Actividades 2017/2018

Álbum ilustrado

     Dende hoxe e ata o 15 de xuño pódese ver na Biblioteca unha exposición de Álbum ilustrado. Calquera  persoa interesada terá ocasión de pasar un momento de lecer ben agradable lendo e contemplando as distintas modalidades de ilustración reflectidas nos numerosos e variados títulos que forman esta exposición.
     Na súa maioría está constituída polos volumes que na Maleta correspondente de Álbum ilustrado nos cedeu temporalmente o CEFORE de Vigo.
     Aproveitémola!!

Correlingua 2018

          O  día 16 de maio o alumnado de 4º da ESO fomos ao Correlingua, unha andaina dende o Concello até Castrelos. Xunto ao noso instituto tamén foron outros centros de Vigo. Cando estabamos todos reunidos, comezamos a camiñar e ao chegarmos ao parque escoitamos uns grupos de música moi bos e un manifesto a prol do galego. Despois desta experiencia o alumnado de cada instituto e CPI voltou a cadanseu centro.

Raquel Fernández Arias, 4ºESO B

"Pequeños grandes libros"

    Dentro das actividades para celebrar o 23 de Abril, Día do Libro, tivemos no vestíbulo a carón do Salón de Actos unha exposición de libros de pequeno tamaño. Puidemos ver exemplares de dicionarios pequenos, varias edicións do Quixote en pequeno formato e moitos exemplares das famosas coleccións “Crisol” e “Crisolín” da antiga editorial Aguilar.


    Pero os máis pequenos de todos eran os fabricados coas súas propias mans pola alumna de 2º ESO-C NOELIA CAROLLO, que tivo a ben cedérnolos para que todos puidésemos comprobar a súa habilidade para confeccionar tales miniaturas. En agradecemento, regalámoslle, para que pase un tempo agradable con ese pasatempo que sabemos que lle gusta, un libro, de formato estándar nesta ocasión.


    Parabéns pola túa afección e a túa demostrada habelencia, Noelia!

Álbum: Curso 2017/2018 -> Pequeños grandes libros

Letras Galegas 2018

Coma todos os anos, o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, adicado no 2018 a Maria Victoria Moreno. Aquí vos presentamos o programa de actividades 

Onde o aire non era brisa

                                                                         

   Resultado de imagen de Onde o aire non era brisa                       

 

 Alcores de Donalvar, ou Onde o aire non era brisa, título co que se publica en galego, resultou ser a primeira e única novela dirixida a público adulto que María Victoria Moreno escribiu na súa vida, e da que non tivemos coñecemento ata que  Xavier Senín, quen fora bo amigo seu, rescatouna e decidiu publicala en galego catro anos despois da súa morte. 

XOGOS LINGÜíSTICOS EN 1º DE BACHARELATO POLO DíA DO LIBRO

     Dentro das actividades programadas polo departamento de Lingua Castelá e Literatura o día 23 de Abril, os alumnos de 1º de bacharelato tiveron ocasión de realizar diferentes xogos lingüísticos como, por exemplo, “Preguntas de mierda”, “Absolutas idioteces” ou a construcción dalgunha historia a partir dos “Story cubes”.  Son, desde logo, alternativas moi interesantes aos tradicionais xogos de mesa.

     Todo baixo a batuta da animadísima profesora Alexia Dotras, que non dubidou en retratarse con un dos nosos ilustres visitantes dese Día.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Xogos lingüísticos

Empatía coa Natureza

     Na entrada están expostos os traballos do alumnado de Valores Éticos de 1ºESO-A, 2ºESO-A e 2ºESO-C. Trátase dunha campaña titulada "Empatía coa Natureza" que resalta o valor da vida e en contra dos incendios forestais. O traballo continuará coa difusión polo barrio do Calvario dos carteis, co permiso dos establecementos comerciais, para mentalizar á sociedade da importancia de protexer o bosque.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Empatía coa natureza

Historia das telecomunicacións

     O 7 de maio visitáronnos voluntarios da Fundación Telefónica para desenvolver unha actividade co alumnado dos dous cursos de ciencias de 1º BAC. O alumnado recibiu unha charla introdutoria sobre a historia das telecomunicacións e viu modelos antigos de telefonía fixa e móbil. Tamén puideron observar como se realiza a técnica de fusión de fibra óptica e unha práctica de transmisión de datos mediante luz.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Historia das telecomunicacións

Ruta de arte polas rúas de Vigo

          Os alumnos de primeiro de Bacharelato puideron coñecer algo máis da cidade na que vivimos de man de Ramón Ilarri, membro activo no voluntariado do Concello que Vigo. Ramón adicou a mañá de onte día sete de maio a aclarar ós alumnos o significado e a relevancia dalgúns elementos da cidade de Vigo nunha rota que cobre os lugares máis senlleiros do barrio vigués das Travesas. En particular prestouse atención ós murais que adornan algunhas fachadas e rúas da cidade, con nomes tan relevantes na arte mural internacional como Powone, Liqen, Mona Caron ou Pelucas, entre outros. Como non podía ser menos, Ramón explicou detalladamente a relevancia do monumento ós heroes da Reconquista viguesa na praza da Independencia, así como as esculturas que presiden Praza América mediante a análise do espacio e as figuras.

Distribuir contido