornada completouse coa visita á Facultade de Dereito da man do profesor de Dereito Civil, Julio Iglesias, con xantar no comedor universitario da Facultade de Matemáticas. Tamén houbo visita ao casco histórico de Santiago e á Biblioteca da Facultade de Historia e rematou a xornada nunha emocionante entrega de premios na Facultade de Matemáticas onde tocou aplaudir aos tres premiados e dez mencións de honra que destacaron entre os 105 estudantes presentados a 55 Olimpiada Matemática.
Thais Barreiro, profesora de Matemáticas, Iago Aneiros, Lara Fonte e Iria Fernández, de 1º de bacharelato
Con Julio Iglesias, profesor de Dereito Civil, no seu despacho da Facultade de Dereito de Santiago
Participación en GaliciaSkills 2018
Enviado por admin o Ven, 30/11/2018 - 22:57Por primeira vez o IES de Mugardos partipou no GaliciaSkills, o V campionato galego da Formación Profesional celebrado esta semana en Silleda. O alumnado de FP Básica de Agroxardinaría e composicións florais encargouse da decoración do cocktail preparado polo IES Fragas do Eume trala entrega dos premios.
Parabéns ao alumnado e aos profesores Mario e Martín por estes dous días de intenso traballo e experiencias formativas na grande cita da Formación Profesional de Galicia.
Máis información en Á Mugardesa Arte Floral
Polo bo trato (25 de novembro)
Enviado por admin o Lun, 26/11/2018 - 19:21O acto conmemorativo en contra da violencia de xénero tivo lugar no salón de actos a quinta hora do pasado venres. Mario e Uxía conduciron o evento que se abriu coa actuación de Elsa, Uxía, Lia, Helen, Ana e María. A continuación proxectamos o video do alumnado de 2° ESO de Valores que deu paso a outros videos que nos permitirán debatir e reflexionar sobre o tema. Rematamos coa aplicación DetectAmor que nos permite coñecer como ligamos, facer o test do Amor e descubrir mitos e verdades sobre o amor.
Velaquí os vídeos de produción propia:
VII Premio Estudo e Deporte
Enviado por admin o Xov, 21/06/2018 - 23:39
Neste grupo de caras sorrintes e contaxiosa alegría queremos representar o mellor do curso 2017-2018 que hoxe despedimos, como desde hai xa sete edicións, coa entrega dos Premios Estudo e Deporte. Son unha magnífica representación de todos os niveis educativos do instituto e dos 36 clubs deportivos ou asociacións nos que o noso alumnado practica algún tipo de actividade física. De todos eles estamos moi orgullosos e recoñecemos o seu esforzo e talento.
No acto acompañáronos, por unha banda os representantes o equipo feminino de balonceso Star Center Uni Ferrol: a capitá do equipo, Patricia Cabrera, e o entrenador da magnífica temporada pasada, Lino López. Coas súas palabras e bágoas de emoción, Patri pedíalle ás rapazas que loitaran pola igualdade no deporte e aos rapaces que as apoiasen! Toda unha lección dos sentimentos e valores do deporte.
Tamén contamos coa presenza de Maca Cabaleiro, toda unha pioneira na promoción do deporte feminino e primeira muller que saíu de España para xogar ao balonceso. Contounos os inicios do baloncesto feminino na comarca en Mugardos e as dificultades que deberon superar.
. |
Parabéns a todos/as os participantes!!!
Grazas aos clubs, ANPA e Concellos.
Edusolidariedade á mugardesa (25 de maio, 2018)
Enviado por admin o Sáb, 26/05/2018 - 11:59Ata a chuvia respectou na mañá de onte a xornada de convivencia e solidariedade do alumnado e profesorado do CEIP Unión Mugardesa, CPR Loyola e IES de Mugardos. Convivencia porque reuniu nunha mesma actividade a preto de 500 escolares, de 3 a 18 anos, de infantil a bacharelato. Solidaria porque entre todos recadamos 1.683,30 euros que a ONG "Nico contra el cáncer infantil" destinará directamente á investigación e mellora dos tratamentos.
A principal actividade consistiu na realización das carreiras, desde os cen metros ata os 1.900 metros. En todas elas os participantes amosaron un grande espírito deportivo e participativo. Grnades doses de esforzo, sorrisos e aplausos para demostrarnos que somos unha comunidade educativa viva e vibrante. Xuntos somos mellores.
Ademais dos centros educativos, na organización participou o Concello de Mugardos e contou coa axuda de varias empresas patrocinadoras e a colaboración do animador Dani Ríos . Agradecemos especialmente a participación das ANPAS, o servizo municipal de deportes, monitores de xogos populares e club Móvete de danza.
Agora, coas pilas cargadas, imos polo fin deste curso 2017-2019. Vémonos o 21 de xuño nunha nova edición dos premios Estudo e Deporte.
TES TALENTO. Festival das Letras Galegas, 2018
Enviado por admin o Dom, 20/05/2018 - 20:25
O alumnado amosou o seus talentos no festival que se organizou para conmemorar o Día das Letras Galegas. Sobre o escenario do salón de actos desfilaron ata quince actuacións de música, danza e monólogos. O xurado elixiu seis finalistas que foron sometidas á votación do público. No védeo podes comprabar o grande talento despregado por todos os participantes. Máis infomación en Lecturamos, blogue da Biblioteca escolar.
Minimarket Emprende Xove (2018)
Enviado por admin o Dom, 13/05/2018 - 21:37Un numeroso grupo de alumnos e alumnas das diferentes materias relacionadas coa Economía, desde 4.º ESO ata bacharelato, impartidas pola profesora Carmen Meiriño, participaron na quinta edición de Minimarket EmprendeXove celebrado este sábado no Auditorio de Ferrol. Trátase dun concurso patrocinado pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Ferrolterra, Eume e Ortegal que premia o talento, o espírito emprendendor e a orixinalidade de proxectos dos estudantes. Nesta ocasión xuntáronse un total de once centros da bisbarra. Parabéns a todos!!!
Olimpíada matemática (2.º ESO)
Enviado por admin o Sáb, 28/04/2018 - 12:53A mañá do xoves, 26 de abril, celebrouse no IES de Canido de Ferrol a fase de zona da Olimpíada Matemática para alumnado de 2º. ESO. O noso centro estivo representado por Jacobo, Juan e Elisabeth acompañados pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes.
O día 7 de maio darase a coñecer a relación dos seleccionados en cada zona para acudir á Fase Final Galega que será o día 24 de maio.
Día do Libro, 2018
Enviado por admin o Lun, 23/04/2018 - 14:14Máis información no blog da biblioteca: Lecturamos
Na XII Feira Matemática - A Coruña, 2018
Enviado por admin o Dom, 08/04/2018 - 18:42Unha numerosa representación de máis de trinta alumnos e alumnas de 2.º e 3.º ESO asitiron á Feira Matemática, que se celebrou este sábado no Palexco da cidade da Coruña. Coordinados pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes, pasaron a xornada completa a atender ao público en dous stands: un centrado na construción de formas xeométricas con palliñas e outro na memorización de deciñais do número PI. Salientamos a dedicación e bo trato coas explicacións ao público de todas as idades. Un ano máis, grazas e parabéns por levar o nome do IES de Mugardos a esta importante cita da divulgación científica.
Ademais, a xornada rematou coa grata sorpresa da entrega do primeiro premio do Concurso de Esopías ao alumno Bruno Sánchez Cuervo (2.º ESO):
O elixir Ana (3), a(1) gran(4) e(1) única(5) portadora(9) do(2) máxico(6) colar(5) das(3) catro(5) familias(8) poderosas(9), lembrou(7) decontado(9) que(3) un(2) dos(3) parentes(8) tiña(4) oculto(6) un(2) elixir(6) novo(4) que(3) fai(3) milagres(8). |
Ligazóns:
Actividades do Pi Day no IES Mugardos
Enviado por Covadonga o Xov, 22/03/2018 - 00:55O mes 3, día 14 celebramos no IES Mugardos o Pi Day con actividades que foron moi ben acollidas polo alumnado. No concurso de PiTuit houbo aportacións de moita calidade resultando gañadore Bruno Suárez de 2º ESO A, en 2º lugar Juan Pena, de 2º ESO A e en terceiro Lorena Álvarez también de 2º ESO A.
O I Campionato de Pi-Memoria contou cunha participación inesperada de 57 persoas entre alumnado e profesorado. Ós resultados foron sorprendentes acadando o primeiro posto a profesora Olga Recio que acadou unha puntuación de 185 puntos xunto co alumno de 4º ESO Brais García que escribeu sen fallos os 155 primeiros decimais de Pi; en segundo lugar con 75 decimais clasificouse Marta Rumbo, de 4º de ESO e en terceiro lugar Elisabth Bejarano de 2º de ESO A con 70 decimais. Como se pode apreciar, o nivel da competición foi moi alto.
Os premios foron entregados na Gala do número Pi que foi presentada polas alumnas de 2º de bacharelato Fátima Cancela, Sofía Díaz e Raquel Santamariña.
O IES MUGARDOS CELEBRA O PI-DAY O 14 DE MARZO
Enviado por Covadonga o Xov, 01/03/2018 - 18:45O día 14 de marzo está declarado internacionalmente como o Pi-Day ou día de Pi. Foi unha idea do físico estadounidense Larry Shaw baseada en que a data 3 de marzo escríbese no seu pais 3/14, que son as primeiras tres cifras do número Pi.
En España creouse o curso pasado un comité adicado a coordinar e desenvolver accións adicadas a esta conmemoración (www.piday.es).
O IES Mugardos únese a esta celebración cun programa de actividades organizado polos Departamentos de Matemáticas e Filosofía e os Equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística, que persiguen varios obxectivos orientados ao desenvolvemento das competencias educativas. O programa de actos é o seguinte:
Programa de actividades | ||
I Campionato de Pi-memoria Esta técnica de memorización pode resultar moi útil.
|
||
I Concurso de Pituit |
||
Gala do número Pi |
Consulta as bases.
Día de Rosalía (24 de febreiro). Concurso de poemas musicados.
Enviado por admin o Lun, 26/02/2018 - 19:37O 23 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía convocando un concurso de poemas musicados aberto a todo o centro. Queremos salientar tanto a participación do alumnado como a calidade dos traballos, e por suposto, felicitar ás alumnas gañadoras.
3º Premio: BLANCA GAGO 1º Premio: ANA RUMBO 2º Premio: NOELIA CALVO
Roteiro Ferrol Rebelde
Enviado por admin o Sáb, 03/02/2018 - 13:49O alumnado de 4.º ESO e FP Básica realizou esta semana o roteiro "Ferrol Rebelde". Trátase dun percorrido guiado polos lugares máis significativos da loita obreira na cidade ferrolá. Comeza a finais do século XIX cos nomes e lugares da publicación El trabajo (1871) e remate coa morte de Moncho Reboiras (1975).
Participación no certame Vindevídeos, 2018
Enviado por admin o Dom, 28/01/2018 - 14:07Coincidindo coa chegada a Galicia do Pergamiño Vindel (manuscrito do século XIII do trobador Martín Codax) presentámonos ao Certame Vindevideos coa finalidade de que o alumnado poidese achegarse ás cantigas medievais galego-portuguesas e ao universo trobadoresco a través da linguaxe audiovisual. E aínda que non gañamos, queremos compartir a nósa peza audiovisual,un estupendo traballo no que o alumnado participante soubo amosar as súas dotes interpretativas. (+info: Lecturamos)
Campionato de voleibol
Enviado por admin o Xov, 22/06/2017 - 20:33Esta mañá xogárose as finais do campionato mixto de voleibol nas categorías infantil e xuvenil. O remate foi o esperado partido entre alumnos/as e profesores/as. Gañou a deportividade.
Lingua WÓLOF (I)
Enviado por admin o Dom, 18/06/2017 - 14:45Wólof, Baobab, Griots... Hai xa bastantes anos que temos en Galicia xente procedente do Senegal que fala wólof.
Que sabemos deles, do seu idioma, da súa cultura?
A súa lingua, do mesmo xeito que a nosa, sobreviviu na oralidade e no ámbito familiar.
Este pequeno vocabulario quere ser o inicio dunha estrada lingüística que conecte pobos, xentes e culturas.
Coa colaboración dos alumnos de Bacharelato: Djibril Diagne, Birama Fall e Álvaro Fernández Allegue.
<-- PREME NA IMAXE |
Premio Olloboi á Mellor Interpretación
Enviado por admin o Sáb, 10/06/2017 - 12:01Marta Rumbo (4.º ESO) resultou gañadora do Premio Olloboi na categoría de Mellor Interpretación polo vídeo titulado "Non significa non". Na gala de entrega celebrada onte nuns estaleiros da localidade de Boiro, o xurado valorou os méritos do seus traballo indivual nun monólogo que vai medrando en intensidade ata o desenlace. Por iso mesmo, tamén estába nominada na categoría de mellor guión. Parabéns!!!
Eleccións, 2017
Enviado por admin o Dom, 28/05/2017 - 14:37O venres, 26 de maio, celebramos no IES de Mugardos a festa da democracia. Desde o departamento de Xeografía e Historia levouse a cabo un simulacro de eleccións. Trátase dunha actividade que incide en valores tan importantes na educación como a tolerancia, o respecto e a calidade democrática.
O proceso electoral transcorreu sen incidentes, cunha alta participación do censo. Os candidatos foron madrugadores á hora de exercer o seu dereito ao voto. Velaquí as imaxes do momento.
|
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »