Actividades 2017/2018

Jules VERNE, Vinte mil leguas baixo dos mares: Os bacallaus

                                          Os bacallaus
    O 15 de maio estabamos no extremo meridional do banco de Terranova. Este banco é o produto dos aluvións mariños, un conxunto considerable de detritos orgánicos traídos ben do ecuador, pola corrente do Golfo, ou ben do Polo boreal, pola contracorrente de auga fría que segue a costa americana. Alí, amoreábanse tamén as rochas erráticas carrexadas polo desxeo.
    Entre os peixes aos que o Nautilus asustou ao seu paso, citarei a especie do bacallau, que sorprendín nas súas augas predilectas, naquel inesgotable banco de Terranova.   

Obradoiro de cerámica

     O alumnado de 4ºESO participou nun obradoiro de cerámica dirixido pola ceramista Belén Soto para a realización do nome do instituto a partir dun deseño de Claudia Rodríguez de 4ºESO. 

Álbum: Curso 2017/2018 -> Obradoiro de cerámica

Kayak

     O pasado 24 de maio alumnado de 3º da ESO acudiu ao porto de Panxón para facer un "bautismo de Kayak" de man da empresa Ayuko Aventura. Tras unha breve explicación de como palear, saíron pola costa ata chegar a unha cala de Monfero e á volta visitaron unhas bateas.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Bautismo de Kayak

Roteiro literario pola vila de Cans

     O xoves 24 de maio, o alumnado de 4º da ESO fixemos un roteiro literario pola vila de Cans guiados polo escritor Carlos Meixide, autor da novela homónima. Deste xeito, coñecemos os diferentes lugares que percorren os personaxes. A seguir, asistimos a unha palestra sobre subtitulaxe e linguas minorizadas no ghalpón de Alicia. Todo moi interesante.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Roteiro pola vila de Cans

Mar adiante Mª Victoria Moreno

 

Resultado de imagen de Mar adiante

 

 

Mar adiante  é unha das obras esenciais da literatura infantil galega. Foi escrita por María Victoria Moreno, homenaxeada este ano nas Letras Galegas, en 1971. Para entender a importancia que ten esta obra na traxectoria da autora e mais na literarura galega hai que remontarse  aos anos 60, especialmente aos anos 1965, 1966 e 1967. Nestes anos a futura escritora chega para dar clases a Lugo. No seminario de Lingua Castelá coñece a Xesús Alonso Montero e a súa familia, e comeza a namorarse da lingua galega (pouco a pouco vai adquirindo coñecementos sobre esta lingua, e aumentando o seu vocabulario galego).

Certame Letras Galegas 2018

O gañador do 1º premio na modalidade de narrativa foi Samuel Fernández Torre de 4º ESO C.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Premio Letras Galegas 2018

Excursión ás minas de Fontao

 

O pasado 21 de maio os alumnos de 2º da ESO do IES Castelao e do IES Carlos Casares fomos de excursión ao poboado mineiro de Fontao, onde se desenvolve a historia do  libro Nº atómico 74. Acompañáronnos as nosas profesoras  e a autora da obra, Raquel Castro.

Alí ensináronnos a historia das minas de wolframio do poboado, para que se utilizaba, tanto nos séculos pasados como na actualidade, así como os distintos propietarios que tiveron ao longo do tempo: alemáns, franceses…  A autora explicounos en que se baseou para escribir o libro e aclarounos as dúbidas.

Tras visitar o poboado, fomos xantar a un parque a Vila de Cruces, onde nos divertimos moito ata a hora de marchar.

                                                                                      Lucía Pereira 2º ESO C

Álbum: Curso 2017/2018 -> Excursión a Fontao

Homenaxe a Mª Victoria Moreno

Entre as diversas actividades programadas no noso centro para celebrar o Día das Letras Galegas, o  alumnado  de 1º e 2º da ESO, dirixidos polas súas profesoras Esther, Isabel e Lorena, adicoulle unha pequena homenaxe a Mª Victoria Moreno  con lecturas, bailes e vídeo-poemas elaborados por eles mesmos. A actuación tivo lugar o 16 de maio no salón de actos.

Pica na imaxe para ver as fotos do acto.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Homenaxe a María Victoria Moreno

Serafín Marcos: "Unha historia de amor"

“Unha historia de amor”. Con este título o profesor Serafín Marcos presentounos un  espectáculo no que afondou  na figura de Mª Victoria Moreno. Serafín Marcos foi contando ao noso alumnado de 1º de bacharelato e 3º e 4º da ESO, a través de divertidas escenas, aspectos da vida e obra da autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. A actuación desenvolveuse  no salón  de actos do centro o 16 de maio.

Preme na imaxe para ver o ben que o pasaron no espectáculo.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Serafín Marcos. Unha historia de amor

Letras Galegas 2018: Mª Victoria Moreno

Este ano o Día das Letras Galegas adícaselle a María Victoria Moreno. Estremeña de nacemento pero  pontevedresa de adopción, chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, e axiña asumiu a cidadanía en galego, a lingua que escolleu tanto para as súas obras narrativas infantís e xuvenís como para os seus estudos literarios, o ensaio, a poesía e a didáctica da lingua e da literatura galegas. Isto permítenos definila como "galega de elección".

No vestíbulo do centro fixemos unha pequena exposición coa súa obra. Pica na imaxe para vela.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Letras Galegas 2018 María Victoria Moreno
Distribuir contido