Actividades 2017/2018

Leonardo e os fontaneiros

                          Leonardo e os fontaneiros      

 

MARIA VICTORIA MORENO 

 

En xaneiro, nos recreos reunímonos varios alumnos de 1º ESO C coa nosa profesora Esther  para comentar o libro Leonardo e os fontaneiros, de Mª Victoria Moreno, autora á que se lle adica esteano o Día das Letras Galegas.

Día da Poesía 2018

          Como este curso andamos mergullados na viaxe submarina de Jules Verne que hai pouco tempo tocou fondo na ría de Vigo, desde a biblioteca quixemos centrar o Día da Poesía de 2018 nas cantigas medievais de Martín Códax. Máxime este ano que estiveron connosco ata hai ben pouco nese Pergamiño Vindel que nolas trouxo  -seis delas-  coa música tamén, neste caso desde alén mar, onde se atopa o manuscrito, actualmente propiedade da Morgan Library de Nova York.

          Tamén podemos ver reproducido no vestíbulo, ao carón dalgunhas edicións das cantigas de Martín Códax,  o fermoso cadro das Cíes, gardiás da ría, que presidía a vitrina na que se expuxo o Vindel no Museo do Mar. É obra do artista Urbano Lugrís, autor tamén de tres sonetos dedicados a elas que forman parte do seu libro Balada de los mares del norte. 


Feliz Día da Poesía!!

Charla: Uso seguro de internet

          No día de onte os alumnos de 2º da ESO concentráronse no salon de actos do IES Castelao para asisitir a unha exposición dos principais perigos que conleva un uso irresponsable de Internet na actualidade. A esperta da Policía Nacional que se desprazou ó centro para realizar a exposición incidiu en cuestións de máxima prioridade como o emprego responsable de datos persoais, prestar especial atención a posibles fraudes e usurpación de identidade; e moi especialmente chamou á sensibilidade ante fenómenos como bullying, sexting, grooming ou happy slapping, que entrañan riscos para o benestar, a saúde e van máis alá dos límites legais establecidos. Foi unha sesión moi informativa para todos e espertou o interese dos alumnos que manifestaron nos últimos momentos da exposición algunhas das dúbidas máis habituais.

Percorrido d´A esmorga

      O pasado venres,  9  de marzo, un grupo de cincuenta  estudantes de 2º de bacharelato, acompañados polas  profesoras  Esther e Isabel, do departamento de Lingua Galega,  foron de excursión a Ourense  para realizaren o roteiro d’A esmorga, na cidade das Burgas,

      Aínda que o tempo non acompañou moito,  a visita resultou proveitosa e interesante, pois tiveron ocasión de facer un percorrido pola parte vella da capital ourensá e recoñecer in situ algunhas das localizacións de certos episodios da novela de Blanco Amor.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Percorrido A Esmorga

Charlas sobre animais (1ºesoB)

    Aquí vos deixamos unhas fotos das charlas sobre animais que desenvolveron en febreiro varios alumnos de 1ºESO-B na materia de Bioloxía e Xeoloxía. Daniel Martínez exerceu de coordinador e como axudantes interviron Iván Pérez, Iván García e Sergio Pico. A primeira charla titulouse "Espectáculo de pombas" e a segunda "Apicultura en Galicia".

Álbum: Curso 2017/2018 -> Charlas sobre animais 1ºesoB

Bestiario mariño verniano (1º ESO-B)

  

          Seguindo o ronsel de Jules Verne e baixo a dirección da profe de Lingua castelá Silvia Iglesias, o alumnado de 1º da ESO B deleitounos cun fermoso e nutrido bestiario mariño que logo foi sometido á votación dos visitantes da biblioteca.
        Realizado o escrutinio, estes son os animais que resultaron máis votados:

1º. Cergüino

2º. Cabrácora

3º. Llogüi

4º. Ovepo e ovapo

    

          Moitísimos parabéns a todos os participantes pola súa imaxinación na concepción destes seres!!!

Leonardo e os fontaneiros

O pasado venres, 2 de marzo, os alumnos e alumnas de 1º da ESO puidemos ver na Escola Oficial de Idiomas a representación teatral da obra Leonardo e os fontaneiros, de María Victoria Moreno.

O protagonista, Antón Andrade Asorei, e a  súa compañeira de clase, Begoña, recordaron as divertidas anécdotas vividas durante o último curso de colexio, mais  tamén os momentos de mágoa que experimentaron á morte do can Leonardo ou da súa mestra, A Galiña.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Leonardo e os fontaneiros

Día Internacional da Muller

           

                Celébrase o 8 de marzo a partir dunha idea xurdida ao final do século XIX, e que se centraría finalmente neste día como punto de converxencia para reflexionar sobre os avances conseguidos, esixir cambios e realizar actos conmemorativos do valor e a decisión de mulleres comúns que desempeñaron unha función extraordinaria na historia dos dereitos da muller.

                O IES de Elviña xa hai un tempo fixo este fermoso vídeo sobre A muller galega na historia:

Distribuir contido